Emprego
A lexislación vixente establece nos 16 anos a idade mínima para poder desempeñar unha actividade laboral. Introducirse no mercado laboral é un proceso complexo no que compre coñecer distintas ferramentas e pasos necesarios para poder obter unha oportunidade.
Nesta sección aportaremoste unhas nocións e consellos de utilidade para poder introducirte no mercado laboral.
No momento que decides pórte a traballar o primeiro paso que tes que dar e ir o Sevizo Galego de Colocación http://emprego.xunta.es/cmspro/contido máis próximo a o teu domicilio. O que corresponde no Val Miñor é :
Debes informarlles que queres formar parte da base de datos para acceder a un emprego. Recorda que debes renovar periódicamente nos prazos fixados. Debes presentarte ca seguinte documentación:
O seguinte paso, vai encamiñado o traballo pola túa conta na búsqueda dun emprego. O que debes facer é elaborar o teu Cv.
Qué é?
É un documento que describe os datos académicos, formativos e experiencia profesional dunha persoa, así como, o primeiro contacto e a primeira información que vai ter a empresa de nos.
A finalidade dun currículum é conseguir a posibilidade dunha entrevista persoal, por iso, debemos redactar un currículum que esperte na outra persoa o desexo de coñecernos mellor, deberá atraer a atención da persoa que te desexa contratar. É importante que sexa claro, conciso, adaptado ó posto e á empresa á que o mandamos.
Estructura:
Datos persoais: datos imprescindibles para que se poñan en contacto contigo
Formación académica: Formación oficial regrada
Formación complementaria: Aquí se inclúe toda a formación que non sexa regrada: seminarios, cursos, xornadas, etc.
Informática: aquí podemos dividir en dous apartados:
Idiomas: aquí faremos dous apartados e ademáis mencionaremos se estivemos residindo no extranxeiro.
Experiencia profesional: tamén faremos dúas distincións experiencias profesionais con contrato e experiencias profesionais sen contrato.
Outros datos de interese: este apartado non é obrigatorio polo, pero aquí podemos aportar datos que nos destaquen doutros candidatos:
TIPOS DE CURRÍCULUM
ENLACE: http://xuventude.xunta.es/emprego.html
Recomendacións
Todo Cv debe ir acompañado dunha carta de presentación, é a túa tarxeta de visita que informa do máis relevante do noso perfil en función do posto de traballo. Con ela debemos captar a atención do receptor e espertar o seu interese para que teñamos como resultado unha entrevista persoal.
ENCABEZAMENTO FORMAL
Datos teus
Dirección Nome e cargo da empresa
Teléfono Dpto. empresa
Dirección
Referencia oferta
Lugar e data
Fai referencia a oferta de emprego se respondes a un anuncio, se te presentas ti a unha empresa por candidatura espontánea.
Fai referencia a aqueles aspectos profesionais e/ou formativos que son mais relevantes para o posto a o que optas e poden axudarte a conseguir unha entrevista. Debes facer constar as túas características persoais que poidan favorecer no desempeño do posto concreto.
Fai referencia explícita do teu obxectivo : participar no proceso de selección da empresa.
Utiliza unha despedida cordial e sinxela, asegurando ao receptor que esperas as súas noticias.
A carta sempre debe ir asinada e tentaremos que apareza o noso nome e apelidos completos.
RECOMENDACIÓNS PARA A CARTA DE PRESENTACIÓN:
Ten que ser curta , ordenada, clara e directa
Non escribir máis dunha páxina
É mellor non grampala ao currículum
Coida a redacción e a ortografía
Escribe cartas distintas segundo o tipo de empresa que se trate, adaptándoa a cada posto de traballo
Resalta os aspectos do teu currículum que encaixan co posto
Escribea a máquina ou ordenador, salvo que che indiquen expresamente que a fagas a man
Emprega verbos de acción
Transmite información postiva, demostrando valía , seguridade e profesionalidade
Unha entrevista de traballo é ó último paso de cara a consecución dun posto de traballo, co que é preciso reforzar o dito no Cv e apoialo cunha boa impresión persoal, respondendo con naturalidade e sinceridade as preguntas que se fan.
Máis información: http://www.primerempleo.com/entrevista-trabajo/entrevista-de-trabajo.asp
Máis información: http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/empresas/contratos_trabajo/
Maís información en: http://www.crear-empresas.com
Webs de emprego:
OUTRAS WEBS: