^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

 
photo_2022-02-02_13-36-40.jpg
Gondomar segue a impulsar e potenciar as políticas de envecellemento activo da súa veciñanza. Máis de 80 persoas participan na nova edición de cursos de ximnasia de mantemento do concello, nos que se exercitan en dúas quendas durante unha hora e realizan diversos exercicios, guiados por unha monitora, que lles permiten manterse en forma.
A actividade de ximnasia de mantemento desenvolvese os luns e
mércores de 10.30 a 11.30 horas e de 11.30 a 12.30 horas. A concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, achegouse ata o pavillón para darlles a benvida e felicitarlles por apostar polo deporte como unha forma de seguir activos e demostrar que os nosos maiores teñen moito que facer e ensinar aínda.
 
photo_2022-02-02_13-35-00.jpg
photo_2022-02-02_13-34-58.jpg
 
photo_2022-02-01_11-36-53 (2).jpg
 
O concello de Gondomar puxo en marcha unha nova edición dos talleres "Cultiva a mente" que desenvolve en colaboración con AFAGA. Dirixido a persoas maiores de 55 anos ten como obxectivo a prevención e detección do alzheimer. Impartidos pola psicóloga Estela Pereira, os e as participantes foron recibidos pola concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro, e o presidente da asociación Juan Carlos Rodríguez, quen agradeceu a implicación do concello de Gondomar neste tipo de iniciativas.
Martes e xoves, durante dúas horas abordan diferentes cuestións prestando especial atención ao envellecemento activo, a promoción das relacións sociais e prevención da soidade, así como a aposta pola independencia e autonomía.
 
Dentro do ámbito das capacidades cognitivas traballarase facendo fincapé en aspectos como as funcións executivas, a memoria, a atención, a orientación, a linguaxe e ou cálculo, entre outros.
 
photo_2022-02-01_11-36-52 (2).jpg
2O4A1257.jpg
Un ano máis o goberno local, a través da concellaría de Medio Ambiente, sumouse á celebración desta xornada que celébrase o 26 de xaneiro co obxectivo de concienciar e sensibilizar ás persoas con respecto aos problemas ambientais da contorna. Na actividade participou o alumnado de 2o de primaria do Ceip Chano Piñeiro de Gondomar.
 
Durante a mañá plantáronse un total de 24 novas especies doadas pola Deputación Porivincial de Pontevedra, en base a un programa de colaboración con concellos cuxo obxectivo principal é lograr a recuperación de zonas verdes e crear espazos máis habitables e
sostibles para as súas poboacións. No caso do concello de Gondomar, as actuacións centraronse no Parque das Rosas e no de Baixa Redonda.
Os pequenos e pequenas traballaron con ilusión e moita implicación durante a mañá no Parque das Rosas, onde seguiron as instrucións, dos técnicos que colaboraron nas labores de localización e prantación das novas especies, as que tamén sumáronse o alcalde, Paco Ferreira, a deputada provincial, Irial Lamas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa. Así na parte traseira de edificacións existentes no Parque da Rosa ubicáronse un total de 9 árbores, concretamente 4 liquidambar e 5 hebe sp.
 
Na zona de paso, xunto ao río, plantáronse un total de 4 tsugas canadensis tamén coñecidos como abetos orientales, aos que se sumaron un pouco máis adiante do paseo 5 camelios co obxectivo de completar con sucesivas plantacións en anos posteriores con fin de
acadar un bosquexo.
 
