^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

O grupo parlamentario do PSdeG-PSOE presentou unha iniciativa neste sentido esixindo a reconfiguración da zona para resolver os importantes problemas de tráfico.

O alcalde de Gondomar recibiu hoxe á deputada socialista Leticia Gallego que anuncio a presentación dunha iniciativa parlamentaria instando á Xunta a reconfigurar a zona “para resolver os problemas de tráfico e mellorar o espazo urbano de Gondomar”, medida que se adopta xunto a outras no Parlamento galego “tras rexeitar as enmendas aos orzamentos 2021 nas que se pedíase ao goberno autonómico que incluíse a partida para esta demanda histórica do municipio”.
Unha idea na que tamén incidiu o rexedor gondomareño, Paco Ferreira, que lembrou que é responsabilidade da Xunta actuar na zona “ao ser a intersección da PO-331 e a PO-340 ambas de titularidade autonómica e porque estamos a falar dun punto negro no que se rexistran moitos accidentes ao longo do ano, polo que insistimos en que é necesario, urxente e moi importante que se acometa a súa remodelación”.
Paco Ferreira lembrou que son moitas as ocasións nas que se trasladou esta cuestión á Consellería de Infraestruturas e que “seguimos sen resposta”. Explicou que no punto conflúe o tráfico procedente do Baixo Miño, Ramallosa e Vigo desembocando “nunha rotonda inexistente, que non se adapta ás normativas vixentes e na que a non hai sinalización vertical de xiro. Máis que unha rotonda podemos dicir que os coches acceden a un obstáculo”, manifestou Paco Ferreira.
Reiterou, xunto á deputada Leticia Gallego, que a Xunta “non pode delegar a súa responsabilidade e debe atender esta petición coa que só que quere acabar cun punto negro na circulación e garantir unha mobilidade segura”. Nese sentido, Paco Ferreira explicou que “dende o concello de Gondomar reivindicamos pero tamén estamos dispostos a axudar ou formar parte dun convenio de colaboración coa Xunta, na que como titular do vial, comprométase a asumir o investimento necesario”.
Desde o executivo de Paco Ferreira déronse xa pasos á espera de que a Consellería de Infraestruturas responda, e elaborouse un informe que sinala que “o punto se converte nun cruzamento de vías crave para o pobo de Gondomar e para o Val Miñor,en xeral. A súa actual morfoloxía de encontro non permite que exista fluidez nos movementos debido ao reducido diámetro da rotonda, que impide o xiro de vehículos de grandes dimensións; o mínimo espazo do carril de circulación que impide a entrada e circulación de varios coches á vez na rotonda, ou a ausencia de carril de desvío de tráfico en caso de aumento de afluencia”.
Sobre a mesa unha proposta para solucionar este problema que supoñería a actuación sobre unha superficie de 3000 metros cadrados e un investimento aproximado de 725.000 euros que, “a Xunta debería incluír nos seus orzamentos porque se trata de estradas de titularidade autonómica e o único que buscamos e grantir a seguridade das persoas”, concluíu Paco Ferreira.

2O4A6534.jpg

WhatsApp Image 2021-03-25 at 14.55.21.jpeg

 

