^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

241697184_2910255445903665_1280107824248051593_n.jpg
O pleno deu luz verde ao regulamento que rexer· a acciÛn dos voluntarios e voluntarias en Gondomar, un texto que, entre outras cuestiÛns, incl˙e a creaciÛn dunha bolsa municipal de voluntariado con seguro e formaciÛn para os seus integrantes. A colaboraciÛn poderase desenvolver en diferentes proxectos como os sociais, sanitarios educativos ou ambientais, entre outros. 
 
 
O novo regulamento recolle os dereitos e deberes das persoas que queiran formar parte de actuaciÛns que se consideren dentro do ·mbito da acciÛn voluntaria, a realizaciÛn de acciÛns de interese xeral vinculadas coa acciÛn social e o benestar social, as de natureza sociosanitaria, de defensa dos dereitos humanos, da infancia, das persoas con discapacidade, da efectividade dos dereitos en condiciÛns de igualdade das mulleres, loita contra a pobreza, de cooperaciÛn ao desenvolvemento ou de defensa do Medio Ambiente, entre outras ·mbitos.
 
  ìO obxectivo È lograr un programa transversal para que calquera proposta que se expoÒa dende calquera concellarÌa, ou calquera idea que se nos propoÒa, pÛidase valorar e realizarî, explica o concelleiro de Voluntariado, Brais Misa, que lembra que ìeste regulamento quere sentar as bases necesarias e definitivas para ofrecer a m·xima seguridade xurÌdica dunha actividade que cada vez È m·is frecuente no municipioî.
 
Segundo o texto aprobado, pendente da s˙a publicaciÛn no BoletÌn Oficial da Provincia, poder·n formar parte do voluntariado as persoas maiores de idade, ou  menores a partir dos 12 ìque conten coa autorizaciÛn expresa dos proxenitores ou titores legaisî. En todos os casos valorarase que presenten o perfil adecuado para as tarefas que vaian desenvolver. 
 
Os aspirantes deber·n pasar unha entrevista de admisiÛn na que explicar os motivos polos que queren formar parte do programa de voluntariado municipal, e onde se lles informar· dos diferentes proxectos nos que se poden inscribir, os traballos que deber·n realizar, asÌ como os seus dereitos e obrigaciÛns.
 
Ademais gar·ntese a s˙a formaciÛn antes de iniciar o seu labor dentro do programa asÌ como un seguro durante o desempeÒo do seu traballo a favor da causa elixida. EstablÈcese tamÈn unha comisiÛn de seguimento que se reunir· unha vez ao ano para avaliar as actividades dos voluntarios e voluntarias, asÌ como o resultado das campaÒas nas que se est· traballando. 
 

 photo_2021-09-08_16-23-41.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o presidente da Comunidade de Montes Veciñais de Borreiros, acordaron asinar un convenio que recolle o compromiso do goberno local de acometer esta actuación a cambio da cesión da parcela e as súas instalacións para uso municipal.

 O acordo, que se subscribirá nos próximos días, recolle a necesidade do gobernode contar con máis instalacións deportivas e recreativas para atender a alta demanda destas actividades por parte da poboación, razón pola que a Comunidade de Montes en Mancomún de Borreiros cederá unha parcela (de preto de 2000 metros cuadrados)cunha pista polideportiva e un inmoble -que actualmente úsase para almacenaxe-situadas no Lugar San Martiño, próxima aos núcleos rurais de Monteiro e Lousado.

​Nela existen varias instalacións deportivas que serían acondicionadas e melloradas polo goberno local, cun investivemento de 63.500 euros. Ademais, a cesión contempla unha edificación que se “aproveitará para o seu acondicionamento como vestiarios deportivos vinculados ás instalacións existentes”, que na actualidade carecen deste servizo dificultando na práctica o uso normal das pistas de deporte.

​O alcalde Paco Ferreira e o presidente da Comunidade, Latino Rodríguez, pecharon esta mañá os flocos pendentes e “poñemos así en marcha a nosa colaboración coa parroquia de Borreiros para sacar o maior proveito por e para todos os seushabitantes, así como para o noso municipio”, manifestou o rexedor que lembrou “aospoucos pero sen pausa seguimos traballando por e para Gondomar, para todas e cada unha das súas parroquias”.

​ Neste caso sinalou a importancia de apostar unha vez máis polo deporte e o seuachegamento ás novas xeracións e á poboación en xeral “como unha forma de gozar o tempo libre, pero sobre todo como filosofía de fomentar os hábitos saudables entre a nosa poboación”.

​Ademais da construción dos vestiarios e a mellora das infraestruturas deportivas e de recreo da contorna do edificio, o concello asume durante a vixencia do convenio -4 anos prorroglables por outros tantos- os gastos de conservación ordinarios do citado espazo.

