^ Ir arriba

novas

Thursday, 04 March 2021 17:27

Preto de 80.000 euros no acondicionamento de estradas en Mañufe

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou hoxe xunto aos deputados provinciais Santos Hector Rodríguez e Iria Lamas, as obras de acondicionamento e pavimentación executadas en dúas estradas da parroquia de Mañufe, desenvoltas no marco do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra e que implicou un investimento de 78.727 euros.
O rexedor Paco Ferreira destacou a importancia da colaboración firme que desde a institución provincial existe cos concellos á hora de atender as súas necesidades e facilitar que se poidan executar obras “que reverterán en mellor calidade de vida para a nosa veciñanza e que nos permite avanzar no noso compromiso coas parroquias de atender as súas necesidades”.
Nesta ocasión visitaron as obras de pavimentación executadas na estrada de Levadas-Cruz, entre os núcleos rurais de Galisteo e Goldra, que supuxeron unha mellora do firme do camiño, a súa accesibilidade e funcionaliade. Un proxecto que contou cun investimento total de 48.351,89 euros.
Posteriormente os deputados provinciais e o alcalde trasladáronse ao núcleo rural de Cristillón para comprobar o resultado final do proxecto executado nesta barrio e que implicou a renovación e empedrado do firme nun tramo de 333 metros. Nesta actuación o orzamento investido ascendeu a algo máis de 30.375 euros.
Paco Ferreira subliñou a importancia do Plan Concellos e lembrou o firme compromiso do seu goberno de “seguir desenvolvendo proxectos e aproveitando todos os recursos que se lles ofrezan para avanzar na recuperación das nosas parroquias, nas que a inversión feita ata o momento ascende a preto de dous millóns de euros.”

photo_2021-03-04_14-33-55.jpg