^ Ir arriba

novas

Monday, 14 June 2021 14:38

O alcalde de Gondomar recibe e felicita á atleta Desirée Vila polo seu éxito no Campeonato de Europa de Atletismo Paralímpico.

 2O4A7541.jpg

A deportista Gondomareña fíxose coa medalla de Bronce, a súa primeira medalla internacional, na proba de salto de lonxitude 63, rexistrando o seu mellor salto con 4,23 metros, superando a súa propia marca.

 Desiré Vila foi recibida polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e os concelleiros Nuria Lameiro e Brais Misa, que lle transmitiron as súas felicitacións polo gran traballo que realizou no campionato europeo. “Unha vez máis se converteu nunhadas mellores embaixadoras de Gondomar, levando o nome do noso municipio todo o máis alto”, manifestou o rexedor.

​Na recepción a atleta amosou a medalla de Bronce que gañou no Campeonato Europeo e explicoulles as súas sensacións de cara os xogos Paralímpicos de Tokio, nova meta que se marcou Desirée Vila. Esta veciña gondomareña logrou a súa clasificación o paado mes de maio no Mitin Basauri onde cun salto de 4,17 logrou superar os 4,07 esixidos nos criterios de clasificación para Tokio, aprobados polo Comité Paralímpico Español e as Federacións españolas de deportes de persoas con discapacidade. 

​Paco Ferreira trasladou, no seu nome e no de toda a veciñanza que representa, moita sorte a Desirée Vila, así como a súa total confianza en que logrará no país nipón “situar unha vez máis o nome de Gondomar no máis alto”.