^ Ir arriba
Comunicación Concello Gondomar

Comunicación Concello Gondomar

 

As familias interesadas xa poden presentar a súa solicitude para acceder a este servicio, dirixido a menores entre 0 e 6 anos, derivados xeralmente dende o Servicio de Pediatría. 

A Unidade ofrece programa de estimulación; lenguaje e comunicación; motricidade; cognición; e, hábitos e habilidades de autonomía.

A solicitude (que figura na parte inferior), unha vez completada, deberá entregarse no Rexistro Municipal do Concello de Gondomar. 

Descargar o formulario aquí.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, publicou esta tarde a resolución pola que decreta dous días de loito oficial – a partir das 00.00 horas deste 20 de marzo- durante os que as bandeiras dos edificios oficiais ondearán a medio mastro.

Esta decisión, tal e como se recolle no texto, quere ser o testemuño da dor e condolencia da veciñanza de Gondomar ante este tráxico suceso no que desgraciadamente perderon a vida, María Luisa Gondell Soliño e os seus dous fillos  Beltrán e Daniela, cunha vinculación estreita co municipio ao residir nunha das súas parroquias parte da súa familia.

A vítima e os seus fillos, naturais de Nigrán, faleceron nun tráxico accidente rexistrado na noite do venres despois de chocar dous coches na PO- 510, en Salceda de Caselas, no que outra persoa resultou ferida de gravidade.

Segundo confimaron os Bombeiros do Baixo Miño ao 112 foi preciso empregar material de excarcerlación para liberar ás tres persoas atrapadas, dúas nun vehículo e a terceira no segundo coche implicado. A pesar dos esforzos realizados polos equipos de emerxencia non se puido facer nada para salvarlles a vida a María Luisa Goldén e aos seus dous fillos.

Gondomar 20 de marzo de 2021

162786011_2788953188033892_6672272539634398585_o.jpg

O goberno local mantén así a colaboración que desde hai anos sostén coa Asociación coa que anualmente asinan un convenio de colaboración con dotación orzamentaria para atender as necesidades dos menores na zona aos que ademais enviarán roupa, máscaras e material escolar e informático.
A caravana solidaria ponse en marcha ante a suspensión do programa “Vacacións en Paz” como consecuencia da pandemia e o peche de fronteiras que xerou a aparición da COVID19 algo que “non nos pode deixar de brazos cruzados nin a voluntarios nin á sociedade”, manifestou a presidenta da Asociación Mayte Isla Avión, quen agradeceu “a constante resposta positiva e implicación que recibimos por parte do goberno de Gondomar, e o seu alcalde Paco Ferreira, cando pedimos a súa colaboración”.
A representante da delegación en Galicia da Asociación estivo acompañada no acto polo rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, o delegado saharauí en Galicia, Mohamed Zerga, a concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro e o concelleiro de Medioambiente e Voluntariado, Brais Misa, así como outros representantes de SOGAPS.
O alcalde Paco Ferreira explicou que “desde un principio tivemos clara nosa participación na caravana solidaria que estaban a preparar e a nosa contribución nela.” Así, Gondomar cede tres vehículos: un camión recolector vertedoiro cunha capacidade de 22 metros cúbicos; un camión recolector de caixa aberta con guindastre; e, unha furgoneta Citroën 15.
Todos eles partirán na caravana que o domingo se pon en marcha cara a Alacante desde cuxo porto serán trasladados ata os campos de refuxiados de Tinduf.
Gondomar suma aos vehículos catro palés con roupa, calzado, mantas, material informático e escolar, así como unha dotación de máscaras cirúrxicas, concretamente un total de 320.000 unidades. Entre as pezas que se farán chegar ao Sahara roupa deportiva como suadoiros, camisetas, polos ou pantalóns de chándal, aos que se suman chaquetas, panos, gorras e calzado.
“O noso compromiso con esta asociación é unha realidade desde hai anos, a través dos convenios subscritos con dotacións de ata 4000 euros para facilitar o traslado dos pequenos e pequenas no verán ao noso municipio, unha axuda que mantivemos o 2020 -en menor proporción- a pesar de que non puido celebrarse facilitando así adquisición de alimentos para trasladar aos campamentos nos que vense obrigados a vivir desde hai décadas estas persoas” sinalou o rexedor Paco Ferreira.
Lembrou que “Gondomar e a súa veciñanza somos un pobo solidario e sempre buscaremos a forma axudar aos máis necesitados, tanto os que están preto de nós, como os que viven noutros lugares do mundo e que requiren da nosa axuda” e animou ao resto das administración a apostar por este tipo de iniciativas.
Por último encomiou o gran labor que se está desenvolvendo a SOGAPS, especialmente a delegación de Galicia, destacando “a implicación e o traballo sen descanso da súa presidenta Mayte Isla Avión e o delegado do pobo saharauí en Galicia, Mohamed Zerga, así como o de todo o voluntariado que posibilita mellores condición de vida para os miles de refuxiados do Sahara”.

