^ Ir arriba

novas

Tuesday, 02 March 2021 20:01

O Goberno de Gondomar acometerá a humanización na intersección Chaín, Peitieiros e Morgadáns

O goberno de Gondomar acometerá nos próximos meses a humanización e renovación da rotonda que interconecta as rúas de San Benito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín-Morgadáns.
O proxecto, aprobado na última Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, contará cun investimento de 271.800 euros, que será financiados nun 70% pola institución provincial (máis de 190.000 euros), e o 30 por cento restante será achegado polo goberno local, que investirá 81.500 euros.
O obxectivo prioritario desta nova actuación no municipio é garantir a seguridade viaria de veciños e viandantes tanto nas rúas urbanas como nos tramos iniciais cara ao rural.
Así está previsto ampliar as beirarrúas ata o mínimo recomendado de 2,5 metros de ancho, mellorar a iluminación pública na zona así como a parada de autobús situada nela. Por outra banda tamén se contempla a construción de novos pasos de peóns ou pasos elevados para reducir a velocidade dos vehículos.

INTERSECCIÓN CHAÍN -PEITIEROS.png