^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Toma medidas Gondomar.jpg 

O concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, poñerá á disposición da veciñanza un servizo de información e asesoramento aos que se lles comunique oficialmente as súas obrigacións respecto ao mantemento das súas parcelas.

 ​A Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estipula que os titulares de  terreos  forestais teñen a obrigación de realizar a  limpeza das parcelas máis próximas ás vivendas, antes do 31 de maio de cada ano.

 Finalizado dito prazo legal, e en virtude  do convenio subscrito no seu día pola Xunta, FEGAMP e a empresa pública SEAGA, ao cal está subscrito o Concello de Gondomar, dita empresa procedeu nas últimas semanas á inspección dun total de 13.500 parcelas incluídas dentro das faixas secundarias de xestión de biomasa dos núcleos definidos no PMPDCIF. Os propietarios coñecidos recibirán nos vindeiros días unha comunicación oficial para que asuman as súas obrigas e rocen, clarexen  e/ou corten o arborado prohibido nas zonas revisadas.

 Servizo de información con cita previa

 O concello de Gondomar poñerá un servizo de información e asesoramento ádisposición de aquelas persoas que reciban a citada comunicación e precisen aclarar calquera dúbida que poida xurdirlles. Para iso será imprescindible solicitar cita previachamando ao teléfono 678 874979 ou 647 857972. Os días de atención ao público serán luns, mércores e venres de 09.00 a 12.00 horas na Concellería de Medio Ambiente.

 

 

 

photo6046609544227959012.jpg

 

O rexedor do municipio lamenta “as acusacións infundadas, coacctivas e inxuriosas de maneira premeditada contra a súa persoa e cargo” por parte da Plataforma de Afectados de o polígono Garrida-A Pasaxe, faltando a verdade como diciendo que o proxecto de urbanización da Fase I do polígono de A Pasaxe foi anulado por sentenza, cando saben que non é verdade, ou confundido a ciudadanía entre o desenvolvementoda Fase I polo Concello, coa Fase II pola Zona Franca de Vigo, ou mezclando a polígono de A Pasaxe actual co futuro polígono de Valadares que pretende desarrollar o Concello de Vigo. 

“Non entendemos que busca AGAPA con entorpecer un polígono coma o noso, vital para o desenvolvemento económico da comarca e a legalización do mesmo de máis de 50 anos esperando que chegue este momento. Ata o punto de difamar, mentir eamenazarme por algo que estamos a facer de maneira legalmente escrupulosa”. 

​Paco Ferreira quere deixar claro que “a sentenza xudicial en ningún momento declara nulo o proxecto de urbanización do Polígono da Pasaxe, só que se expoña por un mes e se elabore o informe de evaluación ambiental simplificado, mantendo intactas o resto de actuacións para continuar co procedemente. Por outra bando respetamos a sentenza, ainda que non a compartimos, por iso foi recurida a TSXJ.

​Tramites que xa están en marcha e “estamos a cumprir porque desde o concello somos respectuosos coa xustiza e coa legalidade como nadie”, aclara Paco Ferreira.

 Segunda fase da ampliación

​Respecto a as obras denunciadas pola plataforma, as máis próximas ao termo municipal de Vigo, como elementos patrimoniais, a conca hídrica da devandita área, o río Calvo ou o Túnel de Valadares, Paco Ferreira lembra “que seben que iso nada ten que ver coas obras que debe executar o concello de Gondomar. Esas actuaciónspertencen á II Fase de ampliación, pendente da firma dun convenio entre o concello e a Zona Franca, ente estatal que será o que no seu momento realice os trámites precisos necesarios e expropiacións para continuar coa ampliación do polígono nesta fase, aíndaparalizada”.

​“Nada que ver con con a Fase I que só contempla a reordenación e legalización das naves do polígono, proxecto que -insiste- non foi anulado pola xustiza, como querenfacer ver”. Respecto a a acusación de paralizar a actividade dunha nave, cabe lembrar, que se atopa situada en chan rústico, competencia urbanística da Axencia de Protección da Legalidade urbanística de Galicia (APLU) a quen se lle remitiu o expediente o 17 de agosto do 2020.