2O4A2142.jpg

As novas incorporacións beneificiarán a persoas que se atopen desempregadas neste momento e ocuparán postos de interese xeral e social. As contracións executaránse a través do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial de Pontevedra, concretamente da súa liña 3. Nelas recollese unha partida total de 158.069 euros para á contratación, que se fará tras un proceso de selección a través da oferta no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Nesta ocasión se cubren dez postos para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal cun salario establecido no convenio colectivo do municipio para cada categoría. Tanto o custo salarial, como a cotización a Seguridade Social estarán financiados por la Deputación provincial.
As prazas que se cubrirán en Gondomar serán as de seis peóns de obras públicas, dous conductores (retroexcavadora e tractor); un auxiliar de biblioteca, e un técnico en turismo.

O goberno local de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente, fixo entrega dun centenar de trampas a apicultores do municipio para evitar a formación de niños e a proliferación das avespas velutinas nos meses nos que esta especie inicia a súa reprodución.
As trampas servirán para atraer ata elas ás raíñas, coincidido cos meses nos que constrúen os niños primarios nos que manteñen ata a 50 novos exemplares, que posteriormente construirán os niños secundarios moito máis grandes e en máis cantidade.
En total fíxose entrega dun centenar de trampas que se repartiron entre 50 apicultores do municipio. Cada un deles recibiu un par xunto a dúas dose de líquido atraínte para enchelas, así como unha pequena explicación por parte dos técnicos do seu funcionamento.
Ao acto de entrega asistiu o rexedor do municipio, Paco Ferreira, acompañado polo edil de Medio Ambiente, Brais Misa, e lembrou que “dende sempre o noso goberno mostrou a súa disposición para axudar aos apicultores ou a quen se vía afectado por esta especie invasora, o ser fundamental a colaboración entre administracións aínda que a responsabilidade de prestar os medios e a axuda é da Xunta de Galicia, a través do 012”.
Fixo fincapé en que ese debe ser o teléfono ao que se dirixan aqueles que detecten un niño de velutinas para que llo retiren pero conscientes de que a resposta “é demasiado lenta o non cumpre os prazos indicados” veciños expertos veñen realizando esta tarefas desde hai tempo.
A eles agradecéuselles o traballo realizado e o pasado ano fíxoselles entrega de tres traxes de protección integral e materiais específicos para que realicen este labor, que desenvolven de forma altruísta. No que levamos de ano retiráronse 32 niños de avespa velutina, aos que se suman os preto de 200 do 2020. A avespa velutina é unha especie que supón un risco para a biodiversidade xa que afecta directamente á produción apícola e frutícola, ao estar a súa dieta formada basicamente por abellas e froita.

