^ Ir arriba

novas

Thursday, 10 June 2021 18:34

Gondomar obtén a Escoba de Prata por “facer do municipio unha contorna máis sostible”

 ESCOBA DE PLATA.jpg

escoba plata 2.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, móstrase moi satisfeito porque “recoñecen o traballo que neste sentido estamos a realizar desde o noso goberno e a súa área de Medio Ambiente”.

 O xurado da Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATREGUS) deu a coñecer esta tarde o resultado da XVII edición do certame recoñecendo o importante traballo realizado polo concello de Gondomar e a súa aposta por mellorar o coidado do  medio ambiente e a sustentabilidade do municipio.

 ​A acta do xurado outorga a Escoba de Prata a Gondomar “pola posta en marcha de  novas accións e servizos destinados a facer do municipio unha contorna máis sostible, máis tecnolóxico e máis comprometido coa recollida selectiva e a reciclaxe”.

 ​Desde o inicio da actual lexislatura estes obxectivos foron unha prioridade para o goberno e o seu departamento de Medio Ambiente, dirixido por Brais Misa, que desenvolveu numerosas campañas informativas e de concienciación sobre a xestión dos residuos á vez que se facilitaron os medios para poder poñelos en práctica.

 Renovouse a frota da empresa encargada da limpeza e recollida de lixos, agora a cargo da UTE Ecogondomar, así como máis de mil contedores, sumando novos destinados a favorecer a división e reciclaxe dos residuos ou o reparto de preto de 300 composteiros individuais. Así mesmo investiuse máis de 70.000 euros na modernización, ampliación e reforma do Punto limpo que viu como o seu uso incrementouse nun 70 por cento o pasado ano, respecto ao 2019.

 ​“Pasos que seguiremos dando para converter Gondomar nun referente de sustentabilidade e nun municipio que protexe o medio ambiente tentando lograr na próxima edición deste concurso a Escoba de platino ou a de ouro”, apunta o rexedor.

 ​Os Premios Escoba, outórganse cada dous anos, e con eles  ATREGUS recoñece a aquelas institucións e organismos que máis destacan polas súas iniciativa  paramellorar  aspectos relacionados coa xestión dos residuos urbanos, a limpeza ou o aseo urbano en 

xeral das nosas  cidades e industrias, premiando os esforzos para estimular avances tecnolóxicos e de concienciación, que sirvan para mellorar a calidade de vida e sustentabilidade dos municipios.