​Na súa resposta a “APLU recoñece que o construído non é incompatible co uso do chan e que é competencia da administración local a licenza para desenvolver a actividade. En base a iso o goberno local, a través do seu departamento de Urbanismo, ao carecer de licenza, resolve o 23 de marzo a paralización da nave, e ao día seguintesolicítase a Fenosa e a concesionaria de auga o corte de subministración, cumprindo con todos os trámites necesarios”. 

 Judialización do proxecto

“Por tanto, é mentira acusarme de omisión como alcalde porque todos os procedementos legais cubríronse. Eles sábeno e téñenos ao seu alcance.” Datos e información que “desde o minuto uno en que nola solicitaron tivérona, tanto a este respecto como co da Fase I de reordenación do Polígono porque en todo momento estivemos abertos ao diálogo coa Plataforma con cuxos representantes non reunimos en reiteradas ocasión”. 

​“É unha mágoa que, unha vez máis, búsquese xudicializar un asunto tan importante para o noso concello e para o desenvolvemento económico das súasempresas e a comarca, sen ningún tipo de reparo por faltar á verdade para conseguilo”, afirma Paco Ferreira, quen non descarta poder “iniciar accións legais contra a Plataforma de Afectados polo Polígono Garrida-Pasaxe, por coaccións e inxurias contra a miña persoa”.

Monday, 27 September 2021 17:53

Gondomar completa el Camino de Santiago

photo_2021-09-27_09-48-36.jpg

 

Preto de medio centenar de  veciños e  veciñas de Gondomar completaron este sábado a  súa  peregrinaxe ata a capital de Galiza, chegando a Praza do Obradoiro e logrando a  súa Compostela  na Catedral de Santiago, que foron recibidos a súa chegada polo alcalde do municipio, Paco Ferreira. 

 Con moitas risas e momentos inesquecibles ás súas costas este grupo de veciños e veciñas poñen punto e final á peregrinación por etapas que arrincaba de Gondomar o pasado día 5 de setembro, xornada na que cubriron a distancia que separa a vila de Vigo, percorrendo un pequeno tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte para sumarse posteriormente ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán, roteiro que manterían nas seguintes etapas.

​Sen que fraqueasen as forzas e compartindo momentos e anécdotas durante todo o camiño completaron cada sábado do mes un tramo diferente. Desta forma fixeron un total de 100 quilómetros tras cubrir o resto de etapas: Vigo-Pontevedra, Pontevedra- Valga e, finalmente, este sábado os últimos pasos que os separaban de Santiago de Compostela.

 Acompañados pola Concelleira de Turismo, Rocío  Goberna, os e as participantes mostraron a súa satisfacción por lograr o seu obxectivo e agradeceron ao Concello de Gondomar, responsable da organización e financiamento da actividade, a súa implicación en todo momento para facilitarlle o percorrido, así como o poder peregrinar a Santiago coincidindo coa celebración do Ano santo.

242893058_2920676704861539_8164294780606250039_n.jpg

O vindeiro domingo 26 de setembro ás 12.00 horas na Praza Paradela poderemos gozar do repertorio da Unión Musical de Coruxo (Vigo), dentro do programa "O País das Bandas", promovido pola Federación Galega de Bandas Musicais Populares e o goberno galego.

"O País das bandas" quere ser o motor para a recuperación da actividade bandística da comunidade, de maneira que entre xullo e setembro programáronse preto de 100 concertos cun total de 77 agrupacións.

Este domingo en Gondomar turno para gozar coa actuación da Unión Musical de Coruxo. Esperámosvos.

#Gondomarécultura #aculturasegue

 

 2O4A5113.jpg

O Concello, en colaboración coa concesionaria, facilitarán unha app de incidencias para que a veciñanza as poida comunicar de forma directa, ademais desenvolverá unha campaña informativa e de concienciación sobre o labor que se está realizando desde a chegada da nova concesionaria hai dous anos.

 A instalación de máis de mil contedores novos, a modernización da frota de camións, a ampliación e adecuación do punto limpo, a promoción da reciclaxe entre a veciñanza con reparto de máis de 300 composteiros, ou, localización de contedores de pilas e material contaminante son algúns dos moitos cambios que o servizo de limpeza de Gondomar introduciu coa chegada da nova concesionaria no ano 2019.