 

Pola súa banda a Comunidade de Montes Veciñais en Mancomún de Borreiroscede o uso gratuito das instalacións “sen prexuízo de utilizar e gozar do terreo”. Tanto o presidente dos comuneiros como o rexedor de Gondomar coincidiron á hora de afirmar “que é un acordo co que gaña a parroquia, gaña todo o municipio” e apostaron por manter a liña de colaboración aberta en próximas actuacións.

 

Tuesday, 07 September 2021 18:48

A CULTURA SEGUE VIVA EN GONDOMAR

 Promo Cantares de Brion.jpg

photo_2021-09-07_12-49-18.jpg

Tomade boa nota porque o programa de cultura do Concello de Gondomar aínda non rematou. Dobre cita o vindeiro sábado 11 de setembro.

Ás 19.00 horas na Praza da Paradela concerto de "Cantares de Brión", e ás 21.30 horas "Cinema na rúa" coa proxección da película "María Solinha" no Parque das Rosas, contando coa presentación e posterior coloquio en directo co director desta longametraxe, Ignacio Vilar.

Máis info: htpss://taquilla.concellodegondomar.gal

#Gondomar #aculturasegue #anosa #onoso

photo_2021-09-07_13-40-35.jpg

Todo preparado para gozar dunha cita clásica do deporte e de Gondomar: a Marcha Cicloturista que organiza o Club Ciclista de Gondomar en colaboración co Concello e que este ano alcanza o seu vixésimo primeira edición.

Todos os interesados/ as en participar aínda están a tempo de inscribirse na páxina www.clubciclistagondomar.org e gozar dun día de deporte xunto a figuras tan recoñecidas como Álvaro Pino, Samuel Blanco e Gustavo Veloso que se sumarán este ano ao pelotón da marcha cicloturista.

Os dorsais recolleranse entre as 08.00 e 09.00 na Praza da Paradela, punto de partida do evento ás 09.30 horas deste domingo 12 de setembro.

#Gondomar #ciclismo #deporte

Tuesday, 07 September 2021 11:09

GONDOMAR, CANTEIRA DE CAMPIÓNS

photo_2021-09-06_12-49-10.jpg

Os nosos mozos e mozas ábrense camiño nas competicións nacionais e demostran a canteira de grandes deportistas que temos en Gondomar.

Desde o Concello felicitamos a Dany Buba, veciño de Gondomar, que se fixo coa terceira posición na categoría de cadetes na IV edición da Copa de España de Enduro, celebrada esta fin de semana na localidade de Adrada en Ávila.

Parabéns, campión¡¡

#Gondomar #deporte #mocidade

Tuesday, 07 September 2021 11:02

FIN DE SEMANA DE ÉXITOS DEPORTIVOS

photo_2021-09-06_12-56-52.jpg

photo_2021-09-06_14-14-48.jpg

Os bolos celtas deron unha nova alegría a Gondomar ao facerse coa victoria do Campionato de España de bolos Celta por equipos de primeira categoría o Club Xunqueira de Gondomar. Parabéns !!

Éxito tamén para a nosa veciña María Isabel Sánchez, do Club de bolos de San Miguel de Gondomar, que xunto á súa compañeira do Club de bolos os Serenos de Tieno-Asturias, lograron o bronce no campionato de España por parellas. Bravo campioas!!!

#Gondomar #deporteetradicion ???

​Desde a concellería de Benestar insístese na necesidade de que todos os usuarios do servizo déanse de alta antes de iniciar o curso, así como que os demandantes do Servizo pasen polas dependencias municipais para comprobar se llo adxudicaron ou non. 

 ​A súa instalación é moi intuitiva e unha vez accédese ao rexistro da aplicación os usuarios deberán introducir o DNI e o correo electrónico (de nai ou pai) tras o que aparecerán datos para a súa confirmación ou modificación, aceptando a operación unha vez concluída para activala. No caso de novos usuarios tras completar eses mesmos pasos deberán introducir un código que se lles remitiu por carta.

​Calquera dúbida ou dificultade que poida xurdir poderase liquidar a través docorreo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., para garantir que o servizo está correctamente instalado, ao ser unha das condicións que se impoñían nas bases de concesión das subvencións municipais para optar ao comedor escolar. 

​Con “Colechef” búscase centralizar nunha única aplicación toda a información e xestión dos comedores escolares, facilitando a relación con titores e titoras. Ofreceraseinformación detallada de cada neno ou nena de forma visual, sobre os menús que se serven diaria e mensualmente, cos datos nutricionais e alérxenos de cada un deles.

​Por outra banda, poderanse coñecer de primeira man as propostas de menú adaptado ás intolerancias alimentarias ou dietas especiais que os pequenos ou pequenaspoidan requirir no algún momento. Tamén se poderán consultar rectas equilibradas para as ceas e recomendacións de xantares saudables.

​Ademais, permitirá realizar as xestións de forma rápida, tanto as puntuais oufrecuentes como as que xorden de maneira inesperada; rexistrarse para iniciar algún dos servizos, comunicar altas, baixas ou modificacións ou xestionar a asistencias extra ouausencia ao comedor.

