^ Ir arriba

novas

Tuesday, 15 June 2021 08:47

O Goberno reúne a mesa local do comercio para analizar as demandas e proxectos do sector do comercio e hostalería  

photo_2021-06-14_15-35-50.jpg

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, presidiu este luns a mesa de comercio local na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas co sector, entre elas, as novas axudas que se poñerán á súa disposición ou iniciativas dirixidas a revitalizalo.

 Xunto ao alcalde tamén participaron a edil responsable da área, Rocío Goberna, así como a representante dos comerciantes de Gondomar, Esther Lorenzo, e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Val Miñor (OVALMI), Jose Anxo González Goce, quen anunciou a recuperación este ano -tras o parón motivado pola pandemia- da Feira Portobello 2021 en Gondomar.​

​Acordouse a súa celebración o próximo día 4 de xullo, así como o número de postos e medidas que se adoptarán para suxeitarse, en todo momento, aos requisitos sanitarios aínda existentes, como pode ser o manter a distancia obrigatoria. O rexedor e a concelleira coincidiron á hora de sinalar que esta cita é necesaria “para avanzar un pasiño máis no apoio e revitalización do sector”.

​Así mesmo, na mesa local presentouse a iniciativa Publiocio que o goberno local quere poñer en marcha e que busca “reverter o retraimiento do consumo nos negocios rexistrado tras a COVID19, apostando polo comercio de proximidade e lograr a fidelidade dos consumidores”.

​O alcalde de Gondomar informou sobre as axudas concedidas aos comerciantes e sector do taxi nunha primeira liña, cun importe de 100.000 euros, e anunciou que en breve faranse públicas as bases dunha segunda liña de subvencións que ascenden a 125.000 euros. 

​A mesa local de comercio na súa orde do día tamén abordou as obras de reforma interior que se van a acometer de forma inmediata na Praza de Abastos, así como as liñas mestras do proxecto de humanización e peonalización anunciado polo gobernolocal na Praza de Rosalía de Castro.