^ Ir arriba

novas

Monday, 21 June 2021 17:49

O alcalde de Gondomar agradece o labor e esforzo do servizo de Limpeza e Parques e Xardíns do concello

2O4A7593.jpg

 O rexedor compartiu co persoal de ambos os servizos o galardón de “Escoba de Plata” recentemente adxudicado ao concello. 

 O rexedor, Paco Ferreira, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, agradeceu hoxe o relevante papel das plantillas dos departamentos de Limpeza e Parques e Xardíns, así como de Medio Ambiente nos “avances en sustentabilidade e mellora da nosa contorna que se lograron nestes anos”.

 ​O rexedor quixo compartir cos traballadores e traballadoras o recoñecemento da “Escoba de Plata” recentemente outorgado ao concello de Gondomar pola aposta de iniciativas e maquinaria que fomentan a sustentabilidade no municipio. Algo que, como sinalou Paco Ferreira, “non sería posible sen o traballo que día a día e en todos os recunchos dos noso concello facedes”.

​Un galardón que reflicte ese traballo xunto ao recoñecemento por dous anos consecutivos de Gondomar co distintivo de “Vilas en flor”. Reiterou que só é posible “a través da cooperación e a unión a hora de traballar polos mesmos obxectivos, algo que co coidado e esmero que no desempeño do voso traballo poñedes é sempre posible”.

​Animou aos traballadores a seguir traballando neste sentido e continuar sumando logros para converter Gondomar nun municipio referente de “no sur da provincia e en toda Galicia en materia de limpeza, defensa do medio ambiente e sustantibilidade”