^ Ir arriba

novas

Tuesday, 19 October 2021 16:24

Gondomar abre o prazo para solicitar as subvencións en réxime libre concorrencia

Entre os días 19 de outubro e 2 de novembro poderanse presentar as solicitudes ás
subvencións en réxime de libre concorrencia do concello de Gondomar para actividades
culturais, actividades de fin social e actividades deportivas do 2021, publicadas este luns no
Boletín Oficial da Provincia.
 
O obxectivo destas axudas é fomentar o desenvolvemento de actividades, execución de
obras ou investimentos en adquisición de subministros que redunden en beneficio da
colectividade entre os veciños/ as de Gondomar nos ámbitos de cultura, deportes ou fins
sociais, respectivamente.
 
As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou colectivos
cidadáns, persoas ou entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades de interese
municipal, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que,
carecendo de personalidade xurídica, poida levar a cabo as actividades obxecto da subvención.
As bases e a documentación necesaria que se debe encher para presentar as
solicitudes poden descargarse na páxina web www.concellodegondomar.gal na columna de
“DESTACADOS”.