^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

cartel campus2021 copia.jpg

Futbol, patinaxe artística, gimnasia acrobática, bolos Celtas e fútbol Gaélico son as distintas categorías deportivas que se ofrecerán este ano e que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto en diferentes instalacións deportivas municipais. 

O goberno local, a través da Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro, recupera estes tradicionais campus que se viron interrompidos o pasado verán como consecuencia da pandemia. Ante a mellora da situación, e sempre cumprindo as medidas sanitarias impostas no momento da súa celebración, “queremos ofrecer opcións de tempo libre aos máis novos durante as súas vacacións fomentando á vez os hábitos saudables”.

Desde a Concellería agradécese a implicación dos distintos clubs deportivos que colaboran co departamento “na recuperación dos campus” así como aos que en anos anteriores fixérono posible “e que sabemos que cando todo volva á absoluta normalidade aí estarán”.

Os campus desenvolveranse en diferentes datas e están dirixidos a nenos/as e mozos de idades comprendidas entre os 5 e 17 anos, dependendo da actividade que se elixa. Os interesados poderanse inscribir e solicitar máis información no propio pavillón municipal ou a través do correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..

photo_2021-06-15_12-27-31.jpgphoto_2021-06-15_12-27-32.jpg

photo_2021-06-15_12-27-31 (2).jpgphoto_2021-06-15_12-27-29 (2).jpg

photo_2021-06-15_12-27-19.jpgphoto_2021-06-15_12-27-17 (3).jpg

 

O curso de 3º de primaria do centro completou esta mañá a actividade ambiental que desenvolveron nas últimas semanas en clase, instalando nas papeleiras do Parque da Coelleira carteis lembrando a importancia do seu uso.

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, recibiu aos pequenos e pequenas no concello e agradeceu “o traballo tan importante que facedes para defender o noso medio ambiente e manter limpo Gondomar”. Engadiu que “sodes todo un exemplo para todos nós”.

O alumnado do Souto Donas, acompañado por tres das súas profesoras, repartiron polas papeleiras do Parque da Coelleira que deseñaran previamente no colexio e adaptado para fixalas nelas. Con axuda dun funcionario municipal, aparafusaron os letreiros coa mensaxe clara que neles quérese trasladar: “Se tiras lixo  ao  chán, @s  nen@ s tristes estarán”.

Un traballo que dende o concello se preparou para que luza tamén como un cadro no colexio “para que vos acordedes sempre do gran traballo que fixestes en materia de concienciación”, asegurou o alcalde, que estivo acompañado neste encontro pola edil de Educación, Araceli Regueiro, e o responsable de Medio Ambiente, Brais Misa.

Os pequenos e pequenas do Souto Donas terminaron a mañá realizando unha recollida de entullos, papeis ou residuos que se atoparon no traxecto da súa excursión

 photo_2021-06-15_14-51-13.jpg

O goberno de Gondomar, a través do seu Concellería de Turismo, dirixida por Rocío Goberna, reanuda o programa de rutas turísticas “Descobre Gondomar” que na súa volta convidará aos interesados e interesadas a coñecer o Pazo do Conde de Gondomar. 

 Esta primeira cita con “Descobre Gondomar” desenvolverase o próximo 24 de xuño, a partir das 18.30 horas, e a visita acoutará a un grupo máximo de 20 persoas, seguindo toda as medidas de seguridade vixentes ante a Covid19, como son o uso das máscaras ou manter distancia social.

 A visita, dunha duración aproximada de 90 minutos, partirá da Praza Paradela ata o acceso do Pazo do Conde onde se visitará a súa zona axardinada, a muralla que o rodea e, posteriormente, accederase ao seu interior. 

 Os interesados en participar deberán presentar a súa solicitude de forma previa enviando os seus datos á dirección de correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou chamando ao teléfono 678 87 49 85, rexistrándose por orde de inscrición ata completar as prazas previstas. 

 

igpublicaciones25.png

O Concello de Gondomar súmase á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, que se conmemora hoxe 14 de xuño. O obxectivo, compartir e promover a súa difusión, á vez que se aposta por medidas que permitan normalizar o seu uso máis aló dos ámbitos educativos, domésticos ousociosanitarios.

Canto maior sexa o coñecemento das linguas de signos máis preto estaremos da integración real e total da comunidade de persoas xordas e xordocegas, e lograr a comprensión e empatía entre todos os cidadáns.

