^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

270208566_2991556604440215_4380176902730306363_n.jpg
 
A presidenta da Asociación Autimo Vigo, Esperanza Domínguez, xunto ao persoal do centro que dirixe en Gondomar, concretamente a Residencia O Salgueiro (Vincios), recibiron este martes ao director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, ao que acompañaron nesta visita institucional o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a edila de Benestar Social, Nuria Lameiro.
 
Todos eles puideron coñecer de primeira man as instalacións construídas e as reformas feitas pola asociación no centro cedido polo concello de Gondomar, achegándose ás actividades de terapia e atención que se ofrecen ás familias nas que algún dos seus membros ten un Transtorno de Espectro Autista (TEA).
 
Traballo que encomiou o director xeral, así como o rexedor Paco Ferreira. Ambos atenderon as demandas expostas pola presidenta Esperanza Domínguez respecto a os recursos tanto materiais como económicos que son precisos para poder seguir apoiando de forma adecuada aos socios e socias da Asociación, subliñando a importancia de poñer ao dispor de todos eles recursos residenciais que lles permitan adquirir a autonomía persoal en condicións adecuadas.
 
Paco Ferreira avogou unha vez máis pola importancia de manter a colaboración e implicación das administracións con Autismo Vigo, así como con outras asociacións sociais que cumpren “unha actividade esencial para centos de persoas”. Felicitou a implicación de todo o equipo de Autismo Vigo e o seu esforzo diario “para sacar adiante o seu traballo de apoio non só aos usuarios e usuarias, se non ás familias que se implican na loita por lograr apoios para os seus fillos e fillas, demandando máis investigación e medios sanitarios e sociais para garantir a súa integración na sociedade.”
 
“En todo o que podamos, estaremos aí como administración local, esa é o noso labor e non debemos esquecelo”, concluíu o rexedor de Gondomar.
 
270063925_2991556587773550_4272824209124174913_n.jpg
270233673_2991556567773552_1226760873664367783_n.jpg
Thursday, 23 December 2021 10:33

GONDOMAR PREPARADO PARA RECIBIR A PAPA NOEL

269330627_2987175548211654_1296557383183538064_n.jpg

Non vos despistedes!! Tomade boa nota e vinde a Gondomar mañá xoves 23 porque ás 16.30 h Papa Noel aparcará o seu trineo e virá á Praza Paradela a saudar a cativada.

Unha visita que se completará co concerto da Agrupación Musical de Vincios.

Ides perdervos este planazo???

#ETempoDeNadal #Gondomar

cancelación CAMPUS.jpg
Ante o rápido incremento de contagios rexistrados nas últimas semanas, especialmente entre a poboación máis nova, e como medida de precaución, a concellaría de Deportes de Gondomar anuncia a cancelación do Campus de Nadal Solidario, que se ía a celebrar entre os días 27 e 30 de decembro.
 
Para máis información: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou no teléfono 608 748
393.
Tuesday, 21 December 2021 11:13

“E tempo de Nadal” en Gondomar

Programa_.jpg 

O concello desenvolverá un amplo programa de actividades dirixidasespecialmente aos máis pequenos e pequenas do municipio para celebrar a chegada do Nadal esta fin de semana.

 ​Baixo o lema “É tempo de Nadal” desenvolverase o programa que a concellaríade cultura preparou para estas festas, e que, tras a inauguración da iluminación navideñaten nesta fin de semana citas especiais e ineludibles para os máis novos e novas das familias.

 ​“Queremos que sexan os protagonistas, porque neles/as vive a ilusión do Nadal e porque a transmiten como ninguén ás súas familias e a todos nós”, afirma o alcalde de Gondomar Paco Ferreira, quen convida a gozar destes días á veciñanza “pero por suposto con todo o sentidiño e precaución que a realidade non está a marcar”.

 Esta fin de semana en Gondomar cruzaranse o señor e a señora Nöel, o Apalpador e personaxes do mundo Disney aos que se poderá saudar na carpa da Praza Paradela e entregar as cartas nas que se piden os agasallos.

 A primeira en chegar será “Mamá Nöel” que o día 22 a partir das 16,30 horas para atender as peticións de última hora. Será o día 23 cando en Gondomar recíbirase a Papa Nöel que sentará na Carpa da Praza Paradela a partir das 16.30 h.e, sabendo o requirido que está nestes días, volverá a Gondomar o 24 de decembro, desde as 16,30 horas , xornada na que estará acompañado pola Rondalla de Chaín.

 Non faltará a cita tradicional coa Agrupación Musical de Vincios que o xoves23 de decembro ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, coa actuación das súasbandas que interpretarán un variado repertorio no que non faltarán as panxoliñas e outros temas ben coñecidos, a partir das 16.30 horas.

 A tradición tamén estará presente no tempo de Nadal de Gondomar coa visita do Apalpador que, acompañado polo seu compañeiro Servando Barreiro e o seu burricánRío Lor, chegará a Gondomar ás 12.00 horas do mesmo día de Nadal, nunhaactividade promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra. 

