^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

Tuesday, 15 June 2021 08:45

DÍA MUNDIAL DO DONANTE DE SANGUE

donar_sangre.jpg

Un ano máis Gondomar súmase á celebración do Día Mundial do Doante de Sangue que este ano se celebra baixo o lema "Doa sangue para que o mundo siga latexando".

 Neste día quérese destacar o importante papel dos doantes de sangue para manter o pulso do mundo, salvar vidas e mellorar a saúde. Quince minutos do noso tempo poden significar varias vidas salvadas.

 É importante concienciarnos da importancia que ten dispoñer de sangue e produtossanguíneos seguros para transfusións. Esencial o papel dos voluntarios, pero tamén o papel que deben desenvolver as administracións e autoridades sanitarias para proporcionar os recursos, sistemas e infraestruturas necesarias.

Doar sangue, salva vidas. 

#Gondomar #doasangue #DiaMundialDonantedeSangre

 

 VISITA.jpg

​O Delegado Provincial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez Ares, confirmou esta mañá ao rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, a intención do goberno galego de acometer as obras de ampliación do comedor do colexio de Educación Infantil e Primaria Serra Vincios o próximo curso académico.

Durante a visita o Delegado Provincial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez Ares, confirmou ao rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, a intención do goberno galego de acometer as obras de ampliación do comedor do colexiode Educación Infantil e Primaria Serra Vincios o próximo curso académico.

 Unha demanda que xa se trasladou en reiteradas ocasións o alcalde Paco Ferreira á Xunta de Galicia. Segundo explicou ao rexedor poñeranse en marcha estudos técnicos para valorar a mellor opción entre, “actuar sobre o espazo que ocupa actualmente o comedor, tirando unha parede e retranqueando cara atrás, ou ben, reformando a antigacasa do conserxe”.

 Por outra banda, tamén se comprometeu co rexedor de Gondomar a en breve visitar o comedor do colexio Souto Donas, “que necesita tamén ser ampliado de forma urxente tal e como vimos pedindo desde hai xa tempo”, manifestou Paco Ferreira, quenconfía en poder chegar a un acordo coa Delegación Provincial de Educación respecto a esa ampliación.

 2O4A7541.jpg

A deportista Gondomareña fíxose coa medalla de Bronce, a súa primeira medalla internacional, na proba de salto de lonxitude 63, rexistrando o seu mellor salto con 4,23 metros, superando a súa propia marca.

 Desiré Vila foi recibida polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e os concelleiros Nuria Lameiro e Brais Misa, que lle transmitiron as súas felicitacións polo gran traballo que realizou no campionato europeo. “Unha vez máis se converteu nunhadas mellores embaixadoras de Gondomar, levando o nome do noso municipio todo o máis alto”, manifestou o rexedor.

​Na recepción a atleta amosou a medalla de Bronce que gañou no Campeonato Europeo e explicoulles as súas sensacións de cara os xogos Paralímpicos de Tokio, nova meta que se marcou Desirée Vila. Esta veciña gondomareña logrou a súa clasificación o paado mes de maio no Mitin Basauri onde cun salto de 4,17 logrou superar os 4,07 esixidos nos criterios de clasificación para Tokio, aprobados polo Comité Paralímpico Español e as Federacións españolas de deportes de persoas con discapacidade. 

​Paco Ferreira trasladou, no seu nome e no de toda a veciñanza que representa, moita sorte a Desirée Vila, así como a súa total confianza en que logrará no país nipón “situar unha vez máis o nome de Gondomar no máis alto”.  

DJI_0135.jpg

 O goberno local de Gondomar destina estas axudas a familias en situación de emerxencia social cuxos fillos e fillas estean no ciclo de educación infantil.

 O próximo martes, 15 de xuño, abrirase o prazo para presentar as solicitudes para optar a estas axudas para adquisición de material escolar de educación infantil do próximo curso 2021-22, ás que poderán optar familias que se atopen en situación de emerxencia social.

​As axudas estarán destinadas aos alumnos e alumnas matriculados nos centros escolares de Gondomar e nos pertencentes ao Colexio Rural Agrupado (CRA).

​Os interesados deberán solicitar cita previa para a súa tramitación, chamando ao teléfono do Departamento de Benestar Social (986 360 168) onde tamén poderán obtertoda a información necesaria. 

​O prazo para a presentación das solicitudes finalizará o día 30 de xuño ás 14.00 horas.  

 

MODELO SOLICITUD AXUDAS MATERIAL ESCOLAR ED. INFANTIL

 

 ESCOBA DE PLATA.jpg

escoba plata 2.jpg

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, móstrase moi satisfeito porque “recoñecen o traballo que neste sentido estamos a realizar desde o noso goberno e a súa área de Medio Ambiente”.