O certame, organizado pola concellaría de Comercio e Turismo, que dirixe Rocío Goberna, púxose en marcha como unha iniciativa para promover a dinamización do sector e o consumo na hostalería local ante a difícil situación que vive como consecuencia da pandemia e as continuas restricións ás que se viu sometida. O segundo premio recaeu sobre a xamonería “Catro Camiños”, mentres que “Terra, uva e cebada” fíxose co terceiro.
O acto de entrega dos galardóns celebrouse este martes e nel o rexedor, Paco Ferreira, agradeceu o esforzo e gran traballo que está a facer a hostalería de Gondomar “nestes momentos difíciles que nos están tocando vivir a todos e todas” e nos que, asegurou, “o noso goberno estará ao voso lado promovendo axudas e iniciativas que permitan que esta travesía sexa máis fácil para todo o sector”.
Así lembrou que recentemente se aprobou unha partida de 100.000 euros para axudas directas a hostalería e o sector do taxi ás que se suman ideas como este Concurso de Tostas de Outono que “tiña como obxectivo fomentar o consumo nos establecementos de Gondomar que concursaban, xa que os usuarios que votaron entraban nun sorteo no que os gañadores serían premiados con vales de 200 euros, 100 e 50 euros que deberán gastar nos establecementos gañadores”.
O primeiro premio recaeu sobre a tosta “Mar e Terra”, con 590,5 votos, na que se combinaban os produtos da terra cos de tempada combinando sobre unha rebanada de pan de centeo, ventresca, piquillo, noces, parmesano e balsámico de módena. Unha tosta que leva aparellada a entrega da “chaquetilla de chef” oficial do certame e a posibilidade de encabezar o cartel de promoción da seguinte edición.
O “Bocado do Monte” da xamonería “Catro Camiños” obtivo un total de 556.5 votos, o que lle otorgou o segundo posto, e “Terra, Uva e Cebada” con 496 papeletas ocupou o terceiro lugar coa súa tosta de Mencía e Figos. Ambos recibiron un diploma acreditativo.
No acto de entrega tamén estiveron os clientes premiados que obtiveron 200 euros, 100 e 50 euros en vales que poderán utilizar en concepto de cea, comida e xantar nos tres establecementos que accederon ás mellores puntuacións, isto é os 200 euros corresponden ao primeiro premio, os 100 ao segundo e os 50 ao terceiro.
O alcalde Paco Ferreira destacou a gran acollida que tivo esta primeira edición do Concurso de Tosta de Outono de Gondomar no que participaron preto dunha quincena de establecementos cunha oferta variada e orixinal, e expuxo a súa confianza en que o próximo ano este número de participantes crezca.

164007805_2791035574492320_8509329607660862493_o.jpg

"O seu labor é coñecida e admirada por todos e todas, e a súa entrega e dedicación aos integrantes da asociación Discamino, e as persoas con discapacidade, é un referente", asegura o alcalde, Paco Ferreira, que subscribiu o manifesto de apoio á candidatura ao Premio Princesa de Asturias da Concordia.
A súa dedicación ás persoas con discapacidade arrinca no 1996 compatibilizando o seu traballo de policía local co de adestrador de atletismo a usuarios da ONCE. Aí nace a idea de "Discamino".
A Asociación, con once anos de vida, permitiu que 115 persoas con discapcidade puidesen realizar o Camiño de Santiago e vivir esta experiencia. Unha iniciativa que xunto á traxectoria vital de Javier Pitillas lévanos a apoiar esta candidatura por entender que sería un merecido recoñecemento.
Grazas polo teu traballo e exemplo
#Discamino #PitillasCandidatoPremioConcordiaPrincesaAsturias #Gondomar

Fotos: faceb Javier Pitillas

28336231_2100271290259870_6473551014656933283_o.jpg

A programación arrincará o vindeiro sábado 27 de marzo e prolongarase ata o 01 de maio cun total seis representacións e cuxas entradas se poderán adquirir a partir de hoxe mesmo a través do despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal que Gondomar estrea esta temporada para garantir total seguridade no cumprimento da normativa covid19 e facilitar o acceso ás entradas.
Desta maneira facilitarase a adquisición de entradas de forma telemática evitando o uso de papel e empregando un código QR que servirá para acceder ao teatro o día da función. O prezo oscilará entre os 2,5 euros (espectáculos familiares) e os 3,5 euros (teatro para adultos) e poderán retirarse para calquera das seis obras previstas na programación.
O espectáculo familiar ¡Ciencia que alimenta! de Compañía Rota e Descosida dará o pistoletazo inicial á programación teatral de primavera en Gondomar este próximo sábado 27 de marzo ás 18.00 horas da tarde, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro. A ela sumaranse “O Mel non caduca” de Iboprufeno Teatro (03 de abril); “Despois das ondas” de Butaca Zero (10 de abril); “Italiano Grand Hotel” de Cia La Tal; “Zampalibros" de Sarao Animación (24 de abril); e, “Pyka” de Cinema Sticado (01 de maio).
“Buscouse unha programación pensada para todos os públicos, para familias e para adultos, nun apoio claro que desde un principio tivo este concello co mundo da cultura e todos os seus integrantes ante as consecuencias xeradas pola covid19 neste sector”, manifesta o alcalde, Paco Ferreira, quen subliña que “son miles os empregos que xera anualmente e debemos estar ao seu lado, na medida do posible, porque a cultura é segura”.
¡Ciencia que alimenta! con Carlos Godoy e Cecilia Vázquez sobre o escenario, levantará o pano da programación teatral de primavera en Gondomar o próximo sábado. Sobre as táboas do Auditorio Municipal Lois Tobío os artistas demostrarán ao público que a ciencia non entende de xéneros e que está ao alcance todas e todos.
As entradas xa están á venda (2,5 euros) no despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal activo desde hoxe martes e no que tamén se poderán consultar o resto de representacións, os seus horarios e adquirir as entradas se así se quere.

