^ Ir arriba

novas

Wednesday, 09 February 2022 16:31

A APOSTA POLA SAÚDE E O DEPORTE, NOTICIA EN GONDOMAR

O concello de Gondomar segue sendo noticia debido ao seu apoio e participación no proxecto pioneiro posto en marcha por persoal do Centro de Saúde do Val Miñor, e do que se benefician quince persoas do noso concello.
A aposta polo deporte, neste caso pola marcha nórdica, como medio para controlar a hipertensión é noticia a nivel nacional facéndose eco desta iniciativa da nosa comarca a cadena Atresmedia.
Esta fase inicial do proxecto está dirixida a pacientes hipertensos dos tres municipios do Val Miñor (os interesados deben dirixirse ao personal de enfermería do seu respectivo centro de saúde). O Obxectivo final e asentar os grupos na comarca miñorana para incorporar a todo
tipo de poboación dado os múltiples beneficios deste tipo de marcha.
Durante catro meses ofreceránse dúas rutas matinais dirixidas polo seleccionador galego Nacho García e coa presencia dos propios enfermeiros/as pomotores do proxecto que reforzarán a actividade cos seus coñecementos en saúde.
O alcalde, Paco Ferreira, lembrou ante aos medios a importancia que ten a aposta polos hábitos saudables e medidas deste tipo, e lembrou que seguirá traballando dende esta liña o seu goberno.
 
photo_2022-02-09_12-24-13 (2).jpg
photo_2022-02-09_12-24-11.jpg
 
photo_2022-02-09_12-24-09 (2).jpg