^ Ir arriba

novas

Novas Concello de Gondomar

Novas Concello de Gondomar

A concellería de Comercio, Formación e Emprego informa sobre os seguintes Obradoiros telemáticos de Smart Peme (Deputación de Pontevedra) dirixidos a comercios, autónomos e emprendedores:

Marketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector 25/05/2021 12:00 Obradoiro telemático a través de Zoom.

Demostración de solucións para o sector comercio 26/05/2021 09:00 0bradoiro telemático a través de Zoom

Edición de fotografía co teu ordenador: Polarr 26/05/2021 18:00 Obradoiro telemático a través de Zoom.

Debuxo con Onshape, PartStudio II 27/05/2021 12:00 Obradoiro telemático a través de Zoom.

Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet II 27/05/2021 18:00

Máis información e inscripción en: https://smartpeme.depo.gal/eventos?mes=4&fechaFin=27%2F5%2F2021&fechaInicio=25%2F5%2F2021&anho=2021

Tuesday, 18 May 2021 17:51

SOS A TERRA

Actividade de Concienciación Ambiental, nos centros educativos de primaria do Concello de Gondomar.

A Concellería de Xuventude de Gondomar na súa labor de informar e concienciar sobre temáticas de diversa índole, apostou para levar a cabo nos centros educativos de primaria unhas actividades de concienciación medioambiental.
“A TERRA necesita coidados, é a nosa única casa”, esa é a premisa desta iniciativa. Mediante xogos e experimentos de xeito lúdico e creativo coñecerán os síntomas que padece o planeta, como lle afectan os cambios , distintos tipos de contaminación, a obsolencia planificada e medidas que podemos adoptar para o coidado do noso planeta.
Máis de 100 rapaces de quinto de primaria do noso concello van participar desta iniciativa de concienciación ambiental no mes de maio.

CARTEL XERAL .jpg

Monday, 17 May 2021 08:00

DIA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBIFOBIA

A Organización Mundial da Saúde despatolaxizou a homosexualidade e a bisexualidade, un 17 de maio de hai máis de 30 anos, pero os anos pasan e temos que seguir reivindicando os nosos dereitos para que o colectivo LGTBI siga estando presente na axenda política e social do noso país.
“En tódalas rexións hai persoas que sofren violencia e discriminación debido á súa orientación ou identidade sexual. En moitos casos, a soa percepción de homosexualidade ou identidade transexual pon ás persoas en situación de risco. As vulneracións consisten, entre outras, en asasinatos, violacións e agresións físicas, torturas, detencións arbitrarias, denegación de dereitos de reunión, expresión e información e discriminación no emprego, a saúde e a educación”. Este parágrafo correspóndese ao informe que desenvolveu o Alto Comisionado para os Dereitos Humanos de Nacións Unidas. Este informe correspóndese ao 2011, pasaron 10 anos da súa publicación e por desgraza estas situacións séguense producindo e están moi presentes na nosa sociedade.
Nos últimos anos son moitos os avances en igualdade que se conseguiron. Con todo, no noso país seguen existindo moitísimos casos de discriminación cara ao colectivo LGTBI. Por todo iso, os e as socialistas facemos un chamamento ao conxunto da sociedade, organizacións sociais e políticas, á vez que aproveitamos este día para reiterar e confirmar o noso decidido compromiso coa loita e prevención da discriminación das persoas LGTBI. De maneira máis específica, consideramos que a actual tramitación e aprobación definitiva de Lei de igualdade de Trato e non discriminación ofrece un novo e importante avance normativo e aporta ferramentas concretas para traballar para previr a discriminación cara ás persoas LGTBI.
O noso país foi pioneiro en aprobar a lei do Matrimonio igualitario en 2005, permitindo ás persoas do mesmo sexo casar.
Somos conscientes que conseguir un dereito en moitos casos non é consolidalo, e por iso debemos seguir reivindicando sen esquecer que a loita segue, aínda máis nestes momentos en que as políticas da ultradereita entraron nas nosas institucións e convertéronse en altofalantes do odio cara ás persoas LGTBI e outros moitos colectivos. Non podemos esquecer que esa ultradereita quere implantar o pin parental, que non permite unha educación en igualdade para crear unha sociedade que fomente o respecto e a igualdade.
Tamén nos países da nosa contorna séguense producindo terapias de reversión, “de curación da homosexualidade“. Na actualidade en España non está prohibido a nivel estatal, aínda que levamos tempo traballando para que así o sexa, con todo, existen Comunidades Autónomas que si o prohiben nas súas leis Lgtbi. Debemos conseguir que España sexa o quinto país europeo en prohibilo en todos os seus territorios.
Dende o Concello de Gondomar temos que seguir apoiando as reivindicacións deste colectivo ata que se convertan nunha realidade no BOE, apiando a lexinslación contra a discriminación das persoas LGTBI e para erradicar tódalas formas de discriminación cara ás persoas trans, en todos os ámbitos e de tal forma que ninguén poida expor recursos a través do Tribunal Constitucional que poñan en perigo os dereitos conquistados polas persoas LGTBI. Seguiremos sendo o altofalante dunha sociedade diversa onde non cabe a normalización dos discursos de odio.
Hoxe día Internacional Contra A LGTBifobia dende o PSdeG:
- Queremos mostrar o noso apoio a todas as persoas LGTBI que son perseguidas e obxecto de delitos de odio e/ou discriminación en calquera faceta das súas vidas.
- Solicitamos o impulso de campañas de sensibilización e a implicación do conxunto das institucións na tarefa de promover mecanismos de apoio e respecto.
- Traballaremos para que no marco lexislativo nacional se supriman as terapias de reversión.
- Traballaremos para que España siga fomentando o asilo e refuxio a persoas LGTBI perseguidas nos seus países de orixe.
- Seguir traballando nos centros educativos, as diferentes administracións e tamén nos centros de maiores a formación sobre a diversidade sexual.
- Seguiremos impulsando unha lei para a igualdade de trato e non discriminación do colectivo LGTBI, abordando de forma integral os obstáculos para o exercicio da súa plena cidadanía e atendendo de forma específica as necesidades das persoas trans.

