^ Ir arriba

novas

Friday, 13 August 2021 12:25

O Goberno de Gondomar suma una nova fase na reforma do Camiño de Sequeirós, unha das arterias de acceso á localidade

 

228207001_2889140648015145_4618543670973060818_n.jpg

236152938_2889157968013413_4435704855929444787_n.jpg

234442724_2889157501346793_7556003629921486175_n.jpg

 

Esta actuación enmárcase no proxecto do goberno que dirixe Paco Ferreira de dar continuidade ás humanizacións desenvoltas en diversas rúas do municipio, acometendo a reestruturación dos accesos dotándoos de beirarrúas e servizos adecuados. 

 Gondomar inaugurou a segunda fase da mellora do camiño de Sequeirós coa actuación acometida sobre a coñecida como “Estrada de Rasas” na que se executaron, básicamente, as obras de reposición do pavimento asfáltico. Complétase así o proxecto iniciado coas obras no tramo do camiño de Sequeirós co cruzamento coa PO-340, no que se ampliara, na primeira fase, o espazo pola marxe dereita dotándoo de beirarrúas e ampliando o ancho de calzada que “era escaso facendo o paso de vehículos moi axustado, e moi difícil para os peóns”.

“A comodidade e seguridade da nosa veciñanza sempre priman nas nosas actuacións, como a do camiño de Sequeirós que agora completamos con esta segunda fase. Trátase de aos poucos adecuar todas as nosas infraestruturas, os nosos camiños ás necesidades veciñais, pero tamén aos obxectivos que marcan as directrices europeas, como a sustentabilidade ou a mobilidade”, manifesta o alcalde, Paco Ferreira.

Actuación

Cun orzamento de 135.365 euros, a cargo do Plan Concellos da Deputación Provincial, e un prazo de execución de dous meses, o proxecto englóbase “dentro das actuacións coas que dar continudidade ás humanizacións plantexadas en diversas rúas do municipio, pero sen esquecer acometer a mellora das estradas e camiños, de comunicación entre as parroquias e no interior de todas elas como un conxunto”.

Nesta segunda fase os traballos centáronse na mellora da pavimentación da estrada, así como a drenaxe e a seguridade vial, á vez que “búscase dotar dunha impronta proia as rúas da vila”.

A actuación finalizada incluiu a pavimentación da capa de rodadura así como os  saneamentos precisos para o apoio das  cunetas de adoquins e sobreanchos para  manter a sección tipo establecida. Para elo, entre outras accións, procedeuse á roza e limpeza de vexetación en nas marxes, escavación de terras para cajeado, canalización de augas pluviais con tubería de hormigón e instalación de sumidoiros arqueta con reixa para recoller as citadas augas. 

Ademais da posta en rasante de tapas de pozos e arquetas, a obra completouse coas sinalizacións verticais e espellos de tráfico, soterramentos dos servizos aéreos da zona, pintura do vial e localización de pasos de peóns.