^ Ir arriba

Concurso Gondomar en foto

Concurso Gondomar en foto

GONDOMAR EN FOTOGONDOMAR EN FOTO cartelb1

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Xuventude, convoca un concurso de fotos co móbil: “ GONDOMAR EN FOTO”.
Co fin de promover e difundir o patrimonio natural, social e cultural do Concello de Gondomar a través da visión da mocidade. As fotografías que se realicen deben
plasmar aspectos da vida cotiá, paisaxes, monumentos, recunchos do Concello no que cada foto nos amose eses espazos por descubrir en Gondomar.

1. TEMA
Concurso de fotos co móbil “ GONDOMAR EN FOTO”·

2. PARTICIPANTES

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que cumpran os requisitos
establecidos nas presentes bases:

Mocidade con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

Presentar ata un máximo de 3 fotografías realizadas co teléfono móbil.

Todas as imaxes deben ser orixinais , inéditas e estar dentro do Concello de Gondomar

As imaxes deben reflectir ese espazo, monumento, aspecto por descubrir do Concello de Gondomar.

3. DATAS

O prazo para participar no concurso será o comprendido entre as 8:00h do 10 xullo do 2017 ata as 24:00h do 6 de agosto. Do 8-13 de agosto o público votará a través
da páxina web do concello de Gondomar , www.concellodegondomar.org O 17 de agosto comunicarase as 10 mellores fotos elixidas polo público.

4. PREMIOS

As 10 fotos que obteñan un maior número de “me gustas” serán utilizadas polo concello de Gondomar para fins de promoción turísticos, culturais,etc.

5. CATEGORÍAS

Establécese unha única categoría na que todas as fotos serán valorados polo público.

6. PRESENTACIÓN FOTOGRAFÍAS

As fotografías poderán presentarse do 10 de xullo ao 6 de agosto e deben enviarse por correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. acompañadas da seguinte documentación:

As fotografías en formato jpg.

No asunto da mensaxe : “ Gondomar en foto”

O Título da foto e localización da mesma

Fotocopia do DNI

Solicitude de participación, debidamente cumprimentada

7. USO DAS IMAXES

-Calquera persoa que envíe as fotografías realizadas con seu móbil a este concurso garante ser o/a autor/a exclusivo das mesmas.
-Calquera contido non axeitado, inapropiado ou ofensivo a xuízo da concellería de Xuventude non formará parte do concurso. Rexeitándose todas aquelas creacións
cuxo contido inclúa imaxes violentas, sexistas, racistas ou que vulneren os dereitos fundamentais das persoas.
-A concellería de Xuventude reservarase o dereito de descualificar, non publicar ou borrar aquelas fotos que non cumpran os requisitos técnicos, estéticos ou atenten
contra os principios antes indicados.
-As fotografías non poder conter nin facer referencia a marcas e/ou produtos de terceiros con fins manifestamente publicitarios.
-Todos os participantes cederán o dereito de uso e reprodución da fotografía ó Concello de Gondomar para fins de promoción.

8. PROTECCIÓN DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

As persoas concursantes garanten o presentar as súas fotografías que as persoas que poidan aparecer nas fotos autorizan a súa publicación , incluídos os menores de idade a través dos seus pais ou titores.

Toda a información do concurso colgarase na web do Concello de Gondomar
www.concellodegondomar.org .

Documentación
Download this file (BASES GONDOMAR EN FOTO.pdf)Bases[Bases Concurso Gondomar en foto]
Download this file (SOLICITUDE PARTICIPACIÓN.pdf)Solicitude[Solicitude de participación]