^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

WhatsApp Image 2021-06-22 at 23.31.29.jpeg

A Concellería de Cultura presenta este venres un novo vídeo editado no que avanza parte do amplo programa cultural, con máis dunha trintena de actos, que desenvolverá entre os meses de xullo e setembro, logrando unha vez máis implicar a propios e estraños na súa produción e resultado final. Cun elenco de máis de cen intérpretes Gondomar recrea a súa versión do clásico “Grease”.

 “Recuperamos practicamente a normalidade neste verán no que queremos agradecer a nosa veciñanza os esforzos realizados durante estes dous últimos anos de restricións”, afirma o alcalde Paco Ferreira quen engade “que quixemos preparar un programa no que teñan cabida todos e todas, grandes e pequenos, con deporte, teatro, cinema, música e outro tipo de actividades”.

Unha programación que se irá descubrindo nos próximos días, pero que como xa vén sendo habitual no actual goberno ten o seu punto álxido no videoclip presentación, que este ano elixiu o conocidísimo tema “Summer night” do clásico “Grease” para facer unha versión propia na que Gondomar e as súa xente convértense nos protagonistas. O edil de Cultura, Juan Bas, agradeceu a implicación de “cada unha das persoas que participou nel durante este mes de traballo que nos levou facelo realidade”.

 

Electo de máis de 100 persoas

 

Asegura o edil sentirse sorprendido pola resposta obtida á hora de poñer en marcha a iniciativa. “O boca-orella, sen dúbida, converteu Gondomar nun referente cultural e foron moitos os que viñeron doutras localidades para sumarse á idea”. É o caso dos integrantes da Asociación Harley Davidson de Vigo ou as integrantes da compañía teatral “Olivas Negras”, xunto a visitantes de municipios de Santiago, Ourense, Bélgica e, tamén da área do Val Miñor, “así como os gondomareños e gondomareñas que sempre están dispostos a sumar a favor do noso concello”, apunta o edil.

A cantante Lucía Doval adaptou para esta ocasión o tema “Summer night” cuxa interpretación correu a cargo do Coro de San Vicente de Mañufe, logrando un “resultado final perfecto no que traballamos moito pero con moitísima ilusión, por iso confiamos en que sexa do agrado de todos”. Cinco compañías de danza deron forma as coreografías:  L’Danzia; Danza Paradela, Asociación Danza Gondomar, Danzarte, e a Escola de danza Media Punta de Vigo.

 

Programa

 

Ao longo do videoclip os protagonistas percorren distintas localizacións de Gondomar á vez que preguntan -como no clásico de Grease- “conta máis,  conta  máis” para saber como organizar a súa axenda durante o verán e non perderse nada do que se programará en Gondomar.

O edil lembra que “un ano máis buscamos unha programación na que podamos chegar a todo o público, independentemente da súa idade: maiores, novos, cativada ou familias completas. Buscamos achegar a cultura a todos, nun paso máis de apoio a outro dos sectores seriamente danados pola pandemia”.

Máis dunha 30 de actividades están programas e daranse a coñecer nos próximos días e non faltarán o ciclo de “Cinema na rúa”, teatro, danza, concertos, festas patronais, ás que se suman actividades deportivas para os máis pequenos, campamentos urbanos ou os roteiros turísticos do programa “Descobre Gondomar”, entre outras.

photo_2021-06-23_12-50-26.jpg

​Tras a pandemia regresa Gondoverán campamento que tivo unha gran acollida, como demostra que en apenas poucos días cubríronse as 100 prazas dispoñibles, quedando en lista de espera preto de medio centenar de pequenos.

 Todo preparado para poñer en marcha este campamento urbano en Gondomar, organizado pola Concellería de Igualdade, que dirixe Nuria Lameiro, tras un ano de ausencia debido ás restricións impostas o verán pasado como consecuencia da pandemia.