“Un dos nosos obxectivos era poñer fin ao caos que nesta  materia arrastraba a localidade durante gobernos anteriores e lográmolo”, afirma o alcalde Paco Ferreira, quen lembra que “por primeira vez fomos recoñecidos coa Escoba de Prata”. Esforzo que vai máis aló “de lograr que a vila luza limpa se non que segue no camiño da máxima implicación para converternos nun referente de sustentabilidade”.

Desde a concellería de Medio Ambiente dáse un paso máis para lembrar que neste labor é precisa a implicación da poboación polo que se poñerá en marcha unha campaña específica de información e unha  app para “chamar á responsabilidade  colectiva e sensibilizar á veciñanza sobre as boas e malas prácticas, así como sobre o papel transcendental que xogan na mellora do servizo de  limpeza e recollida, e no mantemento de Gondomar”. 

 App de avisos e incidencias

 A Concellería de Medio Ambiente xunto á concesionaria facilitarán unha aplicación aos veciños para que a instalen nos seus teléfonos e desde a que poderán comunicar de forma directa e sinxela calquera aviso e incidencias relacionados coalimpeza viaria e recollida de residuos. 

 “Buscamos facilitar ao máximo a resposta aos problemas ou demandas dos veciños”, afirma o edil Brais Misa, quen explica que o deseño do interface será sinxelo e intuitivo e que en cinco pasos complétase: localización automática da dirección; documentar a incidencia cunha fotografía; tipificala; incluír un comentario opcional e finalmente enviar a información. 

 Ao mesmo tempo desenvolverase unha campaña de información e sensibilización para “tratar de que cada vez sexan máis os que coñezan a existencia do punto limpo, e o seu funcionamento” que irá acompañada dun cambio de serigrafíasnos colectores “con mensaxes de concienciación e sobre o correcto uso de cada un de eles”. Por último, engade o reparto de folletos informativos “sobre a recollida de  residuos no punto limpo e o funcionamento da nova  app”.

 Limpeza mediante  decapado zonas peonís

 Coincidindo con esta campaña a concesionaria realizará un servizo especial de limpeza mediante  decapado nas principais zonas peonís e de recreo de centro urbano co fin de “crear un impacto visual de  sucidade “0”. Desenvolverase en 10 xornadas de traballo dun equipo composto por un condutor-operario e unha máquina decapadora de 1.500 litros de capacidade de auga para a limpeza en profundidade de beirarrúas e zonas peonís, equipada cunha bomba de alta presión. Unha vez finalizado o traballo serealizarán seguimentos para analizar o comportamento desde a poboación, desde un punto de vista cívico e de cumprimento da ordenanza pública de limpeza”.

 2O4A5095.jpg

2O4A5115.jpg

 

Friday, 24 September 2021 13:32

Novas axudas para o sector da hostalaría

Ábrse unha nova liña de axuda para a hostalaría galega que ten por obxectocontribuír á recuperación de destinos turísticos a través de axudas ao sector para a promoción da dixitalización e o marketing dixital para o ano 2021. Serán entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas oucon persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.  

 Máis información na LIGAZON:

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210924/AnuncioG0256-230921-0001_gl.pdf

unnamed.png

? Ola veciñ@!!!

? Preocúpache o #cambioclimatico?

? Es dos que pensan que con pequenos xestos podemos mudar a conciencia dos cidadáns en favor dun planeta máis #sustentable?

? Gostaríache axudar á política medioambiental do teu Concello e que #Gondomar reduza a sua pegada de carbono cumprindo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da #ONU?

? Pois xa estás tardando!!!

? Só che roubaremos cinco minutos.

? Cubre o seguinte FORMULARIO. As respostas achegaranse ao equipo redactor do #PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable) de Gondomar, que incorporará o parecer da veciñanza ao documento que rexirá a nosa folla de ruta para reducir as emisións de gases á atmósfera nos vindeiros dez anos.

? Participa e convirte Gondomar nun actor máis contra o cambio climático!!

photo_2021-09-20_14-39-32.jpg

 

Este luns reincorporáronse a ximnasia de mantemento os usuarios e usuarias que viron interrompida esta actividade como consecuencia da pandemia vivida no ano 2020 e a volta á normalidade paulatina posterior.

