^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

 

photo_2022-03-03_11-09-14 (6).jpg

Voluntarias de Ecoembes convidaron os locais de Gondomar a sumarse a "Únete o reto", iniciativa á que se adheriu o concello e cuxo obxectivo é mellorar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e aumentar nun 10% os quilos recollidos o ano pasado.


Esta é unha das diferentes accións que desenvolveránse no municipio, entre os meses de marzo e maio, para lograr este reto que se se logra recibirá 2000 euros para destinar a unha ong. 

“Únete ao reto” contempla a instalación temporal de colectores xigantes (4metros de alto por 2 metros de ancho), acompañados de acciónsde información, de comunicación a través das redes sociais ou actividades en centros escolares e sociais para mobilizar ao maior número
de persoas posible.

Ademais “Únete ao reto” contempla a actuación de 17 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizaras accións que se programen nas rúas.

photo_2022-03-03_11-09-15 (3).jpg

photo_2022-03-03_11-09-16 (3).jpg

photo_2022-03-03_11-09-16 (4).jpg

 

photo_2022-03-01_13-00-31.jpg

O concello suspende a celebración do enterro ante as previsións meteorolóxicas prevista para mañá mércores, onde a que a choiva é unha constante durante toda a tarde.

 ABRINDO PORTAS 2022 copia.jpg

Trátase dun programa de fomento á lectura impulsado pola Concellaría de Xuventude e que na súa primeira edición tivo unha gran acollida entre a mocidade á que vai dirixida a iniciativa.

 ​“Abrindo Portas” xurdiu no departamento co fin de motivar á mocidade a ler, amosándolles a través das redes sociais, obras de distintas temáticas que poidan suscitar ou seu interese e lles brinde unha nova experiencia lectora.

​Así cada derradeiro venres de mes presentaranse a través da conta de instragram@omixgondomar tres títulos sobre unha temática concreta, que pode ser sobre a sexualidade, as adiccións, historias de adolescentes ou ciberacoso, entre outras.

​Durante a primeira edición do programa recomendáronse un total de 42 títulos coa colaboración da Librería Libraira e 190 mozos e mozas reaccionaron ás propostas.

A festa animábase este domingo case unha hora antes coa chegada de veciños , veciñas e visitantes dos municipios da contorna que non se querían perder o paso das comparsas e a celebración do tradicional Entroido en Gondomar, suspendido nas últimas edicións como consecuencia da pandemia. Aos poucos queda atrás e os espectadores encheron de luz, cor e moita diversión as rúas do percorrido cos seus disfraces creados e vestidos para a ocasión.
Con dous pregoeiros de luxo, Teo Cardalda e María Monsonís (Cómplices) arrincaba o desfile trala lectura dun texto no que destacaron o carácter acolledor do municipio ao que se
trasladaron hai xa dous anos. Un pistoletazo inicial no que o alcalde, 
Paco Ferreira, agradeceu a implicación de todos e todas para que “o noso entroido siga sendo un referente”. Sete comparsas desfilaron tras abrir o paso un grupo convidado cos seus “Mario Cars de luxe” que fixeron as delicias de moitos. A partir dese momento atravesaron a Praza da Paradela fichas de dominó; coleccións de bonecos; coches de carreira; ximnastas atléticos -ou casi-; deuses e deusas aztecas; un percorrido por diversos entroidos do mundo; e, un reivindicativo ”Conto da Criada”.
Todos os participantes na edición deste ano recibiron un diploma no que se recoñecía a súa participación no desfile, ao perder este ano a condición de concurso.
Centos de persoas congregáronse nas rúas para animar o paso das comparsas e gozar unha vez finalizado o desfile da tarde de música e diversión, amenizada polo dúo D’ Lider.
 
274821025_511683413656477_6280050843805704996_n.jpg274939183_511681513656667_4187725678891503436_n.jpg
274854947_511683740323111_1317509270478620525_n.jpg274807623_511682326989919_46853089283934021_n.jpg
274918771_511683493656469_4995324376022830446_n.jpg274941255_511682526989899_1466845491203330309_n.jpg
 
274818888_511683686989783_400360986019398218_n.jpg
274921510_511687776989374_2767446082896530843_n.jpg
02-29_dia-mundial-de-las-enfermedades-raras.jpg
 
O concello de Gondomar conmemora esta xornada na que asociacións, familias e pacientes reclaman máis investigación e igualdade dos dereitos na sociedade.
 
Gondomar sumarase ao reto #IluminaPorLasEnfermedadesRaras alumando de verde o concello co obxectivo de dar máis visibilidade ás persoas que viven cunha enfermidade rara en España (máis de 3 millóns).

trampas.jpg

As persoas interesadas deberán presentar no rexistro municipal a súa solicitude cubrindo a instancia que se pode atopar na seguinte ligazón:
https://cutt.ly/GPFW1E6.
 
 O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 10 de marzo.
 
 A entrega dos kits (trampa e unha dose de líquido atraínte e información para facer un correcto uso delas) farase en estricta orde de entrada.
 
