^ Ir arriba

novas

Wednesday, 20 October 2021 12:40

Gondomar organiza unha charla sobre os mitos e mentiras que existen en torno ao TDAH

tdah.png

Coincidindo coa celebración do Día Nacional do TDAH (27 de outubro) a concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, programa unha charla para desmitificar informacións que existen sobre este trastorno que afecta entre o 5 e o 7 % dos neno/as en idade escolar. A información como ferramenta e medios para combater prexuízos baseados no descoñecemento.

O Centro Neural acollerá esta charla que impartirá a psicóloga Paula Fernández Rodríguez o próximo día 29 de outubro a partir de 19.00 h. Baixo o título “TDAH. Máis aló do diagnóstico” preténdese dar a coñecer máis detalles deste trastorno neurobiolóxico, acabar cos seus mitos e mentiras creadas ao redor del.

A experta en adolescencia, trastornos de conduta e aprendizaxe, así como de TDAH, aproveitará esta charla para dar a coñecer a outra cara deste trastorno, a que día a día viven quenes o padecen e as súas familias, así como as normas básicas para a súa xestión “tentando ir máis aló da súa realidade máis obvia”.

O TDAH diagnostícase en nenos 3-4 veces máis que en nenas, unha diferenza que se atenúa conforme aumenta a idade. Persiste o trastorno nalgúns pacientes na adolescencia e na idade adulta: 40-70% adolescentes e ata 50-60% nos adultos.

Máis información no teléfono 986 369.746 ou en This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.