^ Ir arriba

novas

Tuesday, 15 June 2021 18:39

GONDOMAR LEMBRA A IMPORTANCIA DE RECOLLER O LIXO COAS MENSAXES DO ALUMNADO DO CEIP SOUTO DONAS

photo_2021-06-15_12-27-31.jpgphoto_2021-06-15_12-27-32.jpg

photo_2021-06-15_12-27-31 (2).jpgphoto_2021-06-15_12-27-29 (2).jpg

photo_2021-06-15_12-27-19.jpgphoto_2021-06-15_12-27-17 (3).jpg

 

O curso de 3º de primaria do centro completou esta mañá a actividade ambiental que desenvolveron nas últimas semanas en clase, instalando nas papeleiras do Parque da Coelleira carteis lembrando a importancia do seu uso.

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, recibiu aos pequenos e pequenas no concello e agradeceu “o traballo tan importante que facedes para defender o noso medio ambiente e manter limpo Gondomar”. Engadiu que “sodes todo un exemplo para todos nós”.

O alumnado do Souto Donas, acompañado por tres das súas profesoras, repartiron polas papeleiras do Parque da Coelleira que deseñaran previamente no colexio e adaptado para fixalas nelas. Con axuda dun funcionario municipal, aparafusaron os letreiros coa mensaxe clara que neles quérese trasladar: “Se tiras lixo  ao  chán, @s  nen@ s tristes estarán”.

Un traballo que dende o concello se preparou para que luza tamén como un cadro no colexio “para que vos acordedes sempre do gran traballo que fixestes en materia de concienciación”, asegurou o alcalde, que estivo acompañado neste encontro pola edil de Educación, Araceli Regueiro, e o responsable de Medio Ambiente, Brais Misa.

Os pequenos e pequenas do Souto Donas terminaron a mañá realizando unha recollida de entullos, papeis ou residuos que se atoparon no traxecto da súa excursión