^ Ir arriba

novas

Wednesday, 05 May 2021 13:06

BUTACAZERO PECHA O PROGRAMA DE PRIMAVERA NO AUDITORIO LOIS TOBIO DE GONDOMAR

A recén estreada traxicomedia “32 m2” trae o confinamento á escena, e é o título do último espectáculo do programa escénico de primavera en Gondomar
O domingo 9 de maio ás 20:00 horas no auditorio Lois Tobío de Gondomar terá lugar a última montaxe ecénica da tempada. Cun prezo de 3,50 € por persoa de venda on- line no link https://taquilla.concellodegondomar.gal/
Mar e Xan son unha parella fóra do común, coma todas. Viven tan tranquilamente no seu pisiño de 32m2. A vida pasa e o mundo xira, volta e volta, coma un filete. Pero un día, o mundo esmendréllase. O que era unha Nación convértese nunha HiberNación e hai que facer todo o que di Simón. Mar non recoñece a súa vida. Xan non recoñece á súa parella. O mundo redúcese a catro paredes e xa ninguén entende nada. 32m2 é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual e todas tivemos que acabar por levantar as nosas propias alfombras para descubrir a merda que tiñamos debaixo dos propios pés.

poster 32m.jpg