“Agora que todo apunta a que estamos a recuperar a normalidade, retomamos esta actividade que supón unha ferramenta perfecta para moitas familias á hora de conciliar os seus traballos coas vacacións dos seus fillos e fillas”, asegura o alcalde Paco Ferreira, quen lembra que “aínda así non baixaremos a garda e evidentemente seguiranse adoptando as medidas necesarias e que marquen as autoridades sanitariaspara unha celebración segura destes campamentos e outras actividades”, remarcou o rexedor.

Pero Gondoverán regresa con toda a forza e baixo o lema “Por arte de maxia”repleto de sorpresas, experiencias novas e moita diversión para os seus participantes, nenos e nenas de idades comprendendidas entre os 3 e 12 anos de idade. O campamento desenvolverase nas dúas quincenas do mes de xullo en horario de mañá, cun total de 50 participantes en cada quenda de dúas semanas.

Durante ese tempo porase en marcha un programa completo no que potenciará o desenvolvemento integral dos pequenos e pequenas á vez de que se divirten con xogos e actividades creativas, culturais e que lles permitan coñecer a contorna, participando en diferentes  excursións. Todo iso, sempre potenciando os valores baseados na empatía, cooperación e na educación baseada na igualdade e hábitos saudables.

“Os máis pequenos demostráronnos este ano que son uns auténticos campións asumiento un curso con moitas restricións e condicións sanitarias estritas, convertíndose nun exemplo para todos, e por iso queremos facilitar desde o goberno que o seu tempo libre póidano gozar ao máximo. Gañáronllo”, conclúe a edil Nuria Lameiro.

 photo_2021-06-21_12-04-36.jpg

​O alumnado de 5 e 6 de primaria do CEIP Serra Vincios entregaron este luns o 60% da porcentaxe recadada pola cooperativa “CopeVincios” que xestionan durante o curso escolar ao concello, concretamente para o servizo do banco de alimentos municipal.

 Paco Ferreira agradeceu o xesto dos mozos e mozas que “demostran que levan o espírito emprendedor que caracteriza o noso municipio no seu interior” e animoulles a seguir por ese camiño “porque sodes un futuro moi prometedor, implicados coa vosacomunidade e o voso municipio”. 

Ofreceu a axuda do Goberno local a esta cooperativa “tan didáctica e especial” así como a proxectos educativos similares que se poñan en marcha porque “é tamén unha obrigación das administracións investir e apoiar a educación das novas xeracións, cada día máis sensibilizadas e referentes para a sociedade”.

A directiva da cooperativa estudantil explicou a Paco Ferreira as dificultades que este ano tiveron á hora de vender os seus productos debido á pandemia. Aínda así, as súas creacións, sempre respetuosas co medio ambiente e este ano coa música como fío conductor, chegaron a veciños e familiares logrando unha boa recadación da que un 60% se destinará “ ás familias máis necesitadas de Gondomar, que tras estes dous anos difíciles hai moitas que o están a pasar mal”.

O alcalde confía en que pronto se superen todas as restricións e que o posto de “Coopevincios” participe nos diferentes eventos ou feiras que se poidan celebrar de cara ao próximo ano. Lembrou “que calquera idea emprendedora sempre terá apoio do nosogoberno, e máis cando apostan por iniciativas que, como neste caso, promoven a cooperación e a aprendizaxe sen esquecer o aspecto solidario”.

​Paco Ferreira destacou, por último, a importancia deste tipo de iniciativas, que se desenvolve no marco do programa “Depoemprende Educación” da Deputación, porque “potencian valores tan importantes como o emprendemento, a convivencia ou a creación, entre outras moitas competencias”. “

 

2O4A7593.jpg

 O rexedor compartiu co persoal de ambos os servizos o galardón de “Escoba de Plata” recentemente adxudicado ao concello. 

 O rexedor, Paco Ferreira, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, agradeceu hoxe o relevante papel das plantillas dos departamentos de Limpeza e Parques e Xardíns, así como de Medio Ambiente nos “avances en sustentabilidade e mellora da nosa contorna que se lograron nestes anos”.

