^ Ir arriba

novas

Tuesday, 23 November 2021 16:02

Gondomar integra e suma ás novas xeracións na loita contra a violencia machista

 
2O4A4344.jpg
 
Alumnado de 4 da ESO do IES Terra Turonio protagonizaron este martes unha das actividades organizadas pola Concellaría de Igualade dentro do programa elaborado con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo día 25 N. A través dunha representación teatral enfrontáronse a preguntas que os e as situaban ante a violencia machista.
 
A actriz e autora, Mónica Sueiro, representou a súa peza Des-Alento, unha acción escénica que aborda os malos tratos psicolóxicos, orixe en moitas ocasións de casos que finalizarán no maltrato físico. A obra transista entre o ámbito metafórico e simbólico para finalizar compartindo coas mozas e mozos unha vivencia de violencia do pasado persoal, vivida pola propia actriz.
 
A representación, financiada con fondos do Ministerio de Igualade a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, busca implicar ás novas xeracións na identificación dos distintos tipos de violencia que existen o seu redor, facendo fincapé no control psicolóxico que se exerce, en máis ocasión das que pensan, sobre as mulleres.
 
“Son o noso futuro, e deles e delas depende que esta loita que iniciamos chegue á meta correcta: á erradicación da violencia contra as mulleres e a consecución dunha igualdade real na nosa sociedade”, apuntou o rexedor Paco Ferreira, quen felicitou á actriz pola súa acción escénica.
 
A representación de Des-Alento, que tamén representarase para o alumnado do outro IES do municipio, súmase a outras iniciativas que xa están en marcha, como a adhesión dos comercios á campaña “En negro contra a violencia”, a edición de calendarios con “mulleres galegas que abriron camiño en ámbitos vetados para as mulleres”, ou a celebración do Consello Municipal da Muller. O acto central, o próximo 25 de novembro, celebrarase ás 12.00 horas na Praza Paradela, cunha concentración, lectura de manifesto e un minuto de silencio polas mulleres asasinadas este ano a mans das súas parellas e exparellas.