^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Tuesday, 30 November 2021 14:10

II MERCADO DE NADAL

 
CARTEL-A3.jpg
Descubride que se oculta tras as páxinas de "Dedas", un libro ilustrado dirixido a nenas e nenos de 1 a 6 anos, cun divertido contacontos desta bela historia que se desenvolverá no Centro Neural este sábado 04 de decembro a partir das 17.00 horas. Ilustracións de cor e poesía na que a musicalidade e repetición converten esta obra en algo entretido e divertido que non esquece o seu fin didáctico, sempre presente nos obxectivos das súas creadoras Soledad García (escritora), Laine Villero (ilustradora) e Natalia Guisande (responsable do deseño).
 
Esperámosvos!!
 
 
VIII CAMPUS NADAL.png
 
Entre os días 27 e 30 de decembro o concello de Gondomar celebrará unha nova edición do Campus Nadal Solidario, promovido pola concellaría de Deportes, e que xunta a diversión para os máis novos e novas cos hábitos saudables e os valores da solidariedade.
 
O VIII Campus Nadal Solidario abre o seu prazo de inscricións este luns 29 de novembro e permanecerá aberto ata o 22 de decembro para cubrir as 70 prazas que se poñen ao dispor das familias de Gondomar como unha das alternativas para favorecer a conciliación durante as datas do Nadal.
 
“É unha das preocupacións que neste goberno sempre temos presente e desde as concellerías trabállase para atender esta demanda ofrecendo sempre actividades nas que os máis novos e novas ademais de divertirse tamén aprenden valores necesarios para o seu desenvolvemento como o compañeirismo, hábitos saudables ou
a solidariedade, entre outros”, sinala o alcalde Paco Ferreira.
 
A única condición para poder inscribirse será a de achegar como mínimo 2 quilos de alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos municipal “porque nestas datas, máis que nunca, non podemos esquecernos daqueles que se atopan nunha situación vulnerable”.
 
Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que durante os catro días do campamento poderán participar en distintas actividades deportivas, descubrindo as súas habilidades en deportes que descoñecían ou mesmo achegarse a novas modalidades, á vez que se divirten. Como en anos anteriores, tamén se programa unha excursión.
 
As inscricións realizaranse no pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda, entre ás 17.00 horas e ás 19.00 horas. 
 
Máis información no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou o teléfono 986 360 305.
Friday, 26 November 2021 10:13

CONCURSO DE DECORACIÓN

 

Concurso Decoración.jpg

As Concellerías de Comercio, Turismo e Cultura do Concello de Gondomar, organizan o 1º Concurso de decoración de Nadal no municipio coa intención de fomentar a participación cidadá no embelecemento e ornamentación da vila nestas datas, facendo complices tanto ao pequeño comercio local como a veciñanza coas súas vivendas particulais.


Mediante este concurso, queremos promover a creatividade e deixar voa a imaxinación, potenciar o ambiente de Nadal e crear unha armonía que faga do noso municipio un atractivo para os visitantes. Para iso, a temática escollida nesta ocasión é “A FÁBRICA DO NADAL”, e nela ten cabida todo tipo de elementos navideños e cores.

 

BASES

ANEXO I

ANEXO II

 

 

photo_2021-11-24_13-44-29 (4).jpg
 
O Concello de Gondomar, un ano máis, a través do departamento de Igualdade editou un calendario dedicado ás mulleres as que a historia negou o seu recoñecemento. Este ano ocuparán as súas páxinas mulleres galegas que abriron camiño e foron pioneiras
en ámbitos negados a elas como pode ser a investigación, as matemáticas ou a aviación.
 
Coincidindo cos actos do 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un ano máis se repartirán en Gondomar calendarios do próximo ano cuxo obxectivo fundamental, como nas dúas últimas edicións, é visibilizar a aquelas mulleres que durante anos a historia negou o seu papel nela.
 
Se o 2020 foi un almanaque dedicado a mulleres representativas na loita de igualdade de oportunidades e dereitos femininos, o 2021 ocuparán as súas follas aquelas que, rompendo todos os estereotipos establecidos pola sociedade, abriron camiño con grandes achegas históricas.
 
Así desde xaneiro a decembro poderemos descubrir nomes como o da pontevedresa Elsa Patiño, primeira muller en pilotar un avión en Galicia; o da matemática e astrónomoma, Antonia Ferrín; Olimpia Valencia, a primeira médica galega; María Casares, actriz de cinema e teatro que chegou a ser moi cotizada en escenarios franceses; ou Ángeles Alvariño, primeira muller galega que, como científica, viaxou a bordo dun barco de investigación, entre outras.
 
Os calendarios, financiados con fondos del Ministerio de Igualdade, dentro do marco do Paco de Estado contra a violencia de xénero, poderanse recollerse este xoves na Praza Paradela (entre as 11.00 e 13.00 horas), coincidindo coas actividades centrais do día, e despois no Rexistro Municipal do concello de Gondomar

NO NADAL MERCA EN GONDOMAR.jpg

A Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar organiza unha nova Campaña de Nadal de apoio ao comercio local co fin de concienciar a veciñanza da importancia de realizar as compras no comercio local de Gondomar, e axudar a contribuir no desenvolvemento económico, social e dinamizador do noso Concello.

 

BASES

ANEXO I

ANEXO II

CARTEL

 

 
2O4A4344.jpg
 
Alumnado de 4 da ESO do IES Terra Turonio protagonizaron este martes unha das actividades organizadas pola Concellaría de Igualade dentro do programa elaborado con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo día 25 N. A través dunha representación teatral enfrontáronse a preguntas que os e as situaban ante a violencia machista.
 