 ​O rexedor quixo compartir cos traballadores e traballadoras o recoñecemento da “Escoba de Plata” recentemente outorgado ao concello de Gondomar pola aposta de iniciativas e maquinaria que fomentan a sustentabilidade no municipio. Algo que, como sinalou Paco Ferreira, “non sería posible sen o traballo que día a día e en todos os recunchos dos noso concello facedes”.

​Un galardón que reflicte ese traballo xunto ao recoñecemento por dous anos consecutivos de Gondomar co distintivo de “Vilas en flor”. Reiterou que só é posible “a través da cooperación e a unión a hora de traballar polos mesmos obxectivos, algo que co coidado e esmero que no desempeño do voso traballo poñedes é sempre posible”.

​Animou aos traballadores a seguir traballando neste sentido e continuar sumando logros para converter Gondomar nun municipio referente de “no sur da provincia e en toda Galicia en materia de limpeza, defensa do medio ambiente e sustantibilidade”

 2O4A0011.jpg

O Concello de Gondomar ilumínase de verde este 21 de xuño sumándose así ácelebración do Día Mundial da  Esclerósis Lateral  Amiotrófica ( ELA), formando parte dos máis de 200 municipios españois que secundan a campaña # LuzporlaELA.

 Desta forma búscase visibilizar esta enfermidade e demandar un ano máis maiorinvestimento en investigación, innovación e tecnoloxía que permitan atopar a orixe, o diagnóstico rápido e unha cura desta enfermidade.

 #Gondomar # DiaMundialEla # LuzporlaELA

CX.jpg

O concello de Gondomar poderá activar a partir de agora o carné xove facilitando aos seus usuarios e usuarias esta labor, que ata o de agora só podían validar en Vigo e Tui.

Os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos que reciban na casa o Carné Xove deberán activalo previamente para poder facer uso de el e beneficiarse das súas ventaxas. A partir de agora poderán facelo na oficina da OMIX de Gondomar, solicitando cita previa.

Deberán pedila a través do teléfono 986.369.746 ou no correo direct@omixgondomar.

Lembrade que o prazo de activación do Carné Xove e de un mes unha vez recibido na casa.

#omix #mocidade #gondomar

ela.jpg

 O consistorio gondomareño tinguirase un ano máis de verde, sumándose así aos máis de 210 municipios españois que secundan esta reivindicación, cada 21 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

 Súmase así Gondomar a esta iniciativa promovida pola Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica co fin de visibilizar a situación dos enfermos do ELA, enfermidade da que se diagnostican anualmente 3 casos, o mesmo número de persoas que falecen tras padecela durante anos.

“As administracións en particular, e a sociedade en xeral, debemos implicarnos nestas medidas e obxectivos. Nestes tempos de pandemia demostramos a nosa capacidade e unión, e así debemos seguir apoiando a demanda de máis investigación e innovación en torno ao ELA, para coñecer a súa orixe, diagnóstico e, se é posible lograr unha cura”, manifestou o rexedor Paco Ferreira.

Por último, lembra que con #LuzPorlaEla se quere render unha homenaxe non só aos enfermos se non tamén a todos os seus familiares e coidadadores, así como as diferentes asociacións que diariamente loitan por facer oír e garantir os seus dereitos e e facilitar unha calidade de vida digna a quen padece a ELA.

photo_2021-06-17_12-18-20.jpg

​O goberno local, a través da concellería de Medio Ambiente, realizou este xoves unha nova entrega de composteiros individuais, atendendo a alta demanda que por parte da veciñanza recíbese no departamento.

 ​Nas próximas semanas completarase a entrega de medio centenar de novos  composteiros cunha capacidade de 400 litros cada un. Sumaranse así aos preto de 400 que xa se repartiron entre aqueles veciños e veciñas que os solicitaron.

 O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, subliña que “a colaboración e interese de  os nosa veciñanza é unha proba máis de que Gondomar é un municipio que aposta polo medio ambiente” e engade “que seguiremos traballando como fixemos ata o de agora, porque as administracións debemos estar á fronte da loita contra o cambio climático”.

