^ Ir arriba

novas

Wednesday, 17 November 2021 16:43

Gondomar convida ao seu comercio a sumarse á campaña “En negro contra as violencias”

 
a3-ciumes.jpg
 
Un ano máis o concello de Gondomar, a través do Centro de Información da muller (CIM), da consellería de Igualdade convida o comercio da localidade a sumarse á campaña En negro contra as violencias, colocando carteis que amosan o seu rexeitamento á violencia machista coincidindo coa celebración do 25N.
 
As e os interesadas/os poden recoller os seus carteis -ata esgotar existencias- na oficina do CIM -primeiro andar do antigo Centro de saúde - en horario de 08.00 h. a 14.00 h., de luns a venres. Animarvos, acabar coa violencia machista é cousa de todas e todos.