^ Ir arriba

novas

Tuesday, 15 June 2021 08:45

DÍA MUNDIAL DO DONANTE DE SANGUE

donar_sangre.jpg

Un ano máis Gondomar súmase á celebración do Día Mundial do Doante de Sangue que este ano se celebra baixo o lema "Doa sangue para que o mundo siga latexando".

 Neste día quérese destacar o importante papel dos doantes de sangue para manter o pulso do mundo, salvar vidas e mellorar a saúde. Quince minutos do noso tempo poden significar varias vidas salvadas.

 É importante concienciarnos da importancia que ten dispoñer de sangue e produtossanguíneos seguros para transfusións. Esencial o papel dos voluntarios, pero tamén o papel que deben desenvolver as administracións e autoridades sanitarias para proporcionar os recursos, sistemas e infraestruturas necesarias.

Doar sangue, salva vidas. 

#Gondomar #doasangue #DiaMundialDonantedeSangre