A actividade, organizada e financiada polo Concello de Gondomar, propón percorrer o Camiño portugués pola costa en catro etapas que permitirán aos participantes recibir a Compostela unha vez cheguen a Santiago.

 Ben cedo e con moitas ganas de gozar da experiencia os algo máis  50 peregrinos que se sumaron á actividade, organizada pola Concellería de Turismo,  poñíanse en marcha desde o Auditorio Municipal Lois Tobío para cubrir a primeira etapa Gondomar-Vigo, na que percorrerán un pequeno tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte para sumarse ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán, roteiro que seguirán xa durante toda a peregrinación.

Ese camiño, de algo mais 100 quilómetros, é o que cubrirán en catro etapas na que cada sábado de setembro percorrerán preto de 30 quilómetros como media, cubrindo así a segunda etapa o día 11 de setembro o tramo Vigo-Pontevedra; o día 18 de setembro, Pontevedra-Valga e,  finalizar, o  día 25 de  setembro  cubrindo ou tramo  Valga-Santiago de Compostela.

Cada  xornada un autobús desprazará aos participantes desta actividade ata o seu regreso a Gondomar  unha vez completada cada etapa, e viceversa. Ademais irán acompañados en todo momento de vehículos de apoio loxístico, persoal da organización por calquera imprevisto que poida xurdir e contarán con varios puntos de refresco, con froita, auga e doces.

Dende a concellería lémbrase que, como en todas as actividades que se veñen realizando dende o goberno, respectaranse en todo momento as medidas de prevención fronte a Covid, e para seguir garantindo a seguridade, facilitaráselle unha mascara a cada peregrino antes de cada etapa.

A organización deste evento responde á demanda que moitos veciños e veciñas fixeron chegar a concellería interesados en facer o Camiño de Santiago coincidindo co ano Santo, percorrido “que en cada etapa cubriremos sempre tendo as características e necesidades do grupo”.

5c8f62aa-c10c-4976-af64-757fcfd59871.jpg

04785501-f6bf-4507-a348-7f47e4c832ab.jpg

35aea7d6-3e38-41cc-9c60-ceb01d65fa52.jpg

5d3ed271-b542-45bd-a23c-09faf399fcee.jpg

39ab8861-ddfa-4f7e-8a14-49f7a2578fcb.jpg

Durante toda a fin de semana o concello de Gondomar será a sede da Danza coa presenza de artistas e compañías que participan no programa de o Festival de Danza Corpo a Terra que chega a súa décima primera edición. O fa estreando ubicación despois de unha década instalado en Ourense e desprazándos agora ata o concello de Gondomar.

Durante dous días poderemos gozar das diferentes expresión artísticas que a danza propón e presenciar representación nomidadas a sete premios Max ou que a súa estrea é aquí en Gondomar. As entradas podedes reservalas na páxina htpss:/ taquilla.concellodegondomar.gal.  Consultade o programa e bulide¡¡

hl-3462406032.jpg

hl-3462406033.jpg

hl-3462406035.jpg

hl-3462406034.jpg

Máis de 150 persoas achegáronse hoxe ata a Praza Paradela para seguir en directo o debut da deportista nos Xogos Paralímpicos de Tokio.

 “Dános igual o resultado, xa é a nosa campioa”, así valorou o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a actuación de Desirée Vila, veciña do municipio, nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020 na proba de salto de lonxitude  T63 na que quedou en sexto lugar. “É todo un exemplo a seguir e nosa mellor embaixadora algo que queremos recoñecer desde este goberno propoñendo que o pavillón municipal de deportes de Donas leve o nome de Desiré Vila”.

A esta proposta sumou o feito de propoñela como madriña da próxima Gala do Deporte “que esperemos poder celebrar con total normalidade xa o ano que vén”. O rexedor desexoulle todos os éxitos que “se merece esta gran persoa, exemplo de superación a seguir” e engadiu que “todos e todas a queremos moito, como proban as máis de 100 persoas que se reuniron hoxe aquí para animala desde a súa localidade”.

Familiares, amigos e representantes do goberno local seguiron desde as 12.00 do mediodía que se retransmitía a través dunha pantalla xigante en directo. Un público que lucía camisetas de apoio deseñadas pola concellería de Deportes e repartidas entre os asistentes que non se quixeron perder a competición de Desirée.

Unha situación que podería repertirse o vindeiro sábado, coincidindo co paso da Volta Ciclista de España polo municipio, se Desirée Vila logra clasificarse para a final dos 100 metros lisos, que se podería seguir, de novo, nunha pantalla xigante na Praza Paradela a partir das 13.30 horas.  

2O4A0702.jpg
  2O4A0678.jpg
 2O4A0793.jpg
2O4A0808.jpg
2O4A0801.jpg

 

Rss