PHOTO-2021-05-14-15-45-08.jpg

A recén estreada traxicomedia “32 m2” trae o confinamento á escena, e é o título do último espectáculo do programa escénico de primavera en Gondomar
O domingo 9 de maio ás 20:00 horas no auditorio Lois Tobío de Gondomar terá lugar a última montaxe ecénica da tempada. Cun prezo de 3,50 € por persoa de venda on- line no link https://taquilla.concellodegondomar.gal/
Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m2. A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada. 32m2 é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.

poster 32m.jpg

Tuesday, 04 May 2021 17:08

XXXI FESTA DA BICICLETA DO VAL MIÑOR

Por mor do estado de alarma sanitario que estamos padecendo pola pandemia da COVID-19 e despois da publicación por parte das administracións competentes co DOG Núm. 38-Bis Xoves, 25 de febreiro de 2021, o Concello de Gondomar vese na obriga de presentar o seguinte regulamento para esta festividade:

documento icono.pngRegulamento.pdf

(preme para ampliar)

FOLLETO bicicleta .jpg 

CARTEL FESTA DA BICICLETA 2021.jpg

 

 

Dende a Concellería de Igualdade e a través do Centro de Información á muller, dirixida por Nuria Lameiro,

somos conscientes que desde o goberno local é importante sensibilizar á sociedade sobre a importancia da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Por iso, unha vez máis apóstase polas novas xeracións, programado dous talleres que se ofreceron aos centro educativos do municipio.

Un centrado na educación afectivo-sexual e outro na detección dos micromachismos.

Estes talleres deron comezo o pasado 22 de abril no CEP Neira Vilas e finalizan mañá 5 de maio no CEIP Chano Piñeiro, impartidos tamén no CEIP Souto Donas.

A súa acollido foi moi positiva entre o profesorado e o alumnado de 6º de primaria.

LOGO IGUALDADE.jpg

O Centro de Información á Muller (CIM) da Concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, informa que se pon en marcha unha nova edición do campamento urbano Gondoverán coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

O seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo en horario de 9 a 14h con posibilidade de 8 a 15h, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral da nena/o a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

Como novidade este ano poderase solicitar por quincena ou todo o mes completo.