O concello prosegue coa campaña de erradicación desta especie invasora coa entrega de medios aos apicultores e veciñanza na loita e control da vespa velutina.
_MG_4627.jpg
Gondomar vibrará este Entroido ao compás e música dos preto de 500
participantes nas 8 comparsas que desfilarán polo municipio
O Entroido arrincará o venres 25 co desfile dos escolares sendo o día grande o
vindeiro domingo 27 a partir das 16.30 horas.
Todo preparado xa no concello de Gondomar para celebrar o entroido 2022 que
recupera as súas datas tradicionais, tras dous anos de ausencia. O vindeiro domingo ás
16.30 horas arrincará o desfile de comparsas, que este ano non competirán entre elas e
percibirán unha axuda económica pola súa presenza. Abrirán boca destas festas a
alegría e imaxinación do alumnado e equipo de profesores dos centros escolares do
municipio, co seu desfile este próximo venres 25.
Concretamente o Entroido escolar, toda unha tradición xa no municipio,
quentará os motores. O pavillón municipal Bernabé Costas de Miranda, será o punto
de encontro de preto de 800 alumnos e alumnas do CEIP Chano Piñeiro, IES Auga da
Laxe e Terra Turonio que desfilarán polo centro da localidade, pasando pola Praza da
Paradela, mostrando os seus disfraces confeccionados en clase para a ocasión así
como as coreografías creadas e moi pegadas á actualidade social e musical do
momento.
Desfile de Entroido
O domingo 27 de marzo celebrarase o desfile central do Entroido de
Gondomar cun total de 9 comparsas rexistradas nel, e que cos seus traxes de cores,
ritmos, músicas e alegría traerán ao municipio temáticas diferentes que van desde as
fábricas de xoguetes ás carreiras de fórmula uno pasando polo mundo azteca ou a
conxunción dos entroidos máis tradicionais do mundo nunha mesma comparsas.
Así a agrupación “O millor de cada casa” presentará a temática de
“Queimando roda”, unha fantasía inspirada nas carreiras de coches de fórmula un co
que fan referencia “ás ganas de saír do garaxe tras dous anos encerrados nel coas
pezas renovadas e ganas de pasalo ben.”
“Valla- Gym” é o tema elexido pola comparsa do Centro Veciñal e Cultural de
Valadares que tirará da ironía para representar escenas que un se pode atopar
diariamente nun ximnasio e ao mesmo tempo “baixar uns quilos da amargura cotiá”.
 
Tamén desfilará polas rúas de Gondomar a comparsa Furafollas con
“Misturando Raíces” onde a música, a cor e a alegría ofreceranos un percorrido por
distintos entroidos do mundo, dos máis modernos aos máis tradicionais. Percorrido
histórico diferente o que presenta a Asociación “Os da Casa” que cos seus disfraces
trasladaranos á “Fábrica de xoguetes” onde a infancia adquire un poder relevante
descubrindo xoguetes desde a década dos 60 ata o de agora.
A Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño sumarase ao desfile con “O
circo”, “sinónimo de ledicia e a conxunción e mestura de seres que só poden alegranos
como os pallasos, domadores, mimos, equilibristas…” Ldanzia suma 115 participantes
ao entroido de Gondomar so o seu “Ldanzteka”, rendendo unha homenaxe á
civilización azteka con toda a súa maxia, mitoloxía e colorido.
“O conto da criada” será a temática que desenvolverán os integrantes da
comparsa do Centro Cultural “A Mercé de Chaín”, aos que tamén se sumarán no
desfile a comparsa de Parada do Miñor cunha versión moderna do famoso xogo do
dominó cunha “interpretación divertida coa que queremos sorprender ao público e
pasalo ben”.
O alcalde Paco Ferreira agradece a aposta das asociacións por sumarse e este
desfile no ano no que perde a súa condición de concurso, prestándose axudas
económicas aos participantes que oscilan entre os entre vos 250 e vos 400 euros para
as agrupación que desfilen sen carrozas, dependendo o importe final do número de
integrantes. Non caso de que vaian acompañadas por carroza, entendéndose por ela a
plataforma decorada arrastrada por un vehículo de motor, vos premios oscilarán entre
vos 400 e 550 euros. Cada carroza a maiores que se some á comparsa recibirá unha
axuda de 100 euros.
 
274341785_506344384190380_2391854610267591571_n.jpg
O concello de Gondomar, a través do Fondo Galego de Cooperación do que forma parte, achegará unha axuda de 10.000 euros ao pobo saharahui que permitirá financiar un proxecto ambiental e a contratación de 20 traballadores na zona de Wilaya de Bojador.
 
O proxecto que contará coa axuda do Fondo de Cooperación Galego, no que tamén participará o concello de Nigrán, así como outros municipios de Pontevedra pendentes de confirmación, consiste na implantación dun servizo de recollida de residuos orgánicos e control da auga. Ademais contempla a contratación do persoal necesario e a dotación dos vehículos que permitan e faciliten a execución destas
accións.
 