Finalmente, na zona do parque Baixa Redonda plantáronse 3 quercus rubra ou carballos vermellos e 3 “quercus acutissima” ou carballo de dentes serra, nunha zona de paseo na que xa existen especies similares.
O alcalde Paco Ferreira, acompañado pola diputada provincial Iria Lamas, felicitou aos mozos e mozas polo entusiasmo demostrado así como a súa implicación na defensa do medio ambiente “porque son e serán o fío condutor entre xeracións pasadas e futuras para lograr a
educación de toda a sociedade para que entendan o medio ambiente, a súa importancia e a necesidade de manter o equilibrio entre home e natureza”.
2O4A1349 - copia.jpg
2O4A1282.jpg
2O4A1284.jpg
 
 
272143502_488413712650114_2961038959408047366_n.jpg
Gran acollida en FITUR da presentación da proposta dos 14 concellos que confirman este Xeodestino e que consistiu na proxección dun documental titulado “Mulleres do Camiño Portugés”, unha orixinal proposta na que varias protagonistas vinculadas profesionalmetne ao
mundo do turismo narran a súa experiencia e descobren a importancia que para os concellos do territorio ten o Camiño de Santiago.
 
O rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, que acudiu a esta cita co turismo internacional acompañado pola responsable da área do concello, Rocío Goberna, destacou a “importancia de defender conxuntamente desde o Xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño a promoción de todo o que pode ofrecer cada unha das nosas localidades de forma individual, e como un destino conxunto no que as sinerxias turísticas dunhas e outras abren moitísimas posibilidades ao visitante”.
 
Durante a presentación o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, tamén deu a coñecer aos visitantes ao expositor os roteiros e guías editadas polo concello “como unha invitación cordial e xenerosa a que se acheguen a coñecer este marabilloso municipio que é o noso”.
 
272199705_488401289318023_5829508855891301647_n.jpg
Tuesday, 18 January 2022 16:07

Parroquias. Vincios

O goberno de Gondomar avanza paso a paso no seu compromiso de chegar a todos os recunchos do municipio, acometendo melloras nas súas parroquias e atendendo as demandas que lle traslada a veciñanza.
 
É o caso das obras que se están acometer non camiño de Piñeiro, na parroquia de Vincios, onde empezan a verse os resultados. Nesta actuación estase a traballar sobre a rede de saneamento, contémplase a construción de cunetas empedradas contemplando unha correcta recollida das augas pluvias e unha pavimentación adecuada para o camiño, entre outras cousas.
 
O alcalde PacoFerreira asegurou que “seguiremos xestionando e traballando neste sentido para seguir facendo de Gondomar un lugar moito mellor”.
 
272016794_486674596157359_4000922251548091507_n.jpg
272054048_486674576157361_2415070037804521257_n.jpg
Tuesday, 18 January 2022 13:36

Gondomar promove a autodefensa das mulleres

photo_2022-01-18_10-08-58 (5).jpg

photo_2022-01-18_12-17-42 (4).jpg

 

Gran acollida do primeiro curso de Autodefensa organizado polo departamento de Igualdade do concello de Gondomar, e promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade. 

En total 16 mulleres do municipio de idades comprendidas entre os 18 e 50 anos, aproximadamente, anotáronse a esta actividade quedando fora moitas outras interesadas debido ás medidas sanitarias vixentes pola pandemia que impediron ampliar o número de participantes.

Trátase dun curso de adestramento físico e psicolóxico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións. Cunha duración de 8 horas é impartido por Manuel Herbón, membro dos Corpos e Forzas de Seguridade, e monitor especialista en defensa persoal, integrante da Federación Galega de Loita e docente da Academia Galega de Seguridade Pública.

272118533_486422892849196_3679865094592375681_n.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O alcalde, Paco Ferreira, asinou o convenio de colaboración coa presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, primeiro paso para iniciar a actuación de adecuación urbana e sostibleda Plaza de Rosalía de Castro, obra que se enmarcadentro doPlanREACPON, polo que a institución provincial achegará 670.000 euros, un 80 por cento do financiamento, e o 20% restante correrá a cargo das arcas municipais, isto é, 163.544,36 euros.

​O alcalde deGondomar, PacoFerreira, destacou a importancia da colaboración da Deputación Provincial senaque “os grandes proxectos que se están desenvolvendo no noso municipio serían impensables”.

