O centro estrea un sistema de calefacción, composto por catro caldeiras, unha instalación térmica de biomasa que dará servizo a todo o inmoble e aposta directamente polas enerxías renovables, política que se fomenta desde o concello de Gondomar.
A nova infraestrutura contou cun investimento de 88,600 euros, financiados con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e cofinanciado a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER). “A instalación desta nova caldeira supón unha mellora e modernización substancial do espazo e proporcionará un importante aforro enerxético neste edificio”, manifestou o rexedor Paco Ferreira, durante a visita ao centro.
Acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, lembrou que “un dos nosos obxectivos como administración é reducir a pegada ambiental de Gondomar, e apostar por todos os medios e recursos que permitan logralo como é o caso das enerxías renovables, algo no que estamos traballando”.
A nova instalación térmica de biomasa está composta de catro caldeiras e dun sistema de control que permitirá o funcionamento por sectores no edificio, dividido en dúas ás, de maneira que “se poderá acender segundo as necesidades e as demandas que existan en cada momento, sen necesidade de quentar todo o edificio como viña facendose ata o de agora”, explicou o edil de Medio Ambiente.
O proxecto complétase cun depósito de inercia de 1000 litros que almacena a enerxía que xeran as caldeiras. Ademais, situouse un contador para a medición de kwhtérmicos consumidos e un sistema de telexestión e control de incidencias con comunicación de alarmas á empresa encargada do seu mantemento, acordado no contrato de concesión por un período de 6 anos.
A reforma das catro caldeiras completouse con outras melloras como o arranxo da cheminea, instalación dunha nova porta máis na sala e a localización dun silo de almacenamento, con capacidade de 20 toneladas, para cubrir as necesidades da nova instalación.
O alcalde Paco Ferreira mostrou a súa satisfación “por poder seguir fomentando ou uso da biomasa forestal, unha enerxía renovable con reducido impacto ambiental que polo seu carácter autóctono favorece o autoabastecemento e a seguridade de subministración a prezos competitivos, á vez que reduce a contaminación e a nosa pegada ambiental non planeta”.
O novo espectáculo do músico vigués, Teo Cardalda, "Claves Líricas" estrearaseeste próximo xoves 22 de outubro en Gondomar. A partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío poderemos gozar deste novo proxecto do artista no que mestura teatro e música, nunha especie de ópera-pop que vira ao redor da obra e figura do escritor e dramaturgo Ramón de Valle-Inclán.
Chega aos escearios tras un importante traballo de documentación por parte de Teo Cardalda desenrolado desde hai unha década da obra poética do autor de Vilanova de Arousa, que tamén se editou en forma impresa de disco-libro.
Tanto o espectáculo como o volume cos novos temas herdan o nome do recompilatorio de poemas que Valle-Inclán escribiu en 1930, entre os que María Monsolís, realizou unha selección de pezas que chegan envolvidas de música, proxeccións e coreografías que nos permitirán viaxar a través do rock, o rap ou a balada, e mesmo descubrir novos textos compostos por Cardalda que nos convidan imaxinarque visión tería do noso século Valle-Inclán.
Con Teo Cardalda na pel de Valle-Inclán e María Monsonís na de Josefina Blanco, “Claves líricas” ofrece unha radiografía artística do escritor e trasladará ao público a imaxe do mundo como esperpéntico sainete.
Tras la estrea en Gondomar o dúo levará este espectáculo, ao amparo do Xacabeo 21-22, as vilas de Culleredo, Vilanova de Arousa e, por último á Cidade da Cultura de Galicia.
Máis info en https://taquilla.concellodegondomar.gal
Coincidindo coa celebración do Día Nacional do TDAH (27 de outubro) a concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, programa unha charla para desmitificar informacións que existen sobre este trastorno que afecta entre o 5 e o 7 % dos neno/as en idade escolar. A información como ferramenta e medios para combater prexuízos baseados no descoñecemento.
