^ Ir arriba

novas

Sunday, 27 June 2021 23:56

Gondomar recibe e promociona o seu verán a ritmo do musical “Grease”  

WhatsApp Image 2021-06-22 at 23.31.29.jpeg

A Concellería de Cultura presenta este venres un novo vídeo editado no que avanza parte do amplo programa cultural, con máis dunha trintena de actos, que desenvolverá entre os meses de xullo e setembro, logrando unha vez máis implicar a propios e estraños na súa produción e resultado final. Cun elenco de máis de cen intérpretes Gondomar recrea a súa versión do clásico “Grease”.

 “Recuperamos practicamente a normalidade neste verán no que queremos agradecer a nosa veciñanza os esforzos realizados durante estes dous últimos anos de restricións”, afirma o alcalde Paco Ferreira quen engade “que quixemos preparar un programa no que teñan cabida todos e todas, grandes e pequenos, con deporte, teatro, cinema, música e outro tipo de actividades”.

Unha programación que se irá descubrindo nos próximos días, pero que como xa vén sendo habitual no actual goberno ten o seu punto álxido no videoclip presentación, que este ano elixiu o conocidísimo tema “Summer night” do clásico “Grease” para facer unha versión propia na que Gondomar e as súa xente convértense nos protagonistas. O edil de Cultura, Juan Bas, agradeceu a implicación de “cada unha das persoas que participou nel durante este mes de traballo que nos levou facelo realidade”.

 

Electo de máis de 100 persoas

 

Asegura o edil sentirse sorprendido pola resposta obtida á hora de poñer en marcha a iniciativa. “O boca-orella, sen dúbida, converteu Gondomar nun referente cultural e foron moitos os que viñeron doutras localidades para sumarse á idea”. É o caso dos integrantes da Asociación Harley Davidson de Vigo ou as integrantes da compañía teatral “Olivas Negras”, xunto a visitantes de municipios de Santiago, Ourense, Bélgica e, tamén da área do Val Miñor, “así como os gondomareños e gondomareñas que sempre están dispostos a sumar a favor do noso concello”, apunta o edil.

A cantante Lucía Doval adaptou para esta ocasión o tema “Summer night” cuxa interpretación correu a cargo do Coro de San Vicente de Mañufe, logrando un “resultado final perfecto no que traballamos moito pero con moitísima ilusión, por iso confiamos en que sexa do agrado de todos”. Cinco compañías de danza deron forma as coreografías:  L’Danzia; Danza Paradela, Asociación Danza Gondomar, Danzarte, e a Escola de danza Media Punta de Vigo.

 

Programa

 

Ao longo do videoclip os protagonistas percorren distintas localizacións de Gondomar á vez que preguntan -como no clásico de Grease- “conta máis,  conta  máis” para saber como organizar a súa axenda durante o verán e non perderse nada do que se programará en Gondomar.

O edil lembra que “un ano máis buscamos unha programación na que podamos chegar a todo o público, independentemente da súa idade: maiores, novos, cativada ou familias completas. Buscamos achegar a cultura a todos, nun paso máis de apoio a outro dos sectores seriamente danados pola pandemia”.

Máis dunha 30 de actividades están programas e daranse a coñecer nos próximos días e non faltarán o ciclo de “Cinema na rúa”, teatro, danza, concertos, festas patronais, ás que se suman actividades deportivas para os máis pequenos, campamentos urbanos ou os roteiros turísticos do programa “Descobre Gondomar”, entre outras.