Escolas Deportivas Municipais
Dende o 1 ao 23 de decembro, de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres, e en xaneiro e 18:00 a 20:00 horas, nas oficinas do pavillón municipal Bernabé Costas de Miranda ábrese o prazo de inscrición dunha nova edición das escolas deportivas municipais que o goberno local, a través da a concellería de Deportes, promove co fin de implicar aos máis pequenos/as e mozos/as na práctica do deporte e a concienciación dos hábitos saudables.
O número mínimo de rexistrados para poñer en marcha calquera curso dos ofertados será de dez persoas.
VIVE O DEPORTE.
(Podes descargar os arquivos con toda a información debaixo)