Durante a estancia na zona e o encontro que o rexedor, Paco Ferreira, mantivo cos seus representantes locais expúxose a importancia que ten o feito de manter o control da potabilidade das augas, a subministración e o seu consumo, algo que non resulta ás veces demasiado sinxelo e supón un verdadeiros problemas de saúde para o pobo saharahui. A iso súmase a falta de servizo de recollida e destrución do lixo que implica dificultades serias para a convivencia e que con este tipo de proxectos que se poñerá en marcha coa financiación que se achegará, poderíase mellorar.

 

 

A alcaldesa en funcións, Iria Lamas, denuncia “que unha vez máis no canto de defender os intereses veciñais ou centrarse nos problemas serios que hai no seo do seu partido, a líder popular, Paula Bouzós, recorra ao ataque do goberno local terxiversando datos e non axustándose á verdade”.

 

Sae así ao paso da información publicada en Faro de Vigo na que se sinala que “embargaron contas a decenas de veciños por un erro de cobranza de recibos”, algo que “é totalmente incerto porque non se recibiu ou presentou ningunha reclamación por esta razón no  concello”. Explica que os embargos emitidos polo ORAL corresponderían a taxas pendentes de pago. 

Desde a primeira reclamación recollida no concello sobre unha posible duplicidade na cobranza de recibos atendéronse “cada unha delas, iniciando os departamentos de intervención e tesourería á vez un repaso exhaustivo e coidadoso do padrón fiscal para emendar calquera erro”, repasando os funcionarios os recibos desde xaneiro do 2018 a decembro de 2020”.

“A portavoz do PP, Paula Bouzós, - afirma a alcaldesa en funcións- antes de falar e emitir denuncias falsas debería confirmar e contrastar a información. Tan fácil como iso. Con todo prefire sementar unha vez máis a dúbida sobre o funcionamento do noso concello e, sobre todo, poñer en cuestión o traballo dos funcionarios que nel desempeñan o seu labor día a día”.

Desde o departamento de intervención e tesourería do concello emendáronse ante o ORAL todos os posibles erros, cun traballo exhaustivo de control de cada un dos recibos empadroados e emitidos en 2018 e 2019. En total remitíronse 481 baixas na cobranza de rede de sumidoiros correspondentes a ese período, e un total de 77 reclamacións en concepto de entrada de garaxes. 

A elas sumaríanse 57 ao detectarse que o erro se debía á existencia dun cambio de titularidade ou que xa non estaban conectados á rede de saneamento, e non foran comunicados oficialmente no seu momento no concello polos afectados.   

Reitera Iria Lamas que non hai constancia de ningunha reclamación por embargo de contas no concello, nin se tramitou ningunha denuncia respecto diso. Nese sentido cualifica de “triste” a actitude da portavoz popular, Paula Bouzós, “que ao non ter armas para poder competir coa correcta xestión que está a realizar o goberno local, recorre a este tipo de estratexias de poñer en marcha o ventilador máis propias do partido no que milita, tal e como podemos comprobar estes días”.  

O municipio miñorano participa xunto con outros 12 concellos galegos, catro de eles na provincia de Pontevedra, na iniciativa “Únete ao reto”, impulsada pola consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ecoembes, co obxectivo de promover a concienciación social e a reciclaxe entre a veciñanza de cada municipio.
 
“Trátase dunha oportunidade fantástica para seguir sumando a prol da defensa do medioambiente, cunha nova acción que segue a liña iniciada polo goberno local de converter Gondomar nun referente de sustentabilidade e exemplo de reciclaxe”, manifestou o alcalde Paco Ferreira.
 
Gondomar, é un dos 5 concellos da provincia Pontevedra, elixidos para sumarse a esta iniciativa que ten como obxectivo principal incentivar aos participantes que incrementen polo menos nun 10% a porcentaxe de achegas ao colector amarelo realizáronse o ano anterior.
 
 A iniciativa desenvolverase entre os meses de marzo e maio e contempla programada unha serie de actuacións a pé de rúa coas que se buscará a implicación da cidadanía para participar de forma activa en mellorar as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e lograr aumentar nun 10% os quilos recollidos o ano pasado.
 
Campaña “Únete ao reto”
 
Baseada en achegar ideas e accións innovadoras contempla a instalación temporal de contendores xigantes (4 metros de alto por 2 metros de ancho), acompañados de accións de información, de comunicación a través das redes sociais
ou actividades en centros escolares e sociais para mobilizar ao maior número de persoas posible.
 
 Ademais “Únete ao reto” contempla a actuación de 17 monitores que se encargarán de informar á xente e dinamizar as accións que se programen nas rúas. Entre as súas funcións enmárcase tamén a de dar a coñecer aos locais de hostalería e resto de establecementos do municipio a importancia de participar no reto. Se Gondomar logra incrementar ese 10% ao que é retado, logrará a cantidade de 2000 euros que poderá destinar a unha causa de acción social que se determine.
 
“Sen dúbida todo é positivo neste reto porque axúdanos a avanzar na reciclaxe e na aposta pola economía circular que apoiamos de forma decidida, á vez que nos permitirá doar a unha asociación sen ánimo de lucro o premio para que poida seguir traballando a favor de sectores que o precisan”, concluíu Paco Ferreira

Rss