O Centro Neural acollerá esta charla que impartirá a psicóloga Paula Fernández Rodríguez o próximo día 29 de outubro a partir de 19.00 h. Baixo o título “TDAH. Máis aló do diagnóstico” preténdese dar a coñecer máis detalles deste trastorno neurobiolóxico, acabar cos seus mitos e mentiras creadas ao redor del.
A experta en adolescencia, trastornos de conduta e aprendizaxe, así como de TDAH, aproveitará esta charla para dar a coñecer a outra cara deste trastorno, a que día a día viven quenes o padecen e as súas familias, así como as normas básicas para a súa xestión “tentando ir máis aló da súa realidade máis obvia”.
O TDAH diagnostícase en nenos 3-4 veces máis que en nenas, unha diferenza que se atenúa conforme aumenta a idade. Persiste o trastorno nalgúns pacientes na adolescencia e na idade adulta: 40-70% adolescentes e ata 50-60% nos adultos.
Máis información no teléfono 986 369.746 ou en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..
O concello de Gondomar acollerá durante nove meses o novo taller de emprego“Coidando Miñor”, en colaboración cos concellos de Baiona e Nigrán, no que se formarán alumnos dos tres municipios das especialidades de Limpeza de superficies e locais, e, emprego doméstico e atención sociosanitaria.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polos seus homónimos de Baiona e Nigrán, Carlos Gómez e Juan González,respectivamente, así como a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, inauguraron este novo taller dando a benvida aos alumnos e alumnas que “unha vez máis cubriron rapidamente as prazas previstas demostrando o interese que suscitan estas convocatorias”.
Como en ocasións anteriores o taller estará dividido en dous grupos de 10 alumnos por especialidade que ademais de formarse e obter os certificados de profesional correspondente (limpeza de superficie e locais, e, emprego doméstico e atención sanitaria), durante o período de 9 meses que asistan ao taller de formación percibirán o Salario Mínimo Interprofesional.
Subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade cun orzamento de 346.946 euros pertence aos tres concellos da mancomunidade e execútase en Gondomar. O rexedor deste concello, Paco Ferreira, subliñou precisamente o feito de “que a colaboración de administracións en materias tan sensibles como a xeración do empregoé fundamental como demostra o éxito das edicións de talleres xa celebradas anteriormente nas que un 50% dos participantes lograron inserirse no mercado laboral”.
Unha idea na que coincidiron os distintos representantes políticos presentes no acto, que animaron aos beneficiarios e beneficiarias deste novo obradoiro “a esforzarse e aproveitar a oportunidade de formarse e adquirir novas ferramentas para adecuarse ásdemandas do mercado laboral”.
BASES E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA A EXECUCIÓN DE ACTIVIDADES QUE PERSIGAN UN FIN SOCIAL NO EXERCICIO 2021
As presentes bases, que rexerán a convocatoria para a concesión de subvencións para o desenvolvemento de actividades que persigan un fin social no ano 2021, estarán suxeitas á Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (en adiante LXS), do Real decreto 887/06, de 21/07, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións en desenvolvemento da lei anterior, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Gondomar, aprobada polo Pleno da Corporación o 17 de setembro do 2.004 (B.O.P. no 195 do 7-10-2004), (en adiante OXS), e demais normativa aplicable.
I.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto regula-lo procedemento de concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomenta-lo desenvolvemento de actividades, execución de obras ou investimentos, adquisición de subministros e outros que persigan a consecución de obxectivos de carácter social ou comunitario, ou que redunden en beneficio da colectividade entre os veciños/as de Gondomar no ámbito social.
A subvención concedida destinarase en exclusiva a cubrir os gastos directamente relacionados con actividades de fin social, segundo o sinalado na presente Base.
