^ Ir arriba

novas

Tuesday, 07 September 2021 18:44

NOVA CITA COA MARCHA CICLOTURISTA DE GONDOMAR, NA SÚA VIXÉXIMO PRIMEIRA EDICIÓN.

photo_2021-09-07_13-40-35.jpg

Todo preparado para gozar dunha cita clásica do deporte e de Gondomar: a Marcha Cicloturista que organiza o Club Ciclista de Gondomar en colaboración co Concello e que este ano alcanza o seu vixésimo primeira edición.

Todos os interesados/ as en participar aínda están a tempo de inscribirse na páxina www.clubciclistagondomar.org e gozar dun día de deporte xunto a figuras tan recoñecidas como Álvaro Pino, Samuel Blanco e Gustavo Veloso que se sumarán este ano ao pelotón da marcha cicloturista.

Os dorsais recolleranse entre as 08.00 e 09.00 na Praza da Paradela, punto de partida do evento ás 09.30 horas deste domingo 12 de setembro.

#Gondomar #ciclismo #deporte