 ​Aos poucos logrouse e de novo recuperan a cita que semanalmente teñen no Pavillón Municipal de Deportes de Gondomar cos hábitos saudables. Un total de 80 participantes, que se exercitan en dúas quendas durante unha hora e realizan diversos exercicios, guiados por unha monitora, que lles permiten manterse en forma.

​A concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, achegouse ata o pavillón para darllesa benvida e felicitarlles por apostar polo deporte como unha forma de seguir activos edemostrar que os maiores teñen moito que facer e ensinar aínda.

​A actividade de ximnasia de mantemento desenvolvese os luns e mércores de 10.30 a 11.30 horas e de 11.30 a 12.30 horas, mantendo as medidas de seguridadesanitaria vixentes na actualidade. Desde a concellería lémbrase que o próximo mes de xaneiro abrirase prazo para novas inscricións.

FOTO PROYECTO RÍOS 2021.jpg

O concello de Gondomar adhírese un ano máis ao “Proxecto Ríos” e á limpeza simultánea que os seus organizadores, a asociación ambiental ADEGA, desenvolverán o próximo 26 de setembro en diferentes municipios de Galicia. 

 Dentro da aposta clara do goberno local por fomentar iniciativas que permitan defender o medioambiente e a contorna natural, nesta ocasión a actividade será coordinada pola concellería de Medio Ambiente dende a que se anima á veciñanza que se sume á limpeza dos ríos Zamáns e Miñor.

Os interesados en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 986 360125 ou no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., onde deberán deixar o seu nome e apelidos completos e o DNI. No caso de menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto que se responsabilice deles.

A limpeza comezará ás 10.00 da mañá do domingo 26 de setembro e o punto de encontro será a Ponte das Ánimas. Os voluntarios e voluntarias recibirán máscaras,unha camiseta conmemorativa do evento, bolsas e luvas, así como unha pequenamerenda, ofrecida polo concello, ao remate da actividade. 

Dende a concellería sublíñase a importancia destas accións como un elemento fundamental para a educación e sensibilización ambiental dos cidadáns. “A pesar dos avances logrados nos últimos anos e a mellora da calidade dos nosos ríos, “queda moito traballo que facer”, afirma o edil Brais Misa, quen lembra que nese camiño continuará actuando o goberno local. 

Na edición do pasado ano do “Proxecto Ríos” os voluntarios retiraron un total de 800 quilos de residuos das ribeiras e do leito do río Miñor e as desembocaduras do Zamáns e do Morgadáns.

FOTO PROYECTO RÍOS 2021.jpg

O concello de Gondomar adhírese un ano máis ao “Proxecto Ríos” e á limpeza simultánea que os seus organizadores, a asociación ambiental ADEGA, desenvolverán o próximo 26 de setembro en diferentes municipios de Galicia. 

 Dentro da aposta clara do goberno local por fomentar iniciativas que permitan defender o medioambiente e a contorna natural, nesta ocasión a actividade será coordinada pola concellería de Medio Ambiente dende a que se anima á veciñanza que se sume á limpeza dos ríos Zamáns e Miñor.

Os interesados en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 986 360125 ou no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it., onde deberán deixar o seu nome e apelidos completos e o DNI. No caso de menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto que se responsabilice deles.

A limpeza comezará ás 10.00 da mañá do domingo 26 de setembro e o punto de encontro será a Ponte das Ánimas. Os voluntarios e voluntarias recibirán máscaras,unha camiseta conmemorativa do evento, bolsas e luvas, así como unha pequenamerenda, ofrecida polo concello, ao remate da actividade. 

Dende a concellería sublíñase a importancia destas accións como un elemento fundamental para a educación e sensibilización ambiental dos cidadáns. “A pesar dos avances logrados nos últimos anos e a mellora da calidade dos nosos ríos, “queda moito traballo que facer”, afirma o edil Brais Misa, quen lembra que nese camiño continuará actuando o goberno local. 

Na edición do pasado ano do “Proxecto Ríos” os voluntarios retiraron un total de 800 quilos de residuos das ribeiras e do leito do río Miñor e as desembocaduras do Zamáns e do Morgadáns.

Rss