​Tras a firma do convenio orexedor gondomareñoagradeceu aimplicacióndaDeputaciónProvincial natransformación que seestá acometendoen Gondomar. Neste sentido lembrou que “temos as ideas claras respectodo modelode localidade que queremos, centrado nas persoas e para as persoas, algo que, sen dúbida, é moito máis fácil facer realidade coa man tendidaque sempre atopamospor parte daDeputaciónos concellos como o de Gondomar”.

​Nese sentido lembrouque ademáisdo Plan REACPON, no que se enmarca a actuación en Rosalía de Castro, en Gondomar están en marcha outras actuacións financiadas conachegasprovinciais que nos “están permitindoa transformarvías e o contorno urbano”.

​A actuación naPraza RosalíadeCastro impulsaráa mobilidade, accesibilidade e seguridade neste espazo, que pretende convertersenun puntode encontro para as persoas. Actuarase sobre unha superficie de máis de 2500 metros cadrados, creando unha gran praza con plataforma única e zonas verdes, iluminación sostible, zonas de descanso, aparcamentospara bicicletas,mesas e asentos. Ademais instalaranse gravados da obra de Rosalía de Castro na zona axardinada para render homenaxe á gran escritora.

​O prazo que se marca inicialmente o goberno é conseguir que a nova Praza estea listas para estreareste verán. Tras a firma do convenio convocarase a mesa de contratación para o próximo 25 de xaneiro, que xunto coa apertura dosobre Ce a realización dunha serie de avaliacións por partedos técnicos determinaráncal das empresas que presentaron as súas ofertas ao proceso, acometerá as actuacións.

Captura de pantalla 2022-01-14 a las 20.28.png

Por segunda ocasión Gondomar e o Centro Dramático Galego (CDG) colaborarán cun único obxectivo: promover o achegamento do público ás novas producións do panorama escénico galego e facilitar o seu acceso a maior parte da xente interesada.

O programa “Subes ao autobús do teatro?” chega de novo a Gondomar para nesta ocasión facilitarlle as cousas a quen quera asistir a obra que hai en cartel e que se representa nos escenarios do CDG en Santiago: “A peste”, a versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra do Albert Camus coa que se reflexiona sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.


“Non é doado para todos ou todas aos que lles gusta o teatro ou queren descubrilo desprazarse ata Santiago, tendo en conta ademáis o custo económico que supón”, sinala o edil de cultura Juan Bas, quen explica “que grazas á colaboración entre o goberno local e o CDG facilitaremos o transporte e unha rebaixa no prezo das entradas”.

A cooperación entre ambas as institucións concrétase no frete dun autobús -con capacidade para 50 personas- que cubrirá o traslado de ida e volta ata Santiago o vindeiro
día 22 de xaneiro para asistir a representación de nova obra de Cándido Pazó, estreada dous días antes. También beneficiaránse dun precio reducido na entrada (6 euros persoa).

A reserva da praza debe facerse de forma anticipada no despacho de billetes de venta electrónica de Gondomar https://taquilla.concellodegondomar.gal.

