^ Ir arriba

Gondomar Emerxe

Gondomar Emerxe, é un proxecto que pretende dar visibilidade ante a sociedade , desa mocidade que destaca nalgunha área no noso Concello.

O percorrido destes mozos e mozas é destacado, pero moitas veces é pouco visible cara a cidadanía, e por elo, a posta en marcha deste traballo.

Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar queremos apostar e poñer en valor a traxectoria desta mocidade que teñen no seu haber un destacado traballo e presenza en distintos ámbitos, pero que é preciso abrir unha pequena fiestra para dar a coñecer a todos nós o seu esforzo , traballo e valía.

A través desta edición mensual, na que realizaremos unha entrevista en profundidade a 12 mozos ou mozas deste concello que destaquen nalgún ámbito querendo dende esta administración transmitir unha mensaxe positiva , constatando o talento existente e dándolles voz e visibilidade.

OBXECTIVOS:

  • Visibilizar o talento emerxente que existe no Concello de Gondomar.
  • Apostar pola mocidade dándolle un pequeno empuxe de cara o seu futuro.
  • Mostrar á cidadanía o traballo e esforzo destes mozos e mozas.
  • Dar voz o talento que atesoura a mocidade gondomareña

PROCEDEMENTO:

Levaremos a cabo doce entrevistas a distintos mozos e en distintas áreas para dar a coñecer o seu traballo. Cada mes do ano 2015 editaremos e publicaremos a un mozo ou moza con talento nalgunha área. A nosa intención é dar a coñecer os seus inicios, os seus logros e o seu futuro inmediato. Estas entrevistas , difundiranse a través do boletín mensual que edita a Oficina Municipal de Información Xuvenil e que se difunde nos Centros Culturais, no Concello e nos institutos; a través da páxina web do Concello de Gondomar www.concellodegondomar.info ; e no taboleiro da casa da Cultura.