^ Ir arriba

novas

Wednesday, 26 January 2022 14:01

Gondomar celebra o Día de Educación Ambiental coa plantación de máis dunha veintena de árbores

2O4A1257.jpg
Un ano máis o goberno local, a través da concellaría de Medio Ambiente, sumouse á celebración desta xornada que celébrase o 26 de xaneiro co obxectivo de concienciar e sensibilizar ás persoas con respecto aos problemas ambientais da contorna. Na actividade participou o alumnado de 2o de primaria do Ceip Chano Piñeiro de Gondomar.
 
Durante a mañá plantáronse un total de 24 novas especies doadas pola Deputación Porivincial de Pontevedra, en base a un programa de colaboración con concellos cuxo obxectivo principal é lograr a recuperación de zonas verdes e crear espazos máis habitables e
sostibles para as súas poboacións. No caso do concello de Gondomar, as actuacións centraronse no Parque das Rosas e no de Baixa Redonda.
Os pequenos e pequenas traballaron con ilusión e moita implicación durante a mañá no Parque das Rosas, onde seguiron as instrucións, dos técnicos que colaboraron nas labores de localización e prantación das novas especies, as que tamén sumáronse o alcalde, Paco Ferreira, a deputada provincial, Irial Lamas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa. Así na parte traseira de edificacións existentes no Parque da Rosa ubicáronse un total de 9 árbores, concretamente 4 liquidambar e 5 hebe sp.
 
Na zona de paso, xunto ao río, plantáronse un total de 4 tsugas canadensis tamén coñecidos como abetos orientales, aos que se sumaron un pouco máis adiante do paseo 5 camelios co obxectivo de completar con sucesivas plantacións en anos posteriores con fin de
acadar un bosquexo.
 
Finalmente, na zona do parque Baixa Redonda plantáronse 3 quercus rubra ou carballos vermellos e 3 “quercus acutissima” ou carballo de dentes serra, nunha zona de paseo na que xa existen especies similares.
O alcalde Paco Ferreira, acompañado pola diputada provincial Iria Lamas, felicitou aos mozos e mozas polo entusiasmo demostrado así como a súa implicación na defensa do medio ambiente “porque son e serán o fío condutor entre xeracións pasadas e futuras para lograr a
educación de toda a sociedade para que entendan o medio ambiente, a súa importancia e a necesidade de manter o equilibrio entre home e natureza”.
2O4A1349 - copia.jpg
2O4A1282.jpg
2O4A1284.jpg