^ Ir arriba

novas

Wednesday, 20 October 2021 16:31

GONDOMAR E CORREOS ACORDAN INSTAURAR UN REXISTRO DIXITAL NA OFICINA DO MUNICIPIO

correos.jpg
 
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, reuniuse esta mañá cos responsables de Correos
Carlos Meijome Juiz e Tamara Fernández Iglesias para coñecer de primeira man a nova
colaboración que se acordou entre o concello e a oficina postal de Correos no municipio.
 
Nela instalarase a aplicacación ORVE, un rexistro dixital no que calquera cidadá poderá enviar
copias autenticadas e realizar calquera trámite relacionado coa administración. Ademais
búscase romper a fenda dixital que estas operacións supoñen para moitas persoas que non se
manexan coas novas tecnologías e que recibirán a axuda do persoal das oficinas de correo.
 
Por outra banda, desde este mes tamén estarán autorizadas a cobrar calquera tributo do ORAL
nas oficinas postais.
 
Pola súa banda o alcalde, Paco Ferreira, puxo sobre a mesa a posibilidade de pechar nun
futuro próximo un convenio de colaboración en materia de paquetería e loxística pensado,
prioritariamente, para dar servizo ás empresas do Polígono da Pasaxe.
#Gondomar #traballando