2O4A1661.jpg

Esta nova normativa dá resposta a necesidades da veciñanza detectadas, como o aumento da tipoloxía e das cantidades de produtos a depositar ou a posibilidade de que un terceiro autorizado poida empregar o servizo.
Gondomar continúa a dar pasos para converterse en municipio de referencia en materia medioambiental. Este mesmo xoves entra en vigor o novo regulamento de funcionamento do punto limpo, unha normativa revisada e actualizada que buscaba dar resposta ás necesidades da veciñanza e que incorpora importantes melloras. “Seguimos avanzando nos nosos compromisos e na mellora das infraestruturas. Este regulamento supón un salto cualitativo na prestación do servizo, agora adaptado á realidade da nosa veciñanza. Queremos seguir potenciando o punto limpo e invitar a todo o mundo a que faga un uso responsable del”, destaca o alcalde, Paco Ferreira.
Entre as principais novidades destaca a ampliación da tipoloxía de residuos e das cantidades máximas que se poden depositar, un cambio no regulamento que puido levarse a cabo grazas aos traballos de mantemento e mellora das instalacións e a habilitar un lugar específico para os Residuos e Aparellos Eléctricos e Electrodomésticos (RAEES), que cada vez adquiren maior importancia e requiren máis espazo.
O Concello de Gondomar investiu máis de 15.000 euros na actualización das instalacións, que supuxo o cambio das luminarias por unhas led, o abastecemento de auga potable ao recinto, o asfaltado dos accesos, o reforzo do peche perimetral, a instalación de paneis informativos e de sinalización ou a mellora da oficina e o almacén que alberga os residuos máis perigosos.
Por outra banda, ademais das persoas residentes dende agora tamén poderán empregar o punto limpo terceiros que estean autorizados para facer a entrega en nome doutra persoa, para o que se deberá encherse documentación previa recollida no Anexo I da ordenanza.
Mellora do proceso:
O Punto Limpo é un centro de recollida selectiva no que se almacena de forma temporal os residuos domésticos que non se procesan a través da recollida diaria, residuos que soamente saen do recinto para enviar aos xestores autorizados. Para unha maior eficiencia do servizo, o novo regulamento permitira unha mellora no control documental de todo o proceso para coñecer o perfil do usuario e saber que residuos se depositan e cales saen cara os xestores autorizados.
A entrada en vigor deste novo regulamento é un paso máis na aposta decidida do goberno de Paco Ferreira polo medio ambiente e a sostenibilidade do municipio, que se complementará con campañas de información e sensibilización sobre a necesidade de usar o punto limpo por parte da veciñanza.

 

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou hoxe xunto aos deputados provinciais Santos Hector Rodríguez e Iria Lamas, as obras de acondicionamento e pavimentación executadas en dúas estradas da parroquia de Mañufe, desenvoltas no marco do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra e que implicou un investimento de 78.727 euros.
O rexedor Paco Ferreira destacou a importancia da colaboración firme que desde a institución provincial existe cos concellos á hora de atender as súas necesidades e facilitar que se poidan executar obras “que reverterán en mellor calidade de vida para a nosa veciñanza e que nos permite avanzar no noso compromiso coas parroquias de atender as súas necesidades”.
Nesta ocasión visitaron as obras de pavimentación executadas na estrada de Levadas-Cruz, entre os núcleos rurais de Galisteo e Goldra, que supuxeron unha mellora do firme do camiño, a súa accesibilidade e funcionaliade. Un proxecto que contou cun investimento total de 48.351,89 euros.
Posteriormente os deputados provinciais e o alcalde trasladáronse ao núcleo rural de Cristillón para comprobar o resultado final do proxecto executado nesta barrio e que implicou a renovación e empedrado do firme nun tramo de 333 metros. Nesta actuación o orzamento investido ascendeu a algo máis de 30.375 euros.
Paco Ferreira subliñou a importancia do Plan Concellos e lembrou o firme compromiso do seu goberno de “seguir desenvolvendo proxectos e aproveitando todos os recursos que se lles ofrezan para avanzar na recuperación das nosas parroquias, nas que a inversión feita ata o momento ascende a preto de dous millóns de euros.”