A actriz e autora, Mónica Sueiro, representou a súa peza Des-Alento, unha acción escénica que aborda os malos tratos psicolóxicos, orixe en moitas ocasións de casos que finalizarán no maltrato físico. A obra transista entre o ámbito metafórico e simbólico para finalizar compartindo coas mozas e mozos unha vivencia de violencia do pasado persoal, vivida pola propia actriz.
 
A representación, financiada con fondos do Ministerio de Igualade a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, busca implicar ás novas xeracións na identificación dos distintos tipos de violencia que existen o seu redor, facendo fincapé no control psicolóxico que se exerce, en máis ocasión das que pensan, sobre as mulleres.
 
“Son o noso futuro, e deles e delas depende que esta loita que iniciamos chegue á meta correcta: á erradicación da violencia contra as mulleres e a consecución dunha igualdade real na nosa sociedade”, apuntou o rexedor Paco Ferreira, quen felicitou á actriz pola súa acción escénica.
 
A representación de Des-Alento, que tamén representarase para o alumnado do outro IES do municipio, súmase a outras iniciativas que xa están en marcha, como a adhesión dos comercios á campaña “En negro contra a violencia”, a edición de calendarios con “mulleres galegas que abriron camiño en ámbitos vetados para as mulleres”, ou a celebración do Consello Municipal da Muller. O acto central, o próximo 25 de novembro, celebrarase ás 12.00 horas na Praza Paradela, cunha concentración, lectura de manifesto e un minuto de silencio polas mulleres asasinadas este ano a mans das súas parellas e exparellas.

Nova convocatoria municipal/provincial de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para os sectores que se viran afectados pola crise da COVID-19.

Con carácter xeral, esta liña de axudas municipais/provinciais busca paliar en parte a perda de ingresos derivada dunha menor actividade durante a pandemia -dende 14 de marzo 2020 ata a actualidade- das pemes e autónomos con ata 10 persoas empregadas, apoiando así o mantemento da actividade económica e do emprego dos sectores afectados pola crise da COVID-19, como pode ser hostalaría,autotaxi, actividades culturais relacionadas cos espectáculos e a música, aloxamentos turísticos, parques de bolas para ocio infantil, pequeno comercio, ximnasios, ocio nocturno, axencias de viaxes, servizos fotográficos, formación/ensinanza non regrada, etc… derivada dunha menor actividade durante a pandemia, sufragando gastos correntes satisfeitos durante o período mencionado.

Estas axudas están cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra

Máis Información:

BASES

ANEXO II

Continúa desenvolvéndose o programa “Gondocultura Outono” e fai co espectáculo de danza “Bailar Agora” e unha cita co teatro familiar que a través da obra “ Cartoons” ensinará o divertido que pode ser reciclar.
 
O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acollerá este sábado 20 de novembro, a partir das 21.30 h, o espectáculo de danza “Bailar Agora”, premiado con tres María Casares nas categorías de actriz protagonista, dirección e iluminación, e o FETEGA ao mellor espectáculo do ano, entre outros. Sobre as tablas Marta Alonso Tejada que a través da súa montaxe convida o público a coñecer a súa traxectoria como profesional
os sacrificios que o baile pode chegar a esixir.
 
“Bailar Agora”, protagonizada e dirixida pola propia Marta Alonso, é un espectáculo no que a danza o humor e a proximidade cos espectadores “xeran unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena”.
 
O domingo 21 de novembro, ás 12.30 h, será a quenda para as familias que poderán gozar e aprender do espectáculo “Cartoons”, protagonizado por Josito Porto e Víctor Mosqueira, que tamén dirixe a obra. Nela dous divertidos clowns que viven rodeados de cartóns descobren a importancia deste material. A través do transcurso das escenas estimulan ao auditorio infantil a descubrir todo o que se pode facer co cartón “converténdose o espectáculo nun vehículo de valores como a colaboración, a solidariedade e a conciencia ecolóxica”.
 
Máis información: https:taquilla.concellodegondomar.gal.
 
 
FOTO VILAS EN FLOR 2021.jpg
 
 
 
O concello suma unha flor máis e achégase á máxima distinción tras recoñecer o xurado que en “a vila está a traballarse e potenciando as súas zonas verdes, enfocadas ao esparcimento dos concidadáns e á humanización de diversas zonas do concello”
 
Gondomar estivo representado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, quen foi o responsable de recoller o galardón que recoñece ao concello 3 flores de honra por a súa acción decidida por mellorar a contorna e protexer os espazos verdes e naturais.
 
Destaca o xurado na acta “as boas actuacións executadas na entrada do núcleo urbano, o deseño dun gran paseo fluvial incorporando zonas verdes entre as edificacións, e , o desenvolvemento de novos espazos lúdicos para a realización de actividades de recreo”.
 
Pola súa banda o alcalde, Paco Ferreira, mostrouse moi satisfeito ante o
recoñecemento porque “pon en valor o traballo que moitas persoas realizan para que Gondomar sexa unha vila máis amable e respectuosa co medio ambiente e, unha localidade, pensada para e polas persoas, un obxectivo no que seguiremos traballando desde o goberno local”.
 
O acto de entrega dos galardóns celebrouse esta mañá na localidade de Allariz e estivo presidido pola alcaldesa do municipio, Cristina Cid, e a consellerira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que estiveron acompañadas, entre outros polo coordinador do programa Vilas en Flor, Pedro Calaza, membros do xurado e representantes dos 30 municipios participantes na edición deste ano.
 
O certame, organizado pola Fundación Juan de Vega, a Asociación de
Viveristas do Noroeste e a Asociación Galega de Empresas de Xardinaría, márcase como obxectivo promover a mellora ambiental social e económica dos concellos participantes, así como dinamizar ou sector do paisaxismo e ornamentación como selo de calidade e reclamo turístico.

Rss