^ Ir arriba

novas

Tuesday, 15 June 2021 08:49

GONDOMAR APOIA AS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

igpublicaciones25.png

O Concello de Gondomar súmase á celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, que se conmemora hoxe 14 de xuño. O obxectivo, compartir e promover a súa difusión, á vez que se aposta por medidas que permitan normalizar o seu uso máis aló dos ámbitos educativos, domésticos ousociosanitarios.

Canto maior sexa o coñecemento das linguas de signos máis preto estaremos da integración real e total da comunidade de persoas xordas e xordocegas, e lograr a comprensión e empatía entre todos os cidadáns.

Gondomar apoia a Lingua de Signos.

#Gondomar #EucoaLS