^ Ir arriba

novas

Monday, 27 September 2021 17:53

Gondomar completa el Camino de Santiago

photo_2021-09-27_09-48-36.jpg

 

Preto de medio centenar de  veciños e  veciñas de Gondomar completaron este sábado a  súa  peregrinaxe ata a capital de Galiza, chegando a Praza do Obradoiro e logrando a  súa Compostela  na Catedral de Santiago, que foron recibidos a súa chegada polo alcalde do municipio, Paco Ferreira. 

 Con moitas risas e momentos inesquecibles ás súas costas este grupo de veciños e veciñas poñen punto e final á peregrinación por etapas que arrincaba de Gondomar o pasado día 5 de setembro, xornada na que cubriron a distancia que separa a vila de Vigo, percorrendo un pequeno tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte para sumarse posteriormente ao Camiño Portugués pola Costa ao chegar a Nigrán, roteiro que manterían nas seguintes etapas.

​Sen que fraqueasen as forzas e compartindo momentos e anécdotas durante todo o camiño completaron cada sábado do mes un tramo diferente. Desta forma fixeron un total de 100 quilómetros tras cubrir o resto de etapas: Vigo-Pontevedra, Pontevedra- Valga e, finalmente, este sábado os últimos pasos que os separaban de Santiago de Compostela.

 Acompañados pola Concelleira de Turismo, Rocío  Goberna, os e as participantes mostraron a súa satisfacción por lograr o seu obxectivo e agradeceron ao Concello de Gondomar, responsable da organización e financiamento da actividade, a súa implicación en todo momento para facilitarlle o percorrido, así como o poder peregrinar a Santiago coincidindo coa celebración do Ano santo.