^ Ir arriba

novas

Monday, 17 May 2021 08:00

DIA INTERNACIONAL CONTRA A LGTBIFOBIA

A Organización Mundial da Saúde despatolaxizou a homosexualidade e a bisexualidade, un 17 de maio de hai máis de 30 anos, pero os anos pasan e temos que seguir reivindicando os nosos dereitos para que o colectivo LGTBI siga estando presente na axenda política e social do noso país.
“En tódalas rexións hai persoas que sofren violencia e discriminación debido á súa orientación ou identidade sexual. En moitos casos, a soa percepción de homosexualidade ou identidade transexual pon ás persoas en situación de risco. As vulneracións consisten, entre outras, en asasinatos, violacións e agresións físicas, torturas, detencións arbitrarias, denegación de dereitos de reunión, expresión e información e discriminación no emprego, a saúde e a educación”. Este parágrafo correspóndese ao informe que desenvolveu o Alto Comisionado para os Dereitos Humanos de Nacións Unidas. Este informe correspóndese ao 2011, pasaron 10 anos da súa publicación e por desgraza estas situacións séguense producindo e están moi presentes na nosa sociedade.
Nos últimos anos son moitos os avances en igualdade que se conseguiron. Con todo, no noso país seguen existindo moitísimos casos de discriminación cara ao colectivo LGTBI. Por todo iso, os e as socialistas facemos un chamamento ao conxunto da sociedade, organizacións sociais e políticas, á vez que aproveitamos este día para reiterar e confirmar o noso decidido compromiso coa loita e prevención da discriminación das persoas LGTBI. De maneira máis específica, consideramos que a actual tramitación e aprobación definitiva de Lei de igualdade de Trato e non discriminación ofrece un novo e importante avance normativo e aporta ferramentas concretas para traballar para previr a discriminación cara ás persoas LGTBI.
O noso país foi pioneiro en aprobar a lei do Matrimonio igualitario en 2005, permitindo ás persoas do mesmo sexo casar.
Somos conscientes que conseguir un dereito en moitos casos non é consolidalo, e por iso debemos seguir reivindicando sen esquecer que a loita segue, aínda máis nestes momentos en que as políticas da ultradereita entraron nas nosas institucións e convertéronse en altofalantes do odio cara ás persoas LGTBI e outros moitos colectivos. Non podemos esquecer que esa ultradereita quere implantar o pin parental, que non permite unha educación en igualdade para crear unha sociedade que fomente o respecto e a igualdade.
Tamén nos países da nosa contorna séguense producindo terapias de reversión, “de curación da homosexualidade“. Na actualidade en España non está prohibido a nivel estatal, aínda que levamos tempo traballando para que así o sexa, con todo, existen Comunidades Autónomas que si o prohiben nas súas leis Lgtbi. Debemos conseguir que España sexa o quinto país europeo en prohibilo en todos os seus territorios.
Dende o Concello de Gondomar temos que seguir apoiando as reivindicacións deste colectivo ata que se convertan nunha realidade no BOE, apiando a lexinslación contra a discriminación das persoas LGTBI e para erradicar tódalas formas de discriminación cara ás persoas trans, en todos os ámbitos e de tal forma que ninguén poida expor recursos a través do Tribunal Constitucional que poñan en perigo os dereitos conquistados polas persoas LGTBI. Seguiremos sendo o altofalante dunha sociedade diversa onde non cabe a normalización dos discursos de odio.
Hoxe día Internacional Contra A LGTBifobia dende o PSdeG:
- Queremos mostrar o noso apoio a todas as persoas LGTBI que son perseguidas e obxecto de delitos de odio e/ou discriminación en calquera faceta das súas vidas.
- Solicitamos o impulso de campañas de sensibilización e a implicación do conxunto das institucións na tarefa de promover mecanismos de apoio e respecto.
- Traballaremos para que no marco lexislativo nacional se supriman as terapias de reversión.
- Traballaremos para que España siga fomentando o asilo e refuxio a persoas LGTBI perseguidas nos seus países de orixe.
- Seguir traballando nos centros educativos, as diferentes administracións e tamén nos centros de maiores a formación sobre a diversidade sexual.
- Seguiremos impulsando unha lei para a igualdade de trato e non discriminación do colectivo LGTBI, abordando de forma integral os obstáculos para o exercicio da súa plena cidadanía e atendendo de forma específica as necesidades das persoas trans.

PHOTO-2021-05-14-15-45-08.jpg