^ Ir arriba

novas

Saturday, 11 December 2021 11:25

GONDOMAR RENOVA O CÉSPEDE DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DAS   CERCAS

 photo1639162634.jpeg
O goberno local recepcionou este venres os traballos realizados nas últimas
semanas para cambiar o céspede do campo de fútbol municipal de As Cercas,
que supuxo un investimento de preto de 150.000 euros.
 
“Dotamos este campo de fútbol municipal cun céspede de última
xeración que garantirá unha sensación de maior cobertura da superficie e
minimizará as lesións dos usuarios”, manifestou o alcalde Paco Ferreira, quen
subliñou que “cumprimos o prometido e actuamos atendendo as necesidades e
demandas dos nosos deportistas”.
Por outra banda agradeceu a paciencia por parte das familias dos
xogadores e xogadoras, así como por parte dos clubs “ante as molestias que
puidésemos xerar cos traballos do cambio do céspede” e mostrou a súa
confianza de que “unha vez retómese a actividade en As Cercas todos serán
conscientes de que valeu a pena e que era unha acción necesaria para garantir a
integridade dos xogadores e xogadoras que acoden a el”.
De feito, lembrou que por este céntrico campo pasan semanalmente,
durante o ano, máis de 500 xogadores dos equipos locais de categorías
inferiores, tanto para adestrarse como para disputar os seus encontros, tanto
deporte base como veteranos, etc.
 
Proxecto e actuación no Campo das Cercas
 
As obras, cun orzamento de case 150.000 euros con cargo ao remanente
do Concello de Gondomar, foron executadas polo despacho de arquitectos
Pablo Muiños Pazos. A superficie de intervención foi de 6.425 metros
cadrados aproximadamente e a obra comprendeu a renovación do pavimento
deportivo de As Cercas, eliminando a súa terminación actual en céspede
sintético, altamente degradado, e suplíndoo por céspede artificial de última
xeración.
 
O proxecto contempla tamén o cambio da iluminación por sistemas que
fomente o aforro enerxético, así como o sistema de rego automático, o que
suporá unha inversión de 31.000 euros.
A intervención incluíu a retirada do pavimento do céspede existente e á
súa renovación por un de maior calidade que “mellorará o comportamento
desta fronte os impactos nas articulacións”. De feito, o novo sistema cumprirá
cos parámetros de calidade a nivel biomecánico, de durabilidade e resistencia
climática segundo os requirimentos da FIFA FQC e o criterio de calidade FIFA
Quality PROL
 
Características
Tras proceder ao desmonte procedeuse á extracción do recheo de area e
granulado de caucho e á limpeza da superficie de aglomerado sobre o que se
instalou o novo céspede artificial, cunha base elástica prefabricada de 10mm de
espesor, composta de escuma de poliolefina de célula pechada reticulada e
tecido non tecido na parte superior cun peso total superior aos 580 g/ m “e
unha absorción de impactos superior ao 40”..
Unha vez instalado procedeuse á marcaxe e sinalización de campos de
fútbol 11 e 7 seguindo os criterios da Real Federación Española de Fútbol. As
bandas de marcaxe serán de cor branca no campo de fútbol 11 e de cor azul ou
amarela para as posibles marcaxes de fútbol 7 transversais.