 

​Esta fin de semana festiva pecharase cunha sesión vermú que amenizará odomingo 26, a partir das 12.00 h. a Praza Paradela, coa actuación de Juan Cura, coa colaboración da Asociación de Artistas Vocálitis.

 

 

77afa3ce-c342-4446-98ac-49336a763948.jpeg

O Auditorio Lois Tobío acollerá esta tarde, a partir das 16.00 horas, o concerto da pianista e xestora cultural Andrea González, no que presenta o seu novo traballo "Salvado Piano Works". Andrea González, elixida entre as Top 100 Mulleres líderes de España e Premio Nélida Piñón de cultura, conta no seu haber con numerosos premios nacionais e internacionais e unha longa e existosa traxectoria profesional. No seu novo traballo recupera a música do monxe español Rosendo Salvado, fundador da única cidade monástica de Australia e defensor dos dereitos humanos dos aboríxenes.
 
Unha actuación que se enmarca no ciclo "Salvado en Ruta", subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra e Turismos Rías Baixas. Non vola perdades.
#musica #gondomar #historia

 

 photo_2021-12-15_13-18-36 (3).jpg

Esta mañá reuniuse a Mesa Local contra a violencia de xénero de Gondomar na que se expuxo un balance dos dous últimos anos, así como os protocolos que están en marcha e as distintas iniciativas transversais e coordinadas que se desenvolven nestamateria na localidade, así como sobre o seguimento e tratamento das vítimas da violencia machista.

 Presidida pola concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, e copresidida por Manuela Vilaboy, xefa da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, tamén contou con represententes de Garda Civil e Policía Local de Gondomar; técnicas dos departamentos do CIM e de Servicios Sociais do concello; a doutora Olga Villar, en representación do centro médico de saúde; e, representantes dos centros académicos Auga da Laxe e o CRA Antía cal.

 

#Igualdade #ColaboracionyCoordinación #NiUnaMenos

photo_2021-12-16_14-49-44 (4).jpg
 
A Praza das Escolas Vellas de Gondomar loce unha nova decoración a cargo dos usuarios e usuarias da Asociación Avelaíña de Saúde Mental do Val Miñor, que esta mañá participaron nunha actividade de xardinería á que foron convidados polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, na recente visita que realizou ao centro que teñen en Baiona.
 
En total desprazáronse ao municipio doce usuarios e usuarias de Avelaíña que tras recibir as instrucións dos responsables do departamento de xardinería do concello, puxéronse ao choio plantando os exemplares de ciclamen dispostos en cinco espazos diferentes da praza, na que “poñeremos unha placa para lembrar que estes xardíns son froito do traballo realizado polos integrantes de Avelaíña “.
 
Paco Ferreira agradeceu “o traballo realizado, así como o esforzo que cada día facedes xunto coas responsables da Asociación para demostrar a vosa valía e que a saúde mental debe de deixar de estar estigmatizada e asumirse como algo que en calquera momento podemos padecer calquera”. Lembroulles “que calquera cousa que necesitedes de Gondomar contade connosco, porque na medida que podamos aí estaremos a colaborar, que é o mínimo que debe facer unha administración.”
 
Aproveitando a súa presenza no municipio visitaron o Belén tradicional en movemento onde esmeraronse en descubrir os diferentes secretos que o seu creador, Fernando Fernández, retáballes a atopar entre as máis de 600 figuras que o integran.
 
O concello de Gondomar mantén, á súa vez, unha colaboración anual con Avelaíña Asociación de Saúde Mental que este ano tivo unha dotación de 2000 euros, e “confiamos en que a actividade de hoxe sexa o principio doutras colaboracións
similares no futuro”, concluíu Paco Ferreira.
 
photo_2021-12-16_14-49-50 (4).jpg
photo_2021-12-16_14-49-41.jpg
photo_2021-12-16_14-49-46 (2).jpg
photo_2021-12-16_14-49-39.jpg 
photo_2021-12-16_14-49-39 (10).jpg
 
photo_2021-12-16_14-49-50 (2).jpg
photo_2021-12-16_14-49-44 (3).jpg
photo_2021-12-16_14-49-39 (9).jpg
 
 
2O4A7094.jpg
 
 
 
 
O goberno de Gondomar, a través da súa concellería de Igualade, dirixida por Nuria Lameiro, da un paso máis na súa loita pola consecución da igualdade real e poñerá en marcha unha campaña de sensibilización e formación nesta materia no seo dos clubes deportivos do municipio, dos que “esperamos lograr a máxima implicación e colaboración”.
 
A primeira rolda de contacto tívose esta mañá nun encontro ao que foron convidadas todas as directivas dos clubes de fútbol de Gondomar. Asistiron, finalmente, o Lóstrego Club de Fútbol, o Gondomar Futbol Base, o Club deportivo de Couso, o Chaín Club de Fútbol e o Cereixa Gondoma Fútbol base de Chaín, mostrando o seu interese polas propostas expostas pola concelleira e a técnica do Centro de Información da Muller.
 