 ​Pola súa banda o Concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, agradeceu a disposición dos veciños para reciclar os residuos orgánicos que xeran, explicando na presentación que “a reciclaxe nos permite reducir o envío do noso lixo a SOGAMA para que a queimen e reducir o gasto municipal nesta materia, e poder investilo no municipio”. 

 ​Nese sentido lembra o traballo que desde o inicio da lexislatura desenvolveuse desde o departamento de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, en mans de Brais Misa, con campañas de información e concienciación e accións concretas como oreparto de composteiros.

 Os interesados e interesadas en facerse cun deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, acreditando estar empadroado en Gondomar e ter unha vivenda unifamiliar na que poder situar o  composteiro.    

 

20210611_Tríptico_00001.jpg

20210611_Tríptico_00002.jpg

 

 O goberno local, a través do departamento de Benestar Social, asumirá un ano máis a xestión deste servizo que ten entre as súas prioridades facilitar a conciliación laboral de pais e nais traballadores, así como atender aos pequenos e pequenas de familias nunha situación de vulnerabilidade.

 O rexedor Paco Ferreira lembra que, “a pesar de solicitar en varias ocasións áConsellería de Política Social a asunción deste Servizo, deberemos esperar un ano máis segundo o seu compromiso adquirido con Gondomar”. Por esta razón “asumimos esta responsabilidade para atender as necesidades da nosa veciñanza este curso académico 2021-2022, confiando en que cumpra a Xunta a súa palabra de asumilo o seguinte”.

O custo do menú diario – que inclúe tamén o servizo de monitores/ as- será de 4,14 euros por usuario e as  axudas estarán destinadas a  nenos e nenas matriculados/asnun dos centros públicos de ensino de Gondomar nos niveis de Educación Infantil ePrimaria. 

 App COLECHEF

 Co fin de facilitar a información aos proxenitores e mellorar o sistema de atención poñerase en marcha a aplicación “Colechef”, unha app de obrigatoriainstalación “para a comunicación coa empresa que se encarga do servizo de comedor”. Trátase dunha ferramenta útil “para informar os pais e nais en tempo real e de forma personalizada para cada colexio respecto as prestacións do servizo de comedor.”

“Queremos que os usuarios do comedor poidan ter un coñecemento directo de que servizo e menús préstanse aos seus pequenos/ as, así como poñer ao seu alcance un medio para solucionar posibles dúbidas”, afirma o ao alcade Paco Ferreira.

 Prazo reserva de prazas

 O prazo para presentar a solicitude das axudas para o comedor escolar abriraseentre os días 21 de xuño e 9 de xullo, para o alumnado que acuda ao comedor a semana completa ou semanas alternas. Entre os día 20 e 28 de setembro, abrirase o segundo prazo dirixido neste caso a aqueles que acudan polo menos dous días á semana.

En ambos os casos, como no das familias en situación de vulnerabilidade, deberán presentar vos anexos e a documentación correspondente (que pode descargarse na web www.concellodegondomar.gal ) non Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica. 

 Máis información non servizo de  Benestar Social non teléfono 986 360168  ounon correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

 

Gondomar 16 de xuño 2021

 

ANEXO I A SOLICITUDE COMEDOR

ANEXO I B SOLICITUDE SEGUNDO PRAZO

ANEXO III DOC. EMERXENCIA-1

Outros_BASES REGULADORAS COMEDOR

ANEXO II OBRIGAS

 

 

 

 

2O4A6491.jpg2O4A6498.jpg

2O4A6500.jpg

O Concello de Gondomar, adscrito ao plan de compostaxe de Sogama, recibiu por parte desta Sociedade 50 novos composteiros que se entregarán aos veciños e veciñas que estean interesados en situalos nas súas vivendas.

 Cunha capacidade de 400 litros servirán para atender o alto interese que desde un principio amosaron os gondomareños e gondomareñas neste tipo de reciclaxe . Ata o momento o goberno local, a través do departamento de Medio Ambiente, entregou máis de 350 composteiros individuais. 

 #Gondomarsotible #traballando #MedioAmbiente

 

Page 19 of 98

Rss