^ Ir arriba

novas

Monday, 15 November 2021 16:40

Gondomar pon en marcha a II edición de “Gondoilusión”

 
Rojo Crema Navidad Consumidor Personal Póster.jpg
A campaña,promovida pola concellería de Benestar Social, en colaboración coa Asociación de Mujeres Rurais San Bieito, ten como obxectivo garantir que este nadal Papa Noel e as súas Maxestades os Reis Magos cheguen a todas as casas, especialmente ás de familias máis vulnerables ás que vai dirixida esta iniciativa.
 
Por segundo ano consecutivo ponse en marcha “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo” coa que “pretendemos que esta volta tan lenta á normalidade á que nos obrigou a covid19 teña as menores repercusións posibles para aqueles que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade social e económica”, afirma a concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro.
 
Como na primeira edición os interesados/as en achegar o seu grao de area poderán facer a súa aportación económica dende hoxe ata o próximo día 13 de decembro na conta bancaria ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345, coa referencia “Gondoilusión”, “doando o que cada un ou unha boamente poida, 1, 3, 5, 10 euros... todo suma”.
 
Unha segunda opción será facer o donativo nas urnas habilitadas con este fin en en diferentes establecementos colaboradores coa campaña como son Estanco Gondomar, a bocatería A Galiña, a cafetería Mon, o café-bar Tropic, e, o bar-restaurante Terra, cebada e uva.
 
O diñeiro recadado ao final da campaña farase chegar en forma de vales ás familias que, previamente, serían designadas desde o departamento de Benestar Social tendo en conta a súa situación económica. Poderán trocalo en establecementos de Gondomar que se sumaron a esta iniciativa e que facilitarán que se poidan mercar agasallos para menores de 16 anos.
 
Para máis información dirixirse ao teléfono 986 38 44 73 ou ao correo
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..