Contarase con 100 prazas para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nados entre os anos 2008 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2018 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos/as doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores ou titores/as legais sexan persoas traballadoras no municipio de Gondomar. Estas prazas serán adxudicadas por orde de entrega de documentación a través do Rexistro no Concello ou na sede electrónica.

A inscrición realizarase do 3 ao 13 de maio a través do Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9.00 a 14h ou ata as 23.59h do 13 de maio a través da Sede Electrónica.

Para calquera dúbida as persoas interesadas poderanse dirixir ao CIM, na Casa da Cultura, no teléfono 986 389 355 ou no seguinte correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Podes descargar os documentos abaixo.

Cartel.jpg

Preme para ampliar:

Triptico.jpg

 

Documentos:

 

documento icono.png Autorizacións.pdf

documento icono.pngObrigas.pdf

documento icono.pngSolicitude.pdf

 

Infórmase a todos os interesados que deberán presentar a documentación relacionada no Rexistro Xeral do Concello ou mediante sede electrónica na maior brevidade posible, para a sua concesión debendo reunir os requisitos solicitados.

(Achégase folla de solicitude abaixo)

Gracias!!!

documento icono.pngSolicitude

O Centro de Información á Muller (CIM) da Concellería de Igualdade informa que se pon en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN EN LIÑA. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que xa levamos traballando estes últimos anos. 

Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Engadir que as prazas serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición a través do rexistro do Concello ou da Sede Electrónica, sempre e cando se cumpran cos requisitos e se entregue toda a documentación correctamente.

A oferta formativa deste ano será:

  • A ensinanza do inglés para nenos/as de 1 a 3 anos (40h)
  •  Organización de actividades en institucións sociais (20h)
  • ­ Atención sociosanitaria a enfermos de Alzheimer (20h)
  • ­ Administracion electrónica 2021 (30h)
  • ­ Hixiene e manipulación de alimentos (5h)
  • ­ Igualdade de oportunidades (150h)

Engadir que só se poderá realizar un curso por persoa e cóntase cun total de 15 prazas por curso. A inscrición deberá formalizarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do 26 de abril ao 5 de maio.

Para máis información acudir ao CIM, na Casa da Cultura, telf: 986 389 355 ou This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Por último, dicir que esta actividade é cofinanciada con cargo aos créditos recibidos pola Deputación de Pontevedra.

Podes descargar o formulario aquí:

documento icono.png

Desde o departamento do goberno local ofreceuselles un composteiro individual convidándolles a empregarlos para xestionar os restos orgánicos procedentes das comidas e merendas do alumnado e evitar que acaben no colector de fracción de resto.

Segundo confirman desde o departamento do Medio Ambiente “a resposta foi moi positiva e maioritaria, demostrando a súa implicación en actividades que permitan sensibilizar ás novas xeracións na loita contra o cambio climático e a defensa da riqueza natural do noso concello”.

Desde o goberno local poñerase ao dispor dos colexios que o soliciten un composteiro individual de 300 litros onde poderán reciclar os residuos orgánicos que se xeneren nel. Así mesmo tamén se lles pon á súa disposición compost procedente dos centros comunitarios de Gondomar, en caso de que nos seus proxectos escolares teñen a intención de poñer en marcha unha horta escolar.

Por último, a iniciativa impulsada por Medio Ambiente contempla a posibilidade de impartir charlas formativas nos centros educativos, tanto ao profesorado como ao alumnado, para explicar o correcto uso e mantemento do composteiro, tal e como xa se realizou no CEIP Neira Vilas, respectando en todo momento as medidas de seguridade sanitarias recollidas na normativa COVID19.

Nova entrega composteiros veciñanza

A iniciativa súmase as campañas de aposta pola compostaxe que se veñen desenvolvendo dende o inicio da lexislatura dende a concellería de Medio Ambiente, dirixida por Brais Misa, como é o reparto de composteiros individuais á veciñanza que os solicitou. Este mesmo mércores entregouse unha nova decena deles que se suman aos preto dos 300 que ata o de agora repartirónse entre aquelas persoas interesadas en reciclar os seus residuos orgánicos con este sistema.

Rss