 
Obradoiros para persoas maiores de 65.png
 
O vindeiro luns 17 abrirase o prazo para inscribirse nos talleres de memoria e de ximnasia que desde a concellería de Benestar Social, dirixida por Nuria Lameiro, promóvense anualmente pensando nos veciños e veciñas que superan os 65 anos, obradoiros cuxa demanda é unha realidade como demostra o feito de que as 130 prazas que se ofertan cóbrense practicamente de forma inmediata, nestes programas cuia financiación se enmarca dentro do Plan concellos da Deputación provincial de Pontevedra.
Como en edicións anteriores, os participantes poderán elixir entre o obradoiro “Cultiva a Mente” ou o de “Xinmasia de mantemento”. En ambos os casos o obxectivo “é garantir a mellor calidade de vida dos nosos e nosas maiores, e poñer ao seu alcance as ferramentas para que a súa terceira mocidade poidan gozala ao máximo”, apunta o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.
As solicitudes poderán presentarse desde o vindeiro luns 17 de xaneiro no departamento de Benestar Social achegando a copia do DNI e o volante de empadroamento no concello de Gondomar. Os menores de 65 anos que queiran participar poderán facelo acreditando o certificado de discapacidade.
Obradoiro “Cultiva a mente”
Un total de 30 persoas poderán inscribirse neste taller que impartirá unha piscóloga, en dúas quendas diferentes: martes ou xoves de 10.30 a 12.30 horas. Nel abordaranse diferentes cuestións prestando especial atención ao envellecemento activo, á promoción das relacións sociais e á prevención da soidade, así como un traballo directo para garantir a independencia e autonomía destas persoas maiores.
Obradoiro “Ximnasia mantemento”
A curso está aberto a un total de 100 participantes que se exercitarán en dúas quendas dunha hora nos que realizarán exercicios guiados por unha monitora que lles facilitará a manterse en forma, ao mesmo tempo que fomenta as relacións e interaccións sociais, así como a autonomía destas persoas.
O curso se desevolverá os luns e mércores de 10.30 a 11.30, nunha quenda, e entre as 11.30 e as 12.30 horas, no grupo dous.
Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de Benestar Social no teléfono 986360168, ou no correo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it..
Dende marzo de 2021 ata agora o goberno de Paco Ferreira deu luz verde a dúas liñas de axuda á economía local que suman un total de 200.000 euros.
 
As subvencións ao comercio local enmárcanse dentro da segunda convocatoria aberta para axudar ás pequenas e medianas empresas a facer fronte á crise xerada tras a pandemia. En total puxéronse ao dispor deste obxectivo 116.000, 64 euros, aos que hai que sumar os 100.000 euros dunha primeira liña aprobada en marzo de 2021 e dirixida entón ao sector da hostalería, o máis prexudicado nese momento.
 
“O noso obxectivo, desde o inicio desta pandemia, é estar xunto a quen se viu máis afectado, e neste caso o pequeno e mediano comercio notou moi de preto a crise económica xerada tras a aparición do virus”, explica o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, quen engade que “por iso articulamos todas as medidas e axudas que estaban ao noso alcance para manter a economía local e os empregos que xera”.
 
Máis de 50 empresas locais beneficiadas das axudas
 
 
Nesta segunda convocatoria de axudas promovida polo goberno local, a través da súa concellería de Comercio, aprobáronse un total de 51 subvencións a pequenas e medianas empresas do sector, isto é, un total de 56.800 euros en axudas, que se distribuirán en cantidades que oscilan entre os 1.000 e os 1.500 euros, segundo os requisitos recollidos nas bases. Presentáronse un total de 56 solicitudes, das que 23 foron aprobadas antes de nadal, abonándose entón un total de 25.600 euros. A elas sumáronse esta semana outros 29 solicitantes, ao comprobar a mesa de valoración que subsanaron os requisitos requiridos, aprobando así a concesión de 31.200 euros máis.
 
Liñas de axuda COVID 19
 
 
Estas subvencións enmárcanse dentro da segunda liña aberta para axudar ás pequenas e medianas empresas a facer fronte á crise xerada tras a pandemia. En total puxéronse ao dispor deste obxectivo 116.000,64 euros, dos que 41.646,64 euros
proceden da liña 2 do Plan Concellos da Deputación Provincial e o resto achégao o goberno local ao sumar 75.068 euros, procedentes da modificación orzamentaria en modalidade de crédito extraordinario.
As bases establecen o límite máximo de subvención do 100% do total do gasto subvencionable fixándose o máximo de 1000 euros para persoa traballadora autónoma sen traballadores; ata un máximo de 1.200 para autónomo e micro empresas con ata 5 traballadores; e ata un máximo de 1.500 euros para autónomos e micro empresa con entre 6 e 10 traballadores Súmase a estas subvencións a primeira liña de axudas aprobadas e entregado en marzo de 2021. O goberno deu luz verde a unha modificación orzamentaria na modalidade de crédito financiado co remanente de tesorería que permitiu poñer 100.000 euros ao dispor do sector da hostalería, un dos máis prexudicados no momento polo peche e restricións impostas polas autoridades sanitarias.

Rss