^ Ir arriba

novas

Monday, 21 February 2022 17:34

Gondomar vibrará este Entroido ao compás e música dos preto de 500 participantes nas 8 comparsas que desfilarán polo municipio

_MG_4627.jpg
Gondomar vibrará este Entroido ao compás e música dos preto de 500
participantes nas 8 comparsas que desfilarán polo municipio
O Entroido arrincará o venres 25 co desfile dos escolares sendo o día grande o
vindeiro domingo 27 a partir das 16.30 horas.
Todo preparado xa no concello de Gondomar para celebrar o entroido 2022 que
recupera as súas datas tradicionais, tras dous anos de ausencia. O vindeiro domingo ás
16.30 horas arrincará o desfile de comparsas, que este ano non competirán entre elas e
percibirán unha axuda económica pola súa presenza. Abrirán boca destas festas a
alegría e imaxinación do alumnado e equipo de profesores dos centros escolares do
municipio, co seu desfile este próximo venres 25.
Concretamente o Entroido escolar, toda unha tradición xa no municipio,
quentará os motores. O pavillón municipal Bernabé Costas de Miranda, será o punto
de encontro de preto de 800 alumnos e alumnas do CEIP Chano Piñeiro, IES Auga da
Laxe e Terra Turonio que desfilarán polo centro da localidade, pasando pola Praza da
Paradela, mostrando os seus disfraces confeccionados en clase para a ocasión así
como as coreografías creadas e moi pegadas á actualidade social e musical do
momento.
Desfile de Entroido
O domingo 27 de marzo celebrarase o desfile central do Entroido de
Gondomar cun total de 9 comparsas rexistradas nel, e que cos seus traxes de cores,
ritmos, músicas e alegría traerán ao municipio temáticas diferentes que van desde as
fábricas de xoguetes ás carreiras de fórmula uno pasando polo mundo azteca ou a
conxunción dos entroidos máis tradicionais do mundo nunha mesma comparsas.
Así a agrupación “O millor de cada casa” presentará a temática de
“Queimando roda”, unha fantasía inspirada nas carreiras de coches de fórmula un co
que fan referencia “ás ganas de saír do garaxe tras dous anos encerrados nel coas
pezas renovadas e ganas de pasalo ben.”
“Valla- Gym” é o tema elexido pola comparsa do Centro Veciñal e Cultural de
Valadares que tirará da ironía para representar escenas que un se pode atopar
diariamente nun ximnasio e ao mesmo tempo “baixar uns quilos da amargura cotiá”.
 
Tamén desfilará polas rúas de Gondomar a comparsa Furafollas con
“Misturando Raíces” onde a música, a cor e a alegría ofreceranos un percorrido por
distintos entroidos do mundo, dos máis modernos aos máis tradicionais. Percorrido
histórico diferente o que presenta a Asociación “Os da Casa” que cos seus disfraces
trasladaranos á “Fábrica de xoguetes” onde a infancia adquire un poder relevante
descubrindo xoguetes desde a década dos 60 ata o de agora.
A Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño sumarase ao desfile con “O
circo”, “sinónimo de ledicia e a conxunción e mestura de seres que só poden alegranos
como os pallasos, domadores, mimos, equilibristas…” Ldanzia suma 115 participantes
ao entroido de Gondomar so o seu “Ldanzteka”, rendendo unha homenaxe á
civilización azteka con toda a súa maxia, mitoloxía e colorido.
“O conto da criada” será a temática que desenvolverán os integrantes da
comparsa do Centro Cultural “A Mercé de Chaín”, aos que tamén se sumarán no
desfile a comparsa de Parada do Miñor cunha versión moderna do famoso xogo do
dominó cunha “interpretación divertida coa que queremos sorprender ao público e
pasalo ben”.
O alcalde Paco Ferreira agradece a aposta das asociacións por sumarse e este
desfile no ano no que perde a súa condición de concurso, prestándose axudas
económicas aos participantes que oscilan entre os entre vos 250 e vos 400 euros para
as agrupación que desfilen sen carrozas, dependendo o importe final do número de
integrantes. Non caso de que vaian acompañadas por carroza, entendéndose por ela a
plataforma decorada arrastrada por un vehículo de motor, vos premios oscilarán entre
vos 400 e 550 euros. Cada carroza a maiores que se some á comparsa recibirá unha
axuda de 100 euros.