 O xurado da Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATREGUS) deu a coñecer esta tarde o resultado da XVII edición do certame recoñecendo o importante traballo realizado polo concello de Gondomar e a súa aposta por mellorar o coidado do  medio ambiente e a sustentabilidade do municipio.

 ​A acta do xurado outorga a Escoba de Prata a Gondomar “pola posta en marcha de  novas accións e servizos destinados a facer do municipio unha contorna máis sostible, máis tecnolóxico e máis comprometido coa recollida selectiva e a reciclaxe”.

 ​Desde o inicio da actual lexislatura estes obxectivos foron unha prioridade para o goberno e o seu departamento de Medio Ambiente, dirixido por Brais Misa, que desenvolveu numerosas campañas informativas e de concienciación sobre a xestión dos residuos á vez que se facilitaron os medios para poder poñelos en práctica.

 Renovouse a frota da empresa encargada da limpeza e recollida de lixos, agora a cargo da UTE Ecogondomar, así como máis de mil contedores, sumando novos destinados a favorecer a división e reciclaxe dos residuos ou o reparto de preto de 300 composteiros individuais. Así mesmo investiuse máis de 70.000 euros na modernización, ampliación e reforma do Punto limpo que viu como o seu uso incrementouse nun 70 por cento o pasado ano, respecto ao 2019.

 ​“Pasos que seguiremos dando para converter Gondomar nun referente de sustentabilidade e nun municipio que protexe o medio ambiente tentando lograr na próxima edición deste concurso a Escoba de platino ou a de ouro”, apunta o rexedor.

 ​Os Premios Escoba, outórganse cada dous anos, e con eles  ATREGUS recoñece a aquelas institucións e organismos que máis destacan polas súas iniciativa  paramellorar  aspectos relacionados coa xestión dos residuos urbanos, a limpeza ou o aseo urbano en 

xeral das nosas  cidades e industrias, premiando os esforzos para estimular avances tecnolóxicos e de concienciación, que sirvan para mellorar a calidade de vida e sustentabilidade dos municipios.

 

 

198244506_2844412645821279_5399294299594857460_n.jpg

 

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, mantiveron este mércores unha reunión de carácter técnico para tentar desbloquear o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no que traballa o Concello desde o ano 2009.

Durante a xuntanza, na que tamén participaron o director do equipo redactor, Alfonso Botana, e a concelleira de Urbanismo, Iria Lamas, analizouse tecnicamente o documento e tratouse de consensuar os criterios a seguir en relación coas observacións formuladas no informe de consultas ambientais emitido pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a finais do ano pasado.

Na mesma liña, Encarna Rivas reiterou a súa dispoñibilidade a manter novas reunións para lograr avanzar na tramitación e ofreceu o asesoramento e apoio da Xunta ao concello, que, pola súa parte, se comprometeu a introducir no PXOM os axustes necesarios de cara a sometelo á aprobación inicial do pleno, previsiblemente en outono.

Neste sentido, cómpre ter en conta que, a día de hoxe, o concello de Gondomar non conta con planeamento propio e se rexe urbanísticamente polo Plan básico autonómico —unha ferramenta creada pola Xunta no ano 2018 e de aplicación directa naqueles municipios sen planeamento—, xa que o PXOM aprobado en 1997 foi anulado mediante sentencia firme do Tribunal Supremo no ano 2005.

Por este motivo, o Goberno local de Gondomar comezou a elaborar un novo Plan xeral hai máis dunha década, un obxectivo para o cal a Xunta lle concedeu unha subvención de preto de 225.000 euros, equivalente ao 90% do custo total estimado de redacción.

No marco da tramitación dese documento, mantivéronse unha serie de xuntanzas entre os técnicos de Urbanismo da Xunta e o persoal municipal para analizar diferentes versións do PXOM sen que o concello chegase a aprobar nunca de forma inicial ningunha delas.

Tras a entrada en vigor da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o concello de Gondomar tivo que reformular o documento, o que deu pé a novas reunións con Urbanismo. O último avance na tramitación do Plan produciuse en decembro do ano pasado, cando o órgano ambiental da Xunta formulou o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico

 gaiandas.jpg

 

 

​El gobierno de Gondomar, a través de su concejalía de Deportes, a manos de Nuria Lameiro, sigue apostando firmemente por el deporte y el fomento de hábitos saludables entre las nuevas generaciones y la veciñanza en general.

