^ Ir arriba

novas

Monday, 28 February 2022 15:48

O Entroido de Gondomar regresou ás rúas con forza, paixón e moita cor.

A festa animábase este domingo case unha hora antes coa chegada de veciños , veciñas e visitantes dos municipios da contorna que non se querían perder o paso das comparsas e a celebración do tradicional Entroido en Gondomar, suspendido nas últimas edicións como consecuencia da pandemia. Aos poucos queda atrás e os espectadores encheron de luz, cor e moita diversión as rúas do percorrido cos seus disfraces creados e vestidos para a ocasión.
Con dous pregoeiros de luxo, Teo Cardalda e María Monsonís (Cómplices) arrincaba o desfile trala lectura dun texto no que destacaron o carácter acolledor do municipio ao que se
trasladaron hai xa dous anos. Un pistoletazo inicial no que o alcalde, 
Paco Ferreira, agradeceu a implicación de todos e todas para que “o noso entroido siga sendo un referente”. Sete comparsas desfilaron tras abrir o paso un grupo convidado cos seus “Mario Cars de luxe” que fixeron as delicias de moitos. A partir dese momento atravesaron a Praza da Paradela fichas de dominó; coleccións de bonecos; coches de carreira; ximnastas atléticos -ou casi-; deuses e deusas aztecas; un percorrido por diversos entroidos do mundo; e, un reivindicativo ”Conto da Criada”.
Todos os participantes na edición deste ano recibiron un diploma no que se recoñecía a súa participación no desfile, ao perder este ano a condición de concurso.
Centos de persoas congregáronse nas rúas para animar o paso das comparsas e gozar unha vez finalizado o desfile da tarde de música e diversión, amenizada polo dúo D’ Lider.
 
274821025_511683413656477_6280050843805704996_n.jpg274939183_511681513656667_4187725678891503436_n.jpg
274854947_511683740323111_1317509270478620525_n.jpg274807623_511682326989919_46853089283934021_n.jpg
274918771_511683493656469_4995324376022830446_n.jpg274941255_511682526989899_1466845491203330309_n.jpg
 
274818888_511683686989783_400360986019398218_n.jpg
274921510_511687776989374_2767446082896530843_n.jpg