Sobre a mesa a posibilidade de realizar cursos de formación en materia de igualdade dirixidos ás directivas, os corpos técnicos e, no seu momento, aos propios xogadores e xogadoras. “É fundamental a implicación de todos os sectores da poboación nesta loita, moito máis daqueles que teñen unha repercusión clara sobre miles de persoas, como son os seguidores/as dos deportes”.
 
A iniciativa, tal e como explicaron a concelleira, Nuria Lameiro, e a técnica do CIM, Susana Fernández, terá continuación con futuros encontros coas persoas responsables de outras disciplinas deportivas que se practican no municipio.
 
Ademais expúxose a posibilidade de contralar os temas musicais que se emiten durante os encontros para evitar aqueles que coas súas letras perpetúan actitudes machistas e denigrantes cara ás mulleres. Durante o encontro expuxéronse algúns exemplos, trasladándolles as letras ás directivas que mostraron a súa disposición de ter en conta esta proposición.
 
A concellería de Igualdade segue dando pasos dentro do 4 plan municipal de Igualdade oportunidade mulleres e homes do Gondomar 2017-2020 (prorrogado ata o 31/12/2022), que entre os seus obxectivos contempla a “realización de actividades de sensibilización e promoción da igualdade en colaboración con clubes deportivos locais, co fin de potenciar unha práctica deportiva libre de estereotipos de xénero”.
 
 photo1639162634.jpeg
O goberno local recepcionou este venres os traballos realizados nas últimas
semanas para cambiar o céspede do campo de fútbol municipal de As Cercas,
que supuxo un investimento de preto de 150.000 euros.
 
“Dotamos este campo de fútbol municipal cun céspede de última
xeración que garantirá unha sensación de maior cobertura da superficie e
minimizará as lesións dos usuarios”, manifestou o alcalde Paco Ferreira, quen
subliñou que “cumprimos o prometido e actuamos atendendo as necesidades e
demandas dos nosos deportistas”.
Por outra banda agradeceu a paciencia por parte das familias dos
xogadores e xogadoras, así como por parte dos clubs “ante as molestias que
puidésemos xerar cos traballos do cambio do céspede” e mostrou a súa
confianza de que “unha vez retómese a actividade en As Cercas todos serán
conscientes de que valeu a pena e que era unha acción necesaria para garantir a
integridade dos xogadores e xogadoras que acoden a el”.
De feito, lembrou que por este céntrico campo pasan semanalmente,
durante o ano, máis de 500 xogadores dos equipos locais de categorías
inferiores, tanto para adestrarse como para disputar os seus encontros, tanto
deporte base como veteranos, etc.
 
Proxecto e actuación no Campo das Cercas
 
As obras, cun orzamento de case 150.000 euros con cargo ao remanente
do Concello de Gondomar, foron executadas polo despacho de arquitectos
Pablo Muiños Pazos. A superficie de intervención foi de 6.425 metros
cadrados aproximadamente e a obra comprendeu a renovación do pavimento
deportivo de As Cercas, eliminando a súa terminación actual en céspede
sintético, altamente degradado, e suplíndoo por céspede artificial de última
xeración.
 
O proxecto contempla tamén o cambio da iluminación por sistemas que
fomente o aforro enerxético, así como o sistema de rego automático, o que
suporá unha inversión de 31.000 euros.
A intervención incluíu a retirada do pavimento do céspede existente e á
súa renovación por un de maior calidade que “mellorará o comportamento
desta fronte os impactos nas articulacións”. De feito, o novo sistema cumprirá
cos parámetros de calidade a nivel biomecánico, de durabilidade e resistencia
climática segundo os requirimentos da FIFA FQC e o criterio de calidade FIFA
Quality PROL
 
Características
Tras proceder ao desmonte procedeuse á extracción do recheo de area e
granulado de caucho e á limpeza da superficie de aglomerado sobre o que se
instalou o novo céspede artificial, cunha base elástica prefabricada de 10mm de
espesor, composta de escuma de poliolefina de célula pechada reticulada e
tecido non tecido na parte superior cun peso total superior aos 580 g/ m “e
unha absorción de impactos superior ao 40”..
Unha vez instalado procedeuse á marcaxe e sinalización de campos de
fútbol 11 e 7 seguindo os criterios da Real Federación Española de Fútbol. As
bandas de marcaxe serán de cor branca no campo de fútbol 11 e de cor azul ou
amarela para as posibles marcaxes de fútbol 7 transversais.

Cartel charla familias.png

Mañá venres día 10 de decembro, e o sábado 11 temos unha nova cita con ciclo de charlas "Falamos", organizado pola concellería de Xuventude, a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Turno aberto ás familias da mocidade. Aberto o público xeral este ciclo busca facilitar as ferramentas precisas para garantir unha convivencia saudable entre proxenitores e adolescentes.

Os/as interesados/as poderán inscribirse en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.. As charlas terán lugar no Centro Neural o venres entres as 20.00 e 22.00 horas, e, o sábado entre as 11.00 e as 13.00 h.

O ciclo “Falamos completou unha primeira parte con charlas-taller impartidas á mocidade dos institutos de Gondomar traballando sobre conceptos como as diferentes formas de violencia e como abordalas, ou as capacitacións e as opcións do mercado laboral.

 

Rss