 

​Este mismo miércoles se han iniciado los trabajos de escarifeado del campo de fútbol de As Gaiandas, a cargo de la Diputación Provincial de Pontevedra, que cede medios humanos y maquinaria para poder llevar a cabo este proceso que permite eliminar la fina capa de materia orgánica en descomposición que suele formarse sobre el césped por su uso.

 

​En pocos días se procederá al pinchado del terreno para lo que el concello de Gondomar aportará dos gabarras de arena de río, necesaria para poder acometer la oxigenación del campo das Gaiandas.

 

vlcsnap-2021-06-02-10h19m23s840.jpg 

Madeira, entullos e poda copan as visitas ao Punto Limpo de Gondomar.

O Concello vén de modificar a normativa para dar resposta ás novas necesidades da veciñanza

 

 O Concello de Gondomar continúa o seu camiño cara un municipio máis sostible, apostando por unha política que prioriza accións na procura dese obxectivo ao longo de todo o ano. Dende a concellería de Medio Ambiente, dirixida por Brais Misa, quérense subliñar as importantes accións desenvolvidas para mellorar as instalacións do Punto Limpo municipal, e actualizar a normativa que o regulaba adaptándoa á nova realidade e ás novas necesidades da veciñanza, cada vez máis concienciada medioambientalmente. Proba delo é que só de abril a decembro de 2020 recibiu un 70% máis de quilos de residuos que con respecto ao mesmo período de 2019.

 

En total o ano pasado depositáronse 309.502 quilos de residuos de todos os tipos. O material que máis depositado no punto limpo foi madeira, en forma de mobles ou doutros elementos a reciclar, con case 87.000 quilogramos. En segundo lugar sitúanse entullos variados (formigón, ladrillo, tellas e materiais cerámicos), con 42.300 quilos, seguidos dos máis de 36.000 kg de poda depositados, os 32.840 de metais e os 25.530 de voluminosos. 

 

Por outro lado, os plásticos xeraron case 16.300 quilos de residuos que foron trasladados ao punto limpo e os aparatos con circuítos de gases refrixerantes o amoníaco (como neveras o conxeladores, entre otros) que representaron un total 14.343 quilogramos. Ademais, recolléronse 9.200 kg de colchóns, case 3.000 de pneumáticos fóra de uso, 1.320 kg de roupa e calzado e 1.120 de vidro. 

 

Xa por debaixo desas cantidades tamén se depositaron no punto limpo pinturas e vernices con e sen disolvente (972 kg), aceites vexetais (935), aceites minerais (900), pilas (498), tubos fluorescentes e lámpadas de descarga (275), envases compostos como bricks ou tóner (190), baterías de chumbo (53), aerosois procedentes de vehículos (37), envases de metal ou plástico contaminados (34), filtros de aceite (33) e ata absorbentes e trapos de limpeza (4 kg).

 

 Un 30,4% máis de tipoloxías

 

Unha das principais novidades deste renovado Punto Limpo foi a ampliación por parte do Concello da tipoloxía de residuos e das cantidades máximas que se poden depositar, o que repercutiu nun aumento do 30,4% na tipoloxía de residuos entregados en cada recepción realizada. Ademais, nesta aposta por adaptar as instalacións ás necesidades da veciñanza creouse un lugar específico para Residuos e Aparellos Eléctricos e Electrodomésticos (RAEES), que cada vez adquiren maior importancia e requiren máis espazo. Neste sentido, no ano 2020 o punto limpo recorreu 13.860 quilos de monitores e pantallas, 12.800 kg de grandes aparellos eléctricos e electrónicos e outros 10.218 de pequenos aparellos.

 

Crece o número de usuarios

 

Unha aposta por parte do goberno que atopa unha resposta directa por parte da poboación de Gondomar como demostran as 2.498 entradas de usuarios e usuarias rexistradas de abril a decembro de 2020 de 2020, o que representa un incremento dun 11,5% respecto ao mesmo periodo do ano anterior. Máis do 52% destas entradas foron de veciños e veciñas procedentes das parroquias de Vincios (700 usuarios e usuarias) e Gondomar (608), seguidas xa de lonxe por Vilaza (197), Donas (189), Chaín (186), Mañufe (174), Peitieiros (169), Morgadáns (115), Borreiros (112) e Couso (48). Por cada entrada deses usuarios nas instalacións do punto limpo rexistráronse unha ou varias entregas de residuos, xerando en total 16.291 depósitos.

O Punto Limpo, situado na Pasaxe, en Vincios, busca converterse nun centro ambiental moderno que permita a particulares levar residuos que non son susceptibles de ser depositados nos colectores orgánicos ou de reciclaxe, garantido a súa correcta xestión. Lémbrase que o punto limpo é un servizo exclusivo para persoas empadroadas en Gondomar, titulares catastrais, persoas arrendatarias ou terceiros con autorización. Todo o material que chegue deberá estar xa seleccionado e hai limitación de cantidades en función da tipoloxía de residuo. 

As instalacións están abertas ao público de luns a xoves en horario de 16.00 a 19.00 horas e venres e sábado de 09.00 a 13.00 horas. Ademais, o Concello ten a disposición da veciñanza un servizo de recollida de voluminosos co que contactar a través do teléfono gratuíto 900 107 382.

 

Captura de pantalla 2021-06-07 a las 22.21.46.png

O xurado profesional distinguiu o traballo feito polo establecemento “Terra, cebada e uva” que recibiu o primeiro premio, patrocinado polo Parado de Turismo “Conde de Gondomar”. Pola súa banda a Xamonería, Tapería Bastión obtivo o primeiro premio outorgado polo xurado popular , converténdose así os dous establecementos nos gañadores da VII Festa da Empanada de Gondomar.

 ​A votación popular outorgou o segundo premio deste certame a empanada elaborado por “Terra, cebada e uva”, mentres que o terceiro posto foi para a XamoneríaCatro Camiños. Todos eles recolleron os diplomas acreditativos esta mañá nun acto no que participaron o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, o presidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, Jose Angel González, e a concelleira de Comercio, Rocío Goberna. 

​O concurso organizado pola Asociación de Comerciantes do Val Miñor ( OVALMI), coa colaboración do  concello de Gondomar, desenvolveuse entre os días 20 e 23 de maio nun total de 10 establecementos nos que as persoas que degustaron as distintas  empanadas depositaban os seus votos, unha colaboración que tamén se premiou cun sorteo de 4 vales de 25 euros para poder consumir en calquera dos locais participantes.

​“Aos poucos imos recuperando a normalidade no sector da hostalería, que con iniciativas destas característica dá un paso máis cara a ese obxectivo, no que sempre contará coa colaboración do goberno de Gondomar”, concluíu o rexedor Paco Ferreira

 

2019_C.jpg

 

Poderá coñecer deste xeito oseu impacto ambiental e acometer acciónsconcretaspara combatelo con máis precisión

Coincidindo coa celebración do Día Mundialdo Medio Ambiente o concello de Gondomarven de recibira confirmación da súa adhesión a esta iniciativa quedesenvolve a Rede Española de Cidades polo Climaencolaboración co Ministeriopara a TransiciónEcolóxicae o Reto Demográfico (MITERD) que outorga Gondomar un selo oficialCalcula2queratificao cálculo e metodoloxía empregadose engadea pegadadecarbonoa un Rexistro Nacional.

A iniciativa “busca mellorarnoso traballona loita contra o cambio climático e na  conversión de Gondomar nunha localidade sostible ouresiliente”, afirmao alcalde Paco Ferreira, quenlembra“que con este novo paso demostramos que a nosa apostapolo  medioambiente,e o futuro da nosa contorna e do noso planeta,é firmee decidida”.

A pegada de carbono deGondomar calculousetendoenconta o gasto que xeran os edificios e sedes municipais, ailuminación pública e as frotas de vehículosdependentes do concello, sendo o resultado de 958,68toneladas de dióxido de carbono anuais.

Dende a concellería de MedioAmbiente, que dirixeBrais Misa,se traballa de forma decidida por reducir a pegada de carbono na medida do posible. Proba deloéo uso deenerxía renovables e a súa progresivaimplantaciónnos próximos anos, que se fixoucomo obxectivo o goberno local. Na actualidade, osConsistorio e o edificio de Urbanismo empreganxabiomasa.

 

Unhaenerxíaquese está a implantarno Centro de  Desenvolvemento Local(CDL) no queestán en marcha xa as obrasde instalación dunha novacaldeira. Neste proxecto seinvestiránalgomáisde100.000euros, financiados acargo dos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia(Inega)ecofinanciado a través dos fondos europeos  FEADER.Ademais da instalación térmica dabiomasa, o proxecto contempla a colocación dun depósito de inercia de 1000 litros que almacena enerxía quexeraa caldeira, así como a instalación dun contadorpara a medición de kWh térmicos consumidos.

Unha mellora que repercutirá positivamente na pegada de carbono doconcello no futuro e que nestes momentos,tendoen conta os parámetros que a definen,foi identificada pola concellería de MedioAmbiente,dirixida por Brais misa, no período 2019-2020.

Rss