^ Ir arriba

novas

Tuesday, 16 November 2021 13:01

Gondomar aposta pola sensibilización e denuncia da violencia machista en todas as súas expresións no programa de actos do 25 N

2O4A3654.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 O goberno local, a través da súa concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, programou diversas actividades con ese obxectivo que terán, como todos os 25 N, o seu acto central na Praza Paradela onde se lerá o manifesto oficial deste ano e convidarase á poboación para sumarse á concentración de denuncia ante a violencia que acabou coa vida de 37 mulleres no que levamos de ano.

 “Poñeremos en marcha actividades e iniciativas que busquen a transversalidade tan necesaria á hora de combater a violencia machista, á hora de implicar a toda a sociedade nesa loita”, explica o alcalde, Paco Ferreira, quen asegura que o “programa vai moito máis alá dunha data e un manifesto, plásmase con políticas concretas e cursos e obradoiros cos mozos e mozas, que como futuro, son fundamentais”.

Cuestións que se abordarán, así como o balance das actividades do departamento de Igualdade do concello, na asemblea do Consello Municipal da Muller convocada o próximo 18 de novembro, que se completará coa Mesa local da Violencia de Xénero o próximo 15 de decembro. 

 Accións dirixidas á mocidade

​Un ano máis na semana do 25 N, o alumnado dos institutos serán protagonistasno programa de Igualdade. Nesta ocasión asistirán á representación de “Des-Alento”, creada e interpretada por Mónica Sueiro. Trátase dunha acción escénica, financiada poloMinisterio de Igualdade dentro del marco del pacto de estado contra la violencia de xénero, que aborda os malos tratos psicolóxicos, que transcorre entre o metafórico esimbólico para finalizar compartindo co público unha vivencia de violencia do pasado. 

​Dende o departamento de Igualdade son conscientes da importancia de  traballar  coas  novas  xeracións e as diferentes mensaxes que reciben continuamente e que  baseanse, en  moitas ocasións, en ideas que sustentan comportamentos que  promoven a  desigualdade, como ocorre coa música. 

“Letras de contido machista e denigrante para as mulleres e que deixan un pouso que vai perpetuando ideas que debemos desterrar da nosa sociedade”, explica a concelleira Nuria Lameiro, que anuncia unha serie de encontros con clubes deportivos -inicialmente- para ofrecerlles charlas sobre igualdade ao persoal directivo e, propoñer a desaparición ese tipo de música na megafonía dos encontros.

 ​Gondomar en negro

 Como en anteriores edicións convidouse ao comercio local a sumarse á campaña “En negro contra as violencias” e que visibiliza, con cartelería con mensaxes que lucirán nos seus escaparates, a súa oposición á violencia de xénero como mostra de que se trata dunha loita que debe gañarse conxuntamente secundada por toda a sociedade.  

 Acto central do 25 N

 Como en anos anteriores faise un chamamento á cidadanía a sumarse á concentración que se celebrará ás 12.00 horas do mediodía na Praza Paradela, ante o concello, onde se lerá o manifesto redactado para a ocasión, tras o que se gardará unminuto de silencio en memoria das mulleres vítimas da violencia machista. O peche correrá a cargo dunha representación de danza, creada para a ocasión.

Ademais esta  xornada  instalarase o punto de  Igualdade no que técnicas  do Centro de Información da  Muller (CIM) repartirán material específico da campaña de sensibilización en  igualdade de oportunidades entre  homes e mulleres como a  mellor  ferramenta para acabar  coa violencia machista, así como os calendarios que cada ano deséñanse - financiados con fondos do Ministerio de Igualdade dentro del marco del Paco de Estado contra la violencia de género- reivindicando este ano os nomes daquelas pioneiras galegas que fixeron historia en distintos campos profesionais e sociais, abrindo camiño ás xeracións seguintes.