^ Ir arriba

novas

Monday, 06 September 2021 10:47

Máis de medio centenar de peregrinos parten dende Gondomar para cubrir o  Camiño de Santiago por etapas

A actividade, organizada e financiada polo Concello de Gondomar, propón percorrer o Camiño portugués pola costa en catro etapas que permitirán aos participantes recibir a Compostela unha vez cheguen a Santiago.

 Ben cedo e con moitas ganas de gozar da experiencia os algo máis  50 peregrinos que se sumaron á actividade, organizada pola Concellería de Turismo,  poñíanse en marcha desde o Auditorio Municipal Lois Tobío para cubrir a primeira etapa Gondomar-Vigo, na que percorrerán un pequeno tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte para sumarse ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán, roteiro que seguirán xa durante toda a peregrinación.

Ese camiño, de algo mais 100 quilómetros, é o que cubrirán en catro etapas na que cada sábado de setembro percorrerán preto de 30 quilómetros como media, cubrindo así a segunda etapa o día 11 de setembro o tramo Vigo-Pontevedra; o día 18 de setembro, Pontevedra-Valga e,  finalizar, o  día 25 de  setembro  cubrindo ou tramo  Valga-Santiago de Compostela.

Cada  xornada un autobús desprazará aos participantes desta actividade ata o seu regreso a Gondomar  unha vez completada cada etapa, e viceversa. Ademais irán acompañados en todo momento de vehículos de apoio loxístico, persoal da organización por calquera imprevisto que poida xurdir e contarán con varios puntos de refresco, con froita, auga e doces.

Dende a concellería lémbrase que, como en todas as actividades que se veñen realizando dende o goberno, respectaranse en todo momento as medidas de prevención fronte a Covid, e para seguir garantindo a seguridade, facilitaráselle unha mascara a cada peregrino antes de cada etapa.

A organización deste evento responde á demanda que moitos veciños e veciñas fixeron chegar a concellería interesados en facer o Camiño de Santiago coincidindo co ano Santo, percorrido “que en cada etapa cubriremos sempre tendo as características e necesidades do grupo”.

5c8f62aa-c10c-4976-af64-757fcfd59871.jpg

04785501-f6bf-4507-a348-7f47e4c832ab.jpg

35aea7d6-3e38-41cc-9c60-ceb01d65fa52.jpg

5d3ed271-b542-45bd-a23c-09faf399fcee.jpg

39ab8861-ddfa-4f7e-8a14-49f7a2578fcb.jpg