^ Ir arriba

novas

Tuesday, 21 December 2021 11:13

“E tempo de Nadal” en Gondomar

Programa_.jpg 

O concello desenvolverá un amplo programa de actividades dirixidasespecialmente aos máis pequenos e pequenas do municipio para celebrar a chegada do Nadal esta fin de semana.

 ​Baixo o lema “É tempo de Nadal” desenvolverase o programa que a concellaríade cultura preparou para estas festas, e que, tras a inauguración da iluminación navideñaten nesta fin de semana citas especiais e ineludibles para os máis novos e novas das familias.

 ​“Queremos que sexan os protagonistas, porque neles/as vive a ilusión do Nadal e porque a transmiten como ninguén ás súas familias e a todos nós”, afirma o alcalde de Gondomar Paco Ferreira, quen convida a gozar destes días á veciñanza “pero por suposto con todo o sentidiño e precaución que a realidade non está a marcar”.

 Esta fin de semana en Gondomar cruzaranse o señor e a señora Nöel, o Apalpador e personaxes do mundo Disney aos que se poderá saudar na carpa da Praza Paradela e entregar as cartas nas que se piden os agasallos.

 A primeira en chegar será “Mamá Nöel” que o día 22 a partir das 16,30 horas para atender as peticións de última hora. Será o día 23 cando en Gondomar recíbirase a Papa Nöel que sentará na Carpa da Praza Paradela a partir das 16.30 h.e, sabendo o requirido que está nestes días, volverá a Gondomar o 24 de decembro, desde as 16,30 horas , xornada na que estará acompañado pola Rondalla de Chaín.

 Non faltará a cita tradicional coa Agrupación Musical de Vincios que o xoves23 de decembro ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, coa actuación das súasbandas que interpretarán un variado repertorio no que non faltarán as panxoliñas e outros temas ben coñecidos, a partir das 16.30 horas.

 A tradición tamén estará presente no tempo de Nadal de Gondomar coa visita do Apalpador que, acompañado polo seu compañeiro Servando Barreiro e o seu burricánRío Lor, chegará a Gondomar ás 12.00 horas do mesmo día de Nadal, nunhaactividade promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra. 

 

​Esta fin de semana festiva pecharase cunha sesión vermú que amenizará odomingo 26, a partir das 12.00 h. a Praza Paradela, coa actuación de Juan Cura, coa colaboración da Asociación de Artistas Vocálitis.