photo_2021-03-23_14-00-39.jpg

O alcalde Paco Ferreira, acompañado pola concelleira de Xuventude, Nuria Lameira, inaugurou hoxe o curso dirixido a mozos de entre 17 e 30 anos, veciños de Gondomar, cuxo obxectivo final e facilitarlle ferramentas para a súa inclusión no mercado laboral.
Unha quincena de mozos e mozas participarán nos próximos meses neste novo curso promovido a través da OMIX e que céntrase no proceso de "picking", é dicir, a selección de productos adquiridos por un cliente vía en liña, comprobrar o seu estado, preparalo, etiquetalo e embalalo para facelo chegar ao seu destino.
Recibirán unha formación de 100 horas (30 delas teóricas e 70 prácticas), adquirindo coñecementos básicos para este tipo de traballos e que busca facilitar a súa entrada no mercado laboral.

2O4A2221.jpg

 

As familias interesadas xa poden presentar a súa solicitude para acceder a este servicio, dirixido a menores entre 0 e 6 anos, derivados xeralmente dende o Servicio de Pediatría. 

A Unidade ofrece programa de estimulación; lenguaje e comunicación; motricidade; cognición; e, hábitos e habilidades de autonomía.

A solicitude (que figura na parte inferior), unha vez completada, deberá entregarse no Rexistro Municipal do Concello de Gondomar. 

Descargar o formulario aquí.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, publicou esta tarde a resolución pola que decreta dous días de loito oficial – a partir das 00.00 horas deste 20 de marzo- durante os que as bandeiras dos edificios oficiais ondearán a medio mastro.

Esta decisión, tal e como se recolle no texto, quere ser o testemuño da dor e condolencia da veciñanza de Gondomar ante este tráxico suceso no que desgraciadamente perderon a vida, María Luisa Gondell Soliño e os seus dous fillos  Beltrán e Daniela, cunha vinculación estreita co municipio ao residir nunha das súas parroquias parte da súa familia.

A vítima e os seus fillos, naturais de Nigrán, faleceron nun tráxico accidente rexistrado na noite do venres despois de chocar dous coches na PO- 510, en Salceda de Caselas, no que outra persoa resultou ferida de gravidade.

Segundo confimaron os Bombeiros do Baixo Miño ao 112 foi preciso empregar material de excarcerlación para liberar ás tres persoas atrapadas, dúas nun vehículo e a terceira no segundo coche implicado. A pesar dos esforzos realizados polos equipos de emerxencia non se puido facer nada para salvarlles a vida a María Luisa Goldén e aos seus dous fillos.