Gondomar apoia a Lingua de Signos.

#Gondomar #EucoaLS

photo_2021-06-14_15-35-50.jpg

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, presidiu este luns a mesa de comercio local na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas co sector, entre elas, as novas axudas que se poñerán á súa disposición ou iniciativas dirixidas a revitalizalo.

 Xunto ao alcalde tamén participaron a edil responsable da área, Rocío Goberna, así como a representante dos comerciantes de Gondomar, Esther Lorenzo, e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Val Miñor (OVALMI), Jose Anxo González Goce, quen anunciou a recuperación este ano -tras o parón motivado pola pandemia- da Feira Portobello 2021 en Gondomar.​

​Acordouse a súa celebración o próximo día 4 de xullo, así como o número de postos e medidas que se adoptarán para suxeitarse, en todo momento, aos requisitos sanitarios aínda existentes, como pode ser o manter a distancia obrigatoria. O rexedor e a concelleira coincidiron á hora de sinalar que esta cita é necesaria “para avanzar un pasiño máis no apoio e revitalización do sector”.

​Así mesmo, na mesa local presentouse a iniciativa Publiocio que o goberno local quere poñer en marcha e que busca “reverter o retraimiento do consumo nos negocios rexistrado tras a COVID19, apostando polo comercio de proximidade e lograr a fidelidade dos consumidores”.

​O alcalde de Gondomar informou sobre as axudas concedidas aos comerciantes e sector do taxi nunha primeira liña, cun importe de 100.000 euros, e anunciou que en breve faranse públicas as bases dunha segunda liña de subvencións que ascenden a 125.000 euros. 

​A mesa local de comercio na súa orde do día tamén abordou as obras de reforma interior que se van a acometer de forma inmediata na Praza de Abastos, así como as liñas mestras do proxecto de humanización e peonalización anunciado polo gobernolocal na Praza de Rosalía de Castro.

 

Tuesday, 15 June 2021 08:45

DÍA MUNDIAL DO DONANTE DE SANGUE

donar_sangre.jpg

Un ano máis Gondomar súmase á celebración do Día Mundial do Doante de Sangue que este ano se celebra baixo o lema "Doa sangue para que o mundo siga latexando".

 Neste día quérese destacar o importante papel dos doantes de sangue para manter o pulso do mundo, salvar vidas e mellorar a saúde. Quince minutos do noso tempo poden significar varias vidas salvadas.

 É importante concienciarnos da importancia que ten dispoñer de sangue e produtossanguíneos seguros para transfusións. Esencial o papel dos voluntarios, pero tamén o papel que deben desenvolver as administracións e autoridades sanitarias para proporcionar os recursos, sistemas e infraestruturas necesarias.

Doar sangue, salva vidas. 

#Gondomar #doasangue #DiaMundialDonantedeSangre

 

 VISITA.jpg

​O Delegado Provincial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez Ares, confirmou esta mañá ao rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, a intención do goberno galego de acometer as obras de ampliación do comedor do colexio de Educación Infantil e Primaria Serra Vincios o próximo curso académico.

Durante a visita o Delegado Provincial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez Ares, confirmou ao rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, a intención do goberno galego de acometer as obras de ampliación do comedor do colexiode Educación Infantil e Primaria Serra Vincios o próximo curso académico.

 Unha demanda que xa se trasladou en reiteradas ocasións o alcalde Paco Ferreira á Xunta de Galicia. Segundo explicou ao rexedor poñeranse en marcha estudos técnicos para valorar a mellor opción entre, “actuar sobre o espazo que ocupa actualmente o comedor, tirando unha parede e retranqueando cara atrás, ou ben, reformando a antigacasa do conserxe”.

 Por outra banda, tamén se comprometeu co rexedor de Gondomar a en breve visitar o comedor do colexio Souto Donas, “que necesita tamén ser ampliado de forma urxente tal e como vimos pedindo desde hai xa tempo”, manifestou Paco Ferreira, quenconfía en poder chegar a un acordo coa Delegación Provincial de Educación respecto a esa ampliación.

 2O4A7541.jpg

A deportista Gondomareña fíxose coa medalla de Bronce, a súa primeira medalla internacional, na proba de salto de lonxitude 63, rexistrando o seu mellor salto con 4,23 metros, superando a súa propia marca.

