^ Ir arriba

novas

Friday, 28 May 2021 11:33

Gondomar pecha a programación do Mes das Letras con “Caldo” grupo de música folk

O Concello de Gondomar, a través da concellería de cultura, pecha a súa programación do mes de maio, Mes das Letras, cun concerto este domingo ás 12:00 horas na Praza Paradela có grupo de música folk “Caldo”.
CALDO son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas.
Creado con agarimo, CALDO resulta un prato musical delicioso, no que os ingredientes viven unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.

 

FOTO.JPG