Gondomar 20 de marzo de 2021

162786011_2788953188033892_6672272539634398585_o.jpg

O goberno local mantén así a colaboración que desde hai anos sostén coa Asociación coa que anualmente asinan un convenio de colaboración con dotación orzamentaria para atender as necesidades dos menores na zona aos que ademais enviarán roupa, máscaras e material escolar e informático.
A caravana solidaria ponse en marcha ante a suspensión do programa “Vacacións en Paz” como consecuencia da pandemia e o peche de fronteiras que xerou a aparición da COVID19 algo que “non nos pode deixar de brazos cruzados nin a voluntarios nin á sociedade”, manifestou a presidenta da Asociación Mayte Isla Avión, quen agradeceu “a constante resposta positiva e implicación que recibimos por parte do goberno de Gondomar, e o seu alcalde Paco Ferreira, cando pedimos a súa colaboración”.
A representante da delegación en Galicia da Asociación estivo acompañada no acto polo rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, o delegado saharauí en Galicia, Mohamed Zerga, a concelleira de Benestar Social, Nuria Lameiro e o concelleiro de Medioambiente e Voluntariado, Brais Misa, así como outros representantes de SOGAPS.
O alcalde Paco Ferreira explicou que “desde un principio tivemos clara nosa participación na caravana solidaria que estaban a preparar e a nosa contribución nela.” Así, Gondomar cede tres vehículos: un camión recolector vertedoiro cunha capacidade de 22 metros cúbicos; un camión recolector de caixa aberta con guindastre; e, unha furgoneta Citroën 15.
Todos eles partirán na caravana que o domingo se pon en marcha cara a Alacante desde cuxo porto serán trasladados ata os campos de refuxiados de Tinduf.
Gondomar suma aos vehículos catro palés con roupa, calzado, mantas, material informático e escolar, así como unha dotación de máscaras cirúrxicas, concretamente un total de 320.000 unidades. Entre as pezas que se farán chegar ao Sahara roupa deportiva como suadoiros, camisetas, polos ou pantalóns de chándal, aos que se suman chaquetas, panos, gorras e calzado.
“O noso compromiso con esta asociación é unha realidade desde hai anos, a través dos convenios subscritos con dotacións de ata 4000 euros para facilitar o traslado dos pequenos e pequenas no verán ao noso municipio, unha axuda que mantivemos o 2020 -en menor proporción- a pesar de que non puido celebrarse facilitando así adquisición de alimentos para trasladar aos campamentos nos que vense obrigados a vivir desde hai décadas estas persoas” sinalou o rexedor Paco Ferreira.
Lembrou que “Gondomar e a súa veciñanza somos un pobo solidario e sempre buscaremos a forma axudar aos máis necesitados, tanto os que están preto de nós, como os que viven noutros lugares do mundo e que requiren da nosa axuda” e animou ao resto das administración a apostar por este tipo de iniciativas.
Por último encomiou o gran labor que se está desenvolvendo a SOGAPS, especialmente a delegación de Galicia, destacando “a implicación e o traballo sen descanso da súa presidenta Mayte Isla Avión e o delegado do pobo saharauí en Galicia, Mohamed Zerga, así como o de todo o voluntariado que posibilita mellores condición de vida para os miles de refuxiados do Sahara”.

2O4A2142.jpg

As novas incorporacións beneificiarán a persoas que se atopen desempregadas neste momento e ocuparán postos de interese xeral e social. As contracións executaránse a través do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial de Pontevedra, concretamente da súa liña 3. Nelas recollese unha partida total de 158.069 euros para á contratación, que se fará tras un proceso de selección a través da oferta no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Nesta ocasión se cubren dez postos para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal cun salario establecido no convenio colectivo do municipio para cada categoría. Tanto o custo salarial, como a cotización a Seguridade Social estarán financiados por la Deputación provincial.
As prazas que se cubrirán en Gondomar serán as de seis peóns de obras públicas, dous conductores (retroexcavadora e tractor); un auxiliar de biblioteca, e un técnico en turismo.

O goberno local de Gondomar, a través da súa concellería de Medio Ambiente, fixo entrega dun centenar de trampas a apicultores do municipio para evitar a formación de niños e a proliferación das avespas velutinas nos meses nos que esta especie inicia a súa reprodución.
As trampas servirán para atraer ata elas ás raíñas, coincidido cos meses nos que constrúen os niños primarios nos que manteñen ata a 50 novos exemplares, que posteriormente construirán os niños secundarios moito máis grandes e en máis cantidade.
En total fíxose entrega dun centenar de trampas que se repartiron entre 50 apicultores do municipio. Cada un deles recibiu un par xunto a dúas dose de líquido atraínte para enchelas, así como unha pequena explicación por parte dos técnicos do seu funcionamento.
Ao acto de entrega asistiu o rexedor do municipio, Paco Ferreira, acompañado polo edil de Medio Ambiente, Brais Misa, e lembrou que “dende sempre o noso goberno mostrou a súa disposición para axudar aos apicultores ou a quen se vía afectado por esta especie invasora, o ser fundamental a colaboración entre administracións aínda que a responsabilidade de prestar os medios e a axuda é da Xunta de Galicia, a través do 012”.
Fixo fincapé en que ese debe ser o teléfono ao que se dirixan aqueles que detecten un niño de velutinas para que llo retiren pero conscientes de que a resposta “é demasiado lenta o non cumpre os prazos indicados” veciños expertos veñen realizando esta tarefas desde hai tempo.
A eles agradecéuselles o traballo realizado e o pasado ano fíxoselles entrega de tres traxes de protección integral e materiais específicos para que realicen este labor, que desenvolven de forma altruísta. No que levamos de ano retiráronse 32 niños de avespa velutina, aos que se suman os preto de 200 do 2020. A avespa velutina é unha especie que supón un risco para a biodiversidade xa que afecta directamente á produción apícola e frutícola, ao estar a súa dieta formada basicamente por abellas e froita.

2O4A1661.jpg

Rss