^ Ir arriba

Servizos do Centro de Información a Muller

 Servizos do Centro de Información a Muller  

¿Que é un Centro de Información á Muller?

Naceu o ano 1998 como un servizo de carácter permanente destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres.  

¿A quen vai dirixido?

A mulleres e asociacións do Concello de Gondomar ou de concellos limítrofes que non conten co servizo. 

A Principios de actuación

  • Anomimato na identidade das usuarias
  • Respecto á vontade
  • Gratuidade de todos os seus servizos
  • Confidencialidade por parte do persoal

Servizos que ofrece

  • Asesoramento xurídico
  • Atención psicolóxica
  • Orientación profesional e formativa
  • Información sobre todo tipo de recursos
  • Difusión e sensibilidade sobre o Principio de Igualdade entre Mulleres e Homes

Áreas nas que se está a traballar

  • Formación, emprego e conciliación
    • Coa finalidade de promover a incorporación da muller no mercado laboral dunha maneira igualitaria en todas as profesións independentemente da tipoloxía destas, así como incentivar a incorporación da igualdade de oportunidades no eido da educación, para promocionar ferramentas cara comportamentos e actitudes igualitarios e non discriminatorios.
    • Execución e seguimento de Itinerarios Formativos Personalizados e de Inserción (orientación laboral, cursos, charlas,...)
  • Participación social
    •  Co obxectivo de incentivar a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade (social, político, cultural e económico) dunha maneira activa, dinámica e participativa. 
    • Contamos co Consello Municipal da Muller, facemos información e asesoramento a asociacións, potenciamos o asociacionismo,... 
  • Prevención e eliminación da Violencia de Xénero
    •   Para concienciar á sociedade nos valores e principios cara a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero, así como fomentar o uso dunha lingua non sexista. 
    •  Organización de campañas de sensibilización, realización de núcleos de reflexión, establecer protocolos de actuación,... 
  • Administración e servizos
    • Incorporación do mainstreaming na vida diaria da administración local e en todas as actuación e actos municipais.