 Desiré Vila foi recibida polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e os concelleiros Nuria Lameiro e Brais Misa, que lle transmitiron as súas felicitacións polo gran traballo que realizou no campionato europeo. “Unha vez máis se converteu nunhadas mellores embaixadoras de Gondomar, levando o nome do noso municipio todo o máis alto”, manifestou o rexedor.

​Na recepción a atleta amosou a medalla de Bronce que gañou no Campeonato Europeo e explicoulles as súas sensacións de cara os xogos Paralímpicos de Tokio, nova meta que se marcou Desirée Vila. Esta veciña gondomareña logrou a súa clasificación o paado mes de maio no Mitin Basauri onde cun salto de 4,17 logrou superar os 4,07 esixidos nos criterios de clasificación para Tokio, aprobados polo Comité Paralímpico Español e as Federacións españolas de deportes de persoas con discapacidade. 

​Paco Ferreira trasladou, no seu nome e no de toda a veciñanza que representa, moita sorte a Desirée Vila, así como a súa total confianza en que logrará no país nipón “situar unha vez máis o nome de Gondomar no máis alto”.  

DJI_0135.jpg

 O goberno local de Gondomar destina estas axudas a familias en situación de emerxencia social cuxos fillos e fillas estean no ciclo de educación infantil.

 O próximo martes, 15 de xuño, abrirase o prazo para presentar as solicitudes para optar a estas axudas para adquisición de material escolar de educación infantil do próximo curso 2021-22, ás que poderán optar familias que se atopen en situación de emerxencia social.

​As axudas estarán destinadas aos alumnos e alumnas matriculados nos centros escolares de Gondomar e nos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA).

​Os interesados deberán solicitar cita previa para a súa tramitación, chamando ao teléfono do Departamento de Benestar Social (986 360 168) onde tamén poderán obtertoda a información necesaria. 

​O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o día 30 de xuño ás 14.00 horas.  

 

MODELO SOLICITUD AXUDAS MATERIAL ESCOLAR ED. INFANTIL

 

 ESCOBA DE PLATA.jpg

escoba plata 2.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, móstrase moi satisfeito porque “recoñecen o traballo que neste sentido estamos a realizar desde o noso goberno e a súa área de Medio Ambiente”.

 O xurado da Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATREGUS) deu a coñecer esta tarde o resultado da XVII edición do certame recoñecendo o importante traballo realizado polo concello de Gondomar e a súa aposta por mellorar o coidado do  medio ambiente e a sustentabilidade do municipio.

 ​A acta do xurado outorga a Escoba de Prata a Gondomar “pola posta en marcha de  novas accións e servizos destinados a facer do municipio unha contorna máis sostible, máis tecnolóxico e máis comprometido coa recollida selectiva e a reciclaxe”.

 ​Desde o inicio da actual lexislatura estes obxectivos foron unha prioridade para o goberno e o seu departamento de Medio Ambiente, dirixido por Brais Misa, que desenvolveu numerosas campañas informativas e de concienciación sobre a xestión dos residuos á vez que se facilitaron os medios para poder poñelos en práctica.

 Renovouse a frota da empresa encargada da limpeza e recollida de lixos, agora a cargo da UTE Ecogondomar, así como máis de mil contedores, sumando novos destinados a favorecer a división e reciclaxe dos residuos ou o reparto de preto de 300 composteiros individuais. Así mesmo investiuse máis de 70.000 euros na modernización, ampliación e reforma do Punto limpo que viu como o seu uso incrementouse nun 70 por cento o pasado ano, respecto ao 2019.

 ​“Pasos que seguiremos dando para converter Gondomar nun referente de sustentabilidade e nun municipio que protexe o medio ambiente tentando lograr na próxima edición deste concurso a Escoba de platino ou a de ouro”, apunta o rexedor.

 ​Os Premios Escoba, outórganse cada dous anos, e con eles  ATREGUS recoñece a aquelas institucións e organismos que máis destacan polas súas iniciativa  paramellorar  aspectos relacionados coa xestión dos residuos urbanos, a limpeza ou o aseo urbano en 

xeral das nosas  cidades e industrias, premiando os esforzos para estimular avances tecnolóxicos e de concienciación, que sirvan para mellorar a calidade de vida e sustentabilidade dos municipios.

 

 

Page 20 of 98

Rss