^ Ir arriba

novas

Tuesday, 28 September 2021 20:29

Gondomar  inspeccionou  máis de 13.500 parcelas  recollidas no Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais

Toma medidas Gondomar.jpg 

O concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, poñerá á disposición da veciñanza un servizo de información e asesoramento aos que se lles comunique oficialmente as súas obrigacións respecto ao mantemento das súas parcelas.

 ​A Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, estipula que os titulares de  terreos  forestais teñen a obrigación de realizar a  limpeza das parcelas máis próximas ás vivendas, antes do 31 de maio de cada ano.

 Finalizado dito prazo legal, e en virtude  do convenio subscrito no seu día pola Xunta, FEGAMP e a empresa pública SEAGA, ao cal está subscrito o Concello de Gondomar, dita empresa procedeu nas últimas semanas á inspección dun total de 13.500 parcelas incluídas dentro das faixas secundarias de xestión de biomasa dos núcleos definidos no PMPDCIF. Os propietarios coñecidos recibirán nos vindeiros días unha comunicación oficial para que asuman as súas obrigas e rocen, clarexen  e/ou corten o arborado prohibido nas zonas revisadas.

 Servizo de información con cita previa

 O concello de Gondomar poñerá un servizo de información e asesoramento ádisposición de aquelas persoas que reciban a citada comunicación e precisen aclarar calquera dúbida que poida xurdirlles. Para iso será imprescindible solicitar cita previachamando ao teléfono 678 874979 ou 647 857972. Os días de atención ao público serán luns, mércores e venres de 09.00 a 12.00 horas na Concellería de Medio Ambiente.