photo_2021-03-04_14-33-55.jpg

Máis dun centenar de mulleres, veciñas de Gondomar, participan nun vídeo conmemorativo elaborado con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, promovido pola concellería de Igualdade, demostrando a súa implicación e achega diaria na loita por lograr unha igualdade real entre homes e mulleres.
Mozas, anciás, nenas, traballadoras, estudantes ou mulleres en paro todas sumáronse a achegar a súa imaxe como símbolo do papel que representan na sociedade e sumarse así aos actos que este ano organizou o Goberno local con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, ante a imposibilidade de celebrar manifestacións ou concentracións debido á situación de emerxencia na que se atopa o país.
Todas elas serán as protagonistas dun vídeo que se difundirá durante o vindeiro luns 8 de marzo e no que a súa imaxe estará acompañada por frases de loitadoras históricas polos dereitos da muller como Rosalía de Castro, Clara Campoamor, Rosa Luxemburgo, Emily Dickinson, Rosa Parks ou Emilia Pardo Bazán, entre outras.
A difusión do vídeo intégrase dentro do programa de actividades que terá como acto central a lectura dun manifesto institucional a partir das 12.00 do mediodía na Praza Paradela onde, como en anos anteriores, instalarase o Punto de Igualdade no que se entregarán máscaras deseñadas para conmemorar a xornada, e confeccionadas pola Asociación Galicia Nai e Señora (reutilizables e homologadas) e que destina parte dos beneficios a axudar ao Pobo Saharahui.
Por outra banda o goberno local edituou unha guía titulada “Gondomar, sementando igualdade”, financiada polos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Nela, ademais de ofrecer información sobre as distintas institucións públicas e teléfonos que hai ao dispor das mulleres máis vulnerables ou vítimas de violencia de xénero, expóñense liñas básicas para identificar no noso día a día os micromachismos ou situacións de desigualdade cara ás mulleres, así como as claves para conseguir camiñar todos na mesma dirección na achega da igualdade.
Conscientes desde o goberno local da importancia de sensibilizar á sociedade nesta materia unha vez máis aposta firmemente polas novas xeracións, programando obradoiros que se ofrecen aos CEIP do municipio. Dirixidos aos estudantes 6º de primaria, desenvólvense en diferentes trimestres, e nesta ocasión céntranse na educación afectivo-sexual ou na detección dos micromachismos, iniciativas que sempre teñen unha gran acollida por parte da comunidade educativa.

photo_2021-03-04_14-25-03.jpg

O goberno local segue traballando para atender as demandas e necesidades que lle fai chegar a veciñanza. Nese sentido na última semana habilitáronse novas prazas de estacionamento PMR (prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida) no municipio.
Búscase con estes novos estacionamentos facilitar o acceso destas persoas ás zonas peonís da forma máis accesible para eles, neste caso achegando as prazas ao centro urbano.“En moitas ocasións non é fácil atopar a mellor localización, pero traballamos para logralo ou acercanos o máximo posible para que as persoas con mobilidade reducida non teñan problemas á hora de poder estacionar”, sinala o alcalde Paco Ferreira.
Por outra banda tamén se actuou nas inmediacións do parque de As Cercas, espazo empregado habitualmente por deportistas ou para pasear durante as tardes. Para garantir a maior seguridade para os usuarios dotouse dunha mellor iluminación toda a zona, ao que se sumou tamén a plantación de dez novas árbores da especie de arce xaponés palemetado (Acer palmatun “Corallinum”), unha árbore pequena que alcanza alturas de 6-10 metros, moi decorativa polas súas follas vermello púrpura transparentes na primavera, máis tenues no verán e violáceas no outono.

156437661_2775557652706779_2947906574016529505_o.jpg

155827689_2775557779373433_3059890634850159974_o.jpg

155470917_2775553746040503_4277659164213300261_o.jpg

154682211_2775553699373841_1790256382804170986_o.jpg

O goberno de Gondomar acometerá nos próximos meses a humanización e renovación da rotonda que interconecta as rúas de San Benito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín-Morgadáns.
O proxecto, aprobado na última Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, contará cun investimento de 271.800 euros, que será financiados nun 70% pola institución provincial (máis de 190.000 euros), e o 30 por cento restante será achegado polo goberno local, que investirá 81.500 euros.
O obxectivo prioritario desta nova actuación no municipio é garantir a seguridade viaria de veciños e viandantes tanto nas rúas urbanas como nos tramos iniciais cara ao rural.
Así está previsto ampliar as beirarrúas ata o mínimo recomendado de 2,5 metros de ancho, mellorar a iluminación pública na zona así como a parada de autobús situada nela. Por outra banda tamén se contempla a construción de novos pasos de peóns ou pasos elevados para reducir a velocidade dos vehículos.

INTERSECCIÓN CHAÍN -PEITIEROS.png

Page 24 of 98

Rss