DESCARGAR BASESBASES E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA A EXECUCIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DEPORTIVAS NO EXERCICIO 2021
As presentes bases, que rexerán a convocatoria para a concesión de subvencións para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2021, estarán suxeitas á Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (en adiante LXS), do Real decreto 887/06, de 21/07, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións en desenvolvemento da lei anterior, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Gondomar, aprobada polo Pleno da Corporación o 17 de setembro do 2.004 (B.O.P. no 195 do 7-10-2004), (en adiante OXS), e demais normativa aplicable.
I.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto regula-lo procedemento de concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomenta-lo desenvolvemento de actividades, execución de obras ou investimentos, adquisición de subministros e outros que persigan a consecución de obxectivos de carácter deportivo, ou que redunden en beneficio da colectividade entre os veciños/as de Gondomar no ámbito deportivo.
A subvención concedida destinarase en exclusiva a cubrir os gastos directamente relacionados con actividades deportivas, segundo o sinalado na presente Base.
BASES E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS PARA A EXECUCIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO CULTURAL NO EXERCICIO 2021
As presentes bases, que rexerán a convocatoria para a concesión de subvencións para o desenvolvemento de actividades culturais no ano 2021, estarán suxeitas á Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (en adiante LXS), do Real decreto 887/06, de 21/07, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións en desenvolvemento da lei anterior, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Gondomar, aprobada polo Pleno da Corporación o 17 de setembro do 2.004 (B.O.P. no 195 do 7-10-2004), (en adiante OXS), e demais normativa aplicable.
I.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto regula-lo procedemento de concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomenta-lo desenvolvemento de actividades, execución de obras ou investimentos, adquisición de subministros e outros que persigan a consecución de obxectivos exclusivamente de carácter cultural, ou que redunden en beneficio da colectividade entre os veciños/as de Gondomar no ámbito cultural.
A subvención concedida destinarase en exclusiva a cubrir os gastos directamente relacionados con actividades culturais, segundo o sinalado na presente Base.
Nova cita co deporte en Gondomar. Todo preparado para gozar dunha nova edición da proba Enduro Serra do Galiñeiro, organizada por Máis Enduro en colaboración coa concellería de Deportes de Gondomar. A probar, que contará con 140 participantes, celebrarase este domingo a partir das 09.00 da mañá, hora prevista para a saída.
Según a estimación dos organizadores as dúas se entregarán os premios aos gañadores/as na explanada que hai fronte o Centro Cultural de Vincios.
No programa "Gondocultura Outono" en Gondomar, quenda para o cinema galego coa película "9 Fugas" de Fon Cortizo, premio Mestre Mateo á mellor Banda Sonora Orixinal e nomeamento á mellor fotografía. Tamén premiada no festival de Xixón.
Este venres 15 de outubro, a partir das 21.00 horas, podedes descubrir unha narrativa fuxida, que nos arrastra e seduce dende o principio. Poderiamos estar ante a historia dunha rapaza en busca de algo, pero esa é só a escusa para un cruzamento inusual entre música e cinema que resulta en mil e unha historias máis.
Máis info: hptts://taquilla.concellodegondomar. gal.
Convocado polo INTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS (IEM) e patrocinado pola Mancomunidade do Val Miñor, acaba de ser concedido por o xurado de expertos, segundo se recolle na acta remitidas polo xurado, e unha vez abertas as plicas, aosveciños de Gondomar
Xosé Luís Mosquera Veleiro, pola súa obra O Val de Miñor durante a Segunda República (1931-1936) e un accésit a Elena Crespo Fernández polo seu traballo A represión franquista en Gondomar.
A dotación do premio é de 3000 €, e a súa publicación para a obra gañadora, e de 1000 € para o accésit e a publicación dun resumo na Revista de Estudos Miñoráns REM.
Os premios serán entregadas nunha data próxima, aínda por concretar, nun acto que será anunciado oportunamente, ao tempo que se convocará a segunda edición, na que se animará aos xoves investigadores dos cursos de bacharelato e FP dos institutos e aos da Universidade, para que sigan avanzando nos estudos locais e a outros investigadores que teñan entre as súas investigacións traballos centrados na nosa Comarca.