^ Ir arriba

novas

Wednesday, 02 June 2021 16:25

O CONCELLO DE GONDOMAR XESTIONARÁ OS COMEDORES ESCOLARES

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro, mantiveron esta semá encontros coas direccións dos colexios do municipio e os representantes das súas ANPAS para confirmarlles que o goberno local seguirá xestionando o servizo de comedor dos centros, como viña facendo ata o de agora.

A pesar de que recentemente nun encontro con responsables da Consellería de Política Social requiriuse á Xunta que asumise o servizo, esta decisión pospoñerase ata o próximo curso académico 2022-2023 data na que o departamento autonómico sacará a concurso os novos contratos.

"Resulta triste que se queiran facer política e buscar réditos electorais con estes temas, xerando alarmas innecesarias arredor deste asunto, coñecedores de que se está traballando niso estión ctal e como se explicou a directores/as e ás anpas", en referencia ás críticas vertidas por parte do BNG nos últimos días. "Denuncias e queixas que, como se pode ver, eran carentes de sentido e dende logo non defendían, precisamente, ás familias do municipio", puntualiza o alcalde.

A xestión correrá a cargo da empresa de catering que serviu  aos comedores escolares dos colexios públicos do municipio durante o presente curso, cun prezo de menú que alcanza os 6,60 euros. Desta cifra as familias que fan uso do servizo pagan 4,14 euros - excepto as que se atopen en situación económica vulnerable que non deben pagar nada- e as administracións abonan o resto.